Publicacións
Mostrando publicacións coa etiqueta Artes plásticas
CROMÁTICA
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
De
biblioteca
-
Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea na Fundación Abanca, na Coruña. O efecto que as cores teñen sobre as persoas, as emocións e sensacións que provocan en nós, xogan un papel moi importante na nosa psicoloxía e no noso estado de ánimo. Esta exposición apórtanos optimismo, vitalidade, creatividade e a ilusión tan necesaria sempre e en especial nestes tempos. A mostra recolle algúns dos ilustradores máis destacados da creación contemporánea, tanto a nivel galego coma nacional e internacional, tendo especial presenza as mulleres ilustradores. Matilde Rodríguez exerce como comisaria da exposición, e a súa selección de obras de Agathe Sorlet, Coco Dávez, Abi Castillo, Conrad Roset ou David Méndez Alonso conviven nesta mostra que pasa do abstracto ao figurativo con soltura e empregando sempre a cor como principal medio de expresión. A ilustración abórdase na mostra en diferentes formatos e técnicas: videoxogo, témpera, colaxe, cerámica, animación...ofrecendo un perco...
REAPERTURA DE MUSEOS
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
De
biblioteca
-
Agora que semella que as cousas van mellorando e podemos saír pasear e revisitar a cidade, aproveitando que os museos voltan abrir as súas portas, achégovos o enlace á información dos museos da cidade da Coruña. Podemos atopar un amplo abano de posibilidades, dende a Torre de Hércules ao MUNCYT, pasando polo Museo Arqueolóxico, Museo da Arte Sacra, Museo de Belas Artes, Museo Militar, Museo dos Reloxos, Arte Contemporánea... Dende a páxina de turismo do concello da Coruña accedemos a toda a información necesaria para planificar unha visita sen sorpresas, xa que debido a situación actual en moitos deles hai que reservar a entrada con antelación.
ALBERTO CORAZÓN NA NOSA RETINA
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
De
biblioteca
-
A pasada semana faleceu en Madrid Alberto Corazón. Fotógrafo, escultor e pintor, deseñou coñecidos logotipos de institucións e empresas que todos e todas nós temos gravados na nosa mente. O Ministerio de Sanidade, a ONCE, a Biblioteca Nacional, Correos, Renfe, Paradores, O Círculo de Belas Artes, a Compañía Nacional de Teatro, o teléfono DOMO...son un exemplo do sinfín de imaxenes que nos acompañan e que foron creadas por el. A súa carreira como deseñador foi moi inflínte dende os inicios. Acadou un forte protagonismo na industria cultural española como deseñador editorial e, co paso dos anos, especializouse no deseño gráfico e industrial. Académico de número da Real Academia de Belas Artes de San Fernando, foi premio Nacional de Deseño 1989 e no campo internacional obtivo múltiples galardóns, acadando os premios máis relevantes da Comunicación Visual: Arts Director Club de Nueva York, o British Design e o Design Council International, ademáis de ser o único deseñador europeo que ten r...
PIET MONDRIAN NO MUSEO REINA SOFÍA
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
De
Beatriz Fernandez
-
A principios do século XX iniciouse nos Países Baixos un movemento artístico completamente novo, unha arte abstracta baseada nas relacións entre formas rectangulares, planos de cor e líñas rectas. En plena Primeira Guerra Mundial un grupo de artistas holandeses novos promocionaban este movemento na súa revista de nova creación De Stijl . Defendían a versatilidade da pintura, que convertían en arquitectura, e ás artes aplicadas na escultura e ó deseño outorgábanlle categoría de arte. O proxecto foi collendo fama, artistas de todo o mundo sentíronse atraídos polo seu enfoque multidisciplinar e crearon proxectos conxuntos. Piet Mondrian foi o pai fundador desta arte nova. El comezara a súa carreira no ano 1982 como pintor de paisaxes holandesas. Ata que no ano 1905 chegou á idea de que a beleza reside no xeito no que formas e cores producen unha plasticidade pictórica que dispara directamente ao ollo do espectador. Durante mais de dez anos afondou neste concepto, concluíndo que a bel...
ARTESANÍA DE GALICIA
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
De
Beatriz Fernandez
-
Aproxímase un dos momentos do ano no que compartimos agasallos cos nosos seres queridos. Nestes días previos afanámonos por atopar algo especial para cada un deles, e así gozar da súa cara de ledicia no momento de rachar o envoltorio e descubrir cal foi a nosa escolla. Vivimos nun país cheo de artesáns que traballan múltiples disciplinas, e por iso, e aproveitando que é momento de axudar a estes artistas que tantas dificultades están a pasar neste momento; quería propoñervos que este ano merquemos artesanía de Galicia para Nadal... Ou polo menos que nos acheguemos a botar unha ollada ao seu ben facer. Anímovos a visitar a páxina web de Artesanía de Galicia , onde emprenderemos unha viaxe emocionante navegando polas súas seccións: A Artesanía, Profesionais, A Fundación, Actualidade, Actuacións... No seguinte enlace podedes visualizar o catálogo de Nadal que teñen elaborado para estas datas, unha proposta chea de ideas para todas as idades. Rosa Isabel Rodríguez Vidal, ...
"CONVIDADAS" NO MUSEO DO PRADO
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
De
Beatriz Fernandez
-
"Una joya" 1900, María Luisa Puiggener Nos últimos anos a historia da arte estase a plantexar unha serie de preguntas que xa foran abordadas pola crítica feminista o pasado século: Qué papel ocuparon as mulleres no mundo da cultura e todo o relacionado coa súa práctica artística. Non temos mais que ver o espazo que destinan os museos ás mulleres creadoras. En relación a esta reflexión o Museo do Prado preséntanos unha exposición onde fai un percorrido pola situación da muller no sistema de arte español, e faino a través das obras menos coñecidas da súa coleción. A exposición, realizada primordialmente con fondos do propio Museo do Prado, reivindica o papel da muller e a hostilidade coa que foi tratada polo sistema no século XIX e os primeiros anos do XX. No seguinte enlace podedes visitar dun xeito virtual a exposición e acceder á información sobre ela.
EMPEZAMOS CURSO!
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
De
biblioteca
-
Benvidas e benvidos a este curso tan atípico e especial que estamos arrancando. Desde o equipo da Biblio levamos días traballando para que todo funcione da mellor das maneiras e podamos seguir empregando a biblio a pleno rendemento. E que mellor xeito de empezar o curso que con propostas de concursos que requiren da vosa participación e enxeño. Como sabedes o pasado sábado 24 de outubro celebrouse o "Día das Bibliotecas" , e o reclamo era participar en dous divertidos concursos: "Pillados na biblio" e "Booktubers". Ao longo desta semana saberemos quen son as e os gañadores destas dúas propostas. E sen perder tempo temos outras dúas convocatorias para este venres 30 de outubro. Co gallo da celebración do SAMAÍN , celebración de orixe celta, Vicedirección, o EDLG ( Equipo de Dinamización Lingüística) e a Biblioteca organizan dos concursos nos que non vos dará ningún medo participar: CONCURSO DE MÁSCARAS As bases para participar no concurso son as seguinte...
CHRISTO, O ARTISTA QUE VESTÍA A PAISAXE
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
De
Beatriz Fernandez
-
O artista plástico Christo, coñecido polas súas espectaculares obras envolvendo arquitecturas e facendo intervencións en lugares emblemáticos, finou a pasada semana. Chisto en The Floating Piers, 2016 Foto: Wolfgang Volz A súa obra pode clasificarse no Land Art , unha corrente dentro da arte contemporánea que se caracteriza por empregar como materia prima a terra, o medio ambiente. O soporte e o material son a propia paisaxe, tanto urbana como rural. Os artistas do Land Art interveñen o entorno e as súas obras interactúan co lugar que ocupan de forma directa, modificando unha fracción da paisaxe. Chisto, de orixe Búlgaro conseguiu achegar a arte contemporánea ao público en xeral. O seu método de traballo era novidoso e efémero, as envolturas duraban apenas dúas semanas antes de ser desmontadas. As súas intervencións supoñen un gran traballo de enxeñería, e o proceso creativo nalgún dos seus proxectos alongouse durante máis de dez anos. Traballaba xu...
LETTERING OU A ARTE DE DEBUXAR LETRAS
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
De
Beatriz Fernandez
-
Nesta ocasión quero propoñervos un método para desintoxicarse da pantalla e facer cousas coas mans, para evadirvos do día a día. Imos debuxar, pero nesta ocasión imos debuxar letras. Quero falarvos dunha disciplina artística chamada “Lettering” que nos últimos anos ten moito éxito entre deseñadores, afeccionados as manualidades ou persoas con inquietudes artísticas que aman a beleza e a creatividade. O Lettering está considerado coma unha combinación entre tipografía e debuxo. Non debemos pensar que é un xeito de facer caligrafía, xa que fuxe de todas as normas desta. Nesta disciplina non hai regras de separación, escala ou forma. Os manuscritos e os iluminadores da Idade Media son os referentes no nacemento desta técnica. Poderiamos dicir entón que o Lettering consiste en deseñar unha imaxe artística na que as letras formen unha composición creativa e harmónica. Para practicar esta técnica podemos empregar acuarela, xiz ou outros materiais, pero os rotuladores de punta flexi...
GENOVÉS OU A HUMANIDADE SEN DISTANCIAS
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
De
Félix Neira
-
Morreu Juan Genovés, coñecido ante todo polos seus cadros de denuncia política, pero se cadra non tanto por aqueloutros que non pasarían os estándares de seguridade impostos polo bicho infame e infecto que nos amarga. Que paradoxo, observar estes lenzos hoxe, en tempos de distancias obrigadas por decreto. Son preciosos estes lenzos, policromáticos fronte á austeridade das súas obras máis comprometidas; son cadros executados a base de pequenas pinceladas moi empastadas, matéricas, e incluso incorporando algúns obxectos de refugallo, un xesto de complicidade á "arte povera". É un pracer pararse a observar cada figuriña, cada ser humano na súa individualidade: un acto de amor e de humanidade, e tamén puro xogo, pois o lúdico é un elemento fundamental na arte. Se algún día pasades por Valladolid, non vos perdades as salas dedicadas ao pintor, no Museo de Arte Contemporánea.
CADERNO DE ARTISTA
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
De
Beatriz Fernandez
-
Portada do caderno. Foto da Fundación. Cando viaxamos a Madrid, como amantes consumidores de arte, unha das paradas obrigatorias é visitar o espazo que a Fundación Telefónica ten na rúa Fuencarral. Un espazo totalmente rehabilitado no seu emblemático edificio da Gran Vía que nos recibe cunha serpenteante escaleira acristalada e un montacargas que parece transportarnos a outra dimensión. Alí sempre atopamos exposicións que amosan a artistas e culturas dende outro punto de vista. Semella que colleran as obras e as pendurasen do revés, mirando cara a parede, para que nós como espectadores foramos quen de ver todo o que está detrás de cada obra, ou o que é máis importante, porqué ese xenio creador chegou a esa representación. Fálovos desta Fundación porque hoxe quero facervos partícipes dun agasallo que a modo de publicación teñen pendurado na súa páxina web. Nesta publicación creada e ilustrada polo artista Puño, achégannos a obra de artistas como Eduardo Chillida, Pablo...
XOGANDO NO MUSEO DO PRADO
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
De
biblioteca
-
É curioso ver como neste tempo de confinamento o ser humano recorre para evadirse e reconfortar o seu corpo e a súa alma a tres disciplinas que a miúdo son as menos valoradas polos "organizadores" do noso sistema educativo. Artes plásticas, música e o coidado do corpo chegaron como unha revolución ás redes e as nosas vidas neste tempo de encerro que estamos a vivir. Cos museos e as salas de exposicións coas portas pechadas toca reinventarse e achegar ao público, aínda que sexa de xeito virtual, o mellor de cada unha das súas obras. Hoxe quérovos falar dunha proposta que a modo de xogo ven de publicar na súa web o Museo do Prado. Chámase "Juego para familias. Tenemos una misión". Trátase dun plano, ilustrado pola artista Teresa Bellón, que ten como finalidade que coñezamos o museo, e parte das súas principais obras e personaxes, xogando. Cada día engaden a este xogo unha nova sala do museo, onde temos que atopar obxectos, animais, persoas...que están agocha...
MARC CHAGALL NA FUNDACIÓN BARRIÉ
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
De
Beatriz Fernandez
-
A Fundación Barrié presenta a maior exposición de obra gráfica de Marc Chagall (Vítebsk, Imperio ruso, 7 de xullo de 1887 - Saint-Paul de Vence, Francia, 28 de marzo de 1985), un dos pintores e artistas gráficos máis importantes do século XX e un dos artistas máis inclasificables. O seu estilo pictórico tan persoal, cun profundo coñecemento expresivo da cor, está vinculado ás lembranzas da súa infancia, da natureza, da poesía, da fantasía e mais do folclore xudeu e da vida na súa vila natal. A inauguración, que tivo lugar onte, contou cunha visita guiada a cargo da comisaria de exposicións e crítica de arte Dolores Durán Úcar, Doutora en Historia da Arte e Cultura Visual pola Universidade Autónoma de Madrid (2015) e Licenciada en Filosofía e Letras pola Universidade de Zaragoza (1989). Dolores Durán Úcar é experta na obra de Marc Chagall e comisaria colaboradora da Colección The Art Company. Fundación Barrié. Cantón Grande, 9 - 15003 A Coruña Datas: 12 de marzo – 28 de ...
MARÍA MORENO, IN MEMORIAM
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
De
Beatriz Fernandez
-
Vista da Gran Vía madrileña Esta semana deixounos María Moreno, pintora realista de longa traxectoria artística e esposa do tamén pintor realista Antonio López. Na súa obra destaca un especial tratamento da luz, que inunda a súa obra máis coñecida, e a súa inclinacion cara a paisaxe, en especial a madrileña. Tamén traballou o retrato ou os espazos interiores, pero frecuentemente do seu círculo máis íntimo. Deixovos o enlace do artigo que lle adicou o xornal EL PAÍS o pasado luns. https://elpais.com/cultura/2020/02/17/actualidad/1581954083_540471.html
VAN GOGH INMERSIVO
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
De
Beatriz Fernandez
-
Durante dous meses podemos visitar no Círculo de Belas Artes madrileño a exposición "Van Gogh Alive", unha novidosa presentación onde as obras do pintor cobran vida. O espectador é rodeado polas vibrantes formas e cores do traballo de Van Gogh, que con xigantes magnitudes vóltanse aínda máis impresionantes. Pódese disfrutar dos detalles das obras, ver as constelacións que plasmou nos seus cadros ou como os paxaros saen voando animados dende as súas pinturas. Atopámonos ante un innovador xeito de observar a arte. Grazas á innovadora tecnoloxía SENSORY4TM as obras adquiren unha dimensión de 360º, chégannos fragancias dos espazos e lugares que nos rodean e todo isto ven acompañado dunhas músicas que sintonizan á perfección o paso das imáxenes. Para que vos fagades unha idea da experiencia, déixovos un enlace á reseña que dende RTVE fixeron da exposición. http://www.rtve.es/alacarta/videos/telediario/td1-vangohg-261218/4912439/ Fotografía publicada na web do Círc...
GALICIA, UN RELATO NO MUNDO
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
De
biblioteca
-
Hoxe quérovos convidar a visitar a Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, para que podades percorrer a exposición "Galicia, un relato no mundo". O comisario da exposición Manuel Gago, logra reunir máis de 300 pezas de alto valor simbólico para a historia e a cultura do noso país. Estas pezas atópanse espalladas por museos e coleccións privadas en distintos recantos do mundo, e a maior parte delas visitan Galicia por primeira vez. "Galicia, un relato no mundo" explora a interacción entre o territorio histórico galego e o resto do mundo nun percorrido que nos leva desde a prehistoria ata a actualidade. Concibida como a primeira de tres grandes exposicións da Xunta con motivo do Xacobeo 2021, céntrase nas relacións internacionais de Galicia e a súa presenza no mundo. Na imaxe podemos ver unhas das pezas da exposición, "A Santa" de Franciso Asorey, obra que levaba máis de 70 anos en Uruguay. Asorey, nado en Cambados no sé...
PURITA CAMPOS
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
De
biblioteca
-
Unha das ilustradoras máis relevantes da historia do cómic español ven de falecer o pasado mes de novembro aos 82 anos. Purita Campos e a portada de 'Esther cumple 40'. Foto: Planeta e Espasa . Pura Campos estudou Belas Artes, e levou as tendencias da moda ao cómic cando ninguén o facía. Empezou debuxando modelos para a súa nai, que era modista, e pasou a traballar para outras modistas de Barcelona ata que a contrataron na editorial Bruguera cando aínda era moi nova. Máis adiante probou sorte nunha editorial inglesa e así empezou "Esther y su Mundo", unhas viñetas para rapazas nas que unha adolescente contaba a súa vida. Un cómic semanal que se publicou en varios países desde 1971 ata 1988. "Patty’s World", que así se chamaba o cómic en Inglaterra, vendía tiradas de 400.000 exemplares semanais, e aínda con esas cifras de vendas algúns dicíanlle: "para ser muller non o fas mal". Pura Campos foi galardoada coa Medalla ...
200 ANOS DO MUSEO DO PRADO
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
De
Beatriz Fernandez
-
O pasado martes 19 de novembro o Museo do Prado cumpriu 200 anos, unha longa vida para un museo que posúe máis de 33.ooo obras de arte, das cales poucas máis de 1.700 están expostas. Doodle que lle adicou esta semana a páxina de Google ao 200 aniversario do museo O Museo Nacional do Prado, desde que foi inaugurado en 1819 e ao longo da súa historia bicentenaria, cumpriu coa misión de conservar, expoñer e enriquecer o conxunto das coleccións e obras de arte que, vencelladas á historia de España, constitúen unha das máis importantes manifestacións de expresión artística de recoñecido valor universal. A pesares da súa lonxevidade non deixan de modernizarse, e o museo ven de estrear na súa páxina web unha ferramenta interactiva que consiste nunha liña do tempo que permite comparar os autores e as obras do Museo do Prado con ata catro capas de coñecemento ao mesmo tempo. Os datos da capa Museo do Prado proveñen da base de datos da colección do Museo do Prado e inclúen toda...
DÍA DA BIBLIOTECA
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
De
Beatriz Fernandez
-
O novo curso chegou cheo de celebracións na nosa biblioteca, e agora chega ao noso blog, que arranca un novo ano con forza e nov@s colaborador@es. O pasado día 24 de outubro celebramos o Día da Biblioteca, e para festexalo o Equipo da Biblioteca xunto co EDLG propuxemos tres concursos nos que participou gran parte do alumnado. Un concurso de fotografía: “Pilladonabiblio”, un concurso de deseño: “Deseña a nosa Mascota”,e un concurso de vídeo: “Booktubers”. Deixámosvos aquí as imaxes das obras escollidas, moitos parabéns para @s gañador@s e moitas grazas a todo o alumnado participante!!! Pilladonabiblio 1º premio: Leo García 2º premio: Ainhoa Blanco 3º premio: Lino Souto Deseña a nosa mascota 1º premio: Clara Gacio 2º premio: Lucía ...