23 de abril: Día do Libro
O pasado 23 de abril, coincidindo coa celebración do Día do Libro , Biblio A Ponte organizou unha actividade especial baixo o lema “Agasalla un préstamo!” , coa que se buscaba promover a lectura e dinamizar a participación da comunidade educativa. O alumnado foi convidado a realizar un préstamo na biblioteca e, como parte da proposta, recibir outro libro a modo de “agasallo lector”, favorecendo así a descuberta de novos títulos e xéneros. Ademais, animouse ao estudantado a crear un vídeo en formato mp4 no que compartisen unha recomendación lectora persoal, explicando por que ese libro merece ser lido e que lles aportou como lectores. Todos os vídeos enviados levaron premio!!! Participar nun roteiro literario por Camariñas , previsto para o 18 de maio, unha actividade cultural que reforza a conexión entre lectura, territorio e patrimonio. Con esta iniciativa, a biblioteca consolidou o seu papel como espazo dinamizador, creativo e aberto, fomentando o gusto pola lectura e a expres...