Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Libro dixital

A PALABRA ATOPA O CAMIÑO CARA A NOSA CASA.

Imaxe
O confinamento non conseguiu parar a educación nin as ganas de ler. Grazas á existencia de bibliotecas e hemerotecas dixitais, podemos ter a información a un só clic. Nada terá o encanto da nosa biblio... mais podemos seguir traballando e desfrutando das boas letras dende a casa.  Existen varias plataformas dixitais que nos permiten acceder á información e á lectura de libros electrónicos de maneira legal e gratuíta e dende a biblio, queremos recomendarvos algunhas. Imos aló: O noso carné de biblioteca xa era unha chave máxica que nos permitía acceder a un catálogo de libros e películas en galego e castelán. Co gallo da corentena, o servizo  GaliciaLe abriuse a todos e todas polo que, poderás gozar de boas lecturas igualmente. Se che gusta a experiencia, unha vez finalice o confinamente, terás 30 días para solicitalo. Soa ben, verdade? Galiciana é unha biblioteca cuxo principal interese reside na consulta de textos históricos dixitalizados. Dentro da rede ...