Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xuño, 2020

NOVA ORDE MUNDIAL

Entre o 4 e o 7 de xuño de 1942 , a Armada nipona derrota á frota estadounidense no atol de Midway, esnaquizándolle tódolos seus portaavións e invadindo California, polo que agora Xapón controla os estudos de Hollywood e emite películas, nas que actores e actrices moi coñecidos polo público. Como por exemplo Humphrey Bogart e Ingrid Bergman, aplauden entusiasmados á civilización que traen de Extremo Oriente, namentres que os ingleses, franceses e rusos son presentados como gángsteres, coa cara de Edward G. Robinson. Agora as películas de acción non son do Oeste senón de samurais. Con esta propaganda, o resto dos norteamericanos convéncese de que o seu presidentes Roosevelt está equivocado ao apoiar aos Aliados é que, pola contra, deben solidarizarse co Eixo. Central Park, o parque de Coney Island e Liberty Island convértense en campos de concentración para os xudeus da Prensa, da Banca e do Cine de Estados Unidos de América. O idioma xaponés está considerado como primeira lingua nas

AS PERIPECIAS DUNHA RAPAZA DE DEZANOVE ANOS

Imaxe
Participar nun concurso de modelos, buscarse a vida como madre solteira, ser muller e querer estudar unha carreira nunha sociedade machista … son algunhas das preocupacións de tres rapazas de dezanove anos, así como do seu amigo perruqueiro ten que empoderarse ante a súa identidade sexual … preocupacións, inquedanzas que podedes compartir se ledes este comic “Aya de Yopougon”, que temos na Biblio do Insti.  Porque as hormonas e as encrucilladas vitais da adolescencia non entenden de continentes, nin de cor da pel (por moito que haxa xeonllos que pretenden esmagalas …) e porque no mundo real non hai Barbies glamourosas senón mulleres militantes da súa dignidade, debedes ler esta historia, a ratos divertida, a ratos emotiva, dunhas rapazas coma vós, da Costa da Morte, pero que son da Costa de Marfil.

ELAHOOD DANZA

Imaxe
https://youtu.be/GibfBEQdPjE Elahood é unha compañía de danza contemporánea que naceu no ano 2017 e as súas protagonistas chámanse Sabela Domínguez e Julia Laport. A súa finalidade e a difusión da danza urbana onde as coreógrafas fan uso de diversos estilos como o Hip Hop, o Vogue, o Waacking ou o House. Un xeito de danzar que reflicte emocións facendo partícipe ao espectador mediante unha linguaxe próxima e accesible. Enlace do vídeo : https://youtu.be/GibfBEQdPjE

III CONCURSO DE FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA

Imaxe
Presentamos os traballos finalistas do III Concurso de Fotografía Matemática que este ano tivo como tema "A simetría". Parabéns aos artistas de 3º ESO e grazas a todos por participar! 1º FINALISTA THAIS CAAMAÑO 3º ESO B "El reflejo del día a día 3" 2º FINALISTA INÉS CARRIL 3º ESO A "Reflexo de cores" 3º FINALISTA BORJA TORRADO 3º ESO B "The big metal" 4º FINALISTA CELESTE GONZÁLEZ 3º ESO B "Burbullas perfectas"

CHRISTO, O ARTISTA QUE VESTÍA A PAISAXE

Imaxe
O artista plástico Christo, coñecido polas súas espectaculares obras envolvendo arquitecturas e facendo intervencións en lugares emblemáticos, finou a pasada semana.  Chisto en The Floating Piers, 2016   Foto: Wolfgang Volz A súa obra pode clasificarse no Land Art , unha corrente dentro da arte contemporánea que se caracteriza por empregar como materia prima a terra, o medio ambiente. O soporte e o material son a propia paisaxe, tanto urbana como rural. Os artistas do Land Art interveñen o entorno e as súas obras interactúan co lugar que ocupan de forma directa, modificando unha fracción da paisaxe.  Chisto, de orixe Búlgaro conseguiu achegar a arte contemporánea ao público en xeral. O seu método de traballo era novidoso e efémero, as envolturas duraban apenas dúas semanas antes de ser desmontadas. As súas intervencións supoñen un gran traballo de enxeñería, e o proceso creativo nalgún dos seus proxectos alongouse durante máis de dez anos. Traballaba xunto a súa muller Je

RETOMANDO A PALABRA E A EMOCIÓN

Imaxe
 Sen abandonar este últimos tempos de virtualidade parece que o momento de atoparnos de novo (aínda con certo distanciamento social) está cada vez máis preto.  Aínda que con limitacións de aforo e con todas as medidas de prevención necesarias, vanse retomando algunas actividades culturais de gran interese por se xa queredes ir facendo plans de cara as desexedas e inminentes vacacións. Unha delas é o ciclo De Perto que se celebrará entre o 1 e o 18 de xullo no Barco de Valdeorras. Trátase nun encontro artístico no que a palabra, a través de oralidade, se converte no eixe central en diferentes formatos: poesía, narración oral, música ou artes escénicas. As poetas Tamara Andrés e Samuel L. París ou a cantante Faia presentarán as súas propostas. O ciclo contará coa participación de grandes nomes da narración oral galega, como os contos talasocráticos de Xurxo Souto en Océano para terrícolas; Celso Sanmartín, Jose Luis Gutiérrez (Guti) e Quico Cadaval con Tres vellas (polo menos),

MEMORALIA: SÍNTESE DUN ESFORZO

Imaxe
Un ano máis, e vai o terceiro, pechamos o curso coa modesta publicación Memoralia. Cadernos de Cultura clásica , elaborado cos materiais feitos polos alumnos de Cultura clásica e Grego I, no marco dun Contrato-programa. Tería que ser máis extenso, pero non puido ser, por razóns obvias. Aínda así, recollemos nel todo o que tiñamos feito ata marzo, que non é pouco: sección de arte, de toponimia, de literatura e de cine e literatura. Se queres un exemplar, non tes máis que pedilo en conserxería ou a Félix. É moi fácil de ler e, mesmo cos seus errores -que seguro que algún hai-, ten o mérito de ser obra do alumnado participante. Que pasedes un feliz verán... rodeado de lecturas.

GEARSKETCH: Simulador de engrenaxes en tablets, smartphones e PCs

Imaxe
Trátase dun software open source desenvolvido pola Universidade de Twente e lanzado baixo unha licencia do MIT (Massachusetts Institute of Technology). Este software permite debuxar circunferencias co dedo (tablets e smartphones)  ou co rato (PC) que se convirten en engrenaxes do mesmo tamaño do debuxo. Ademáis deixa desprazalas e facer que  conecten unhas con outras por contacto directo. Tamén permítenos conectalas a través dunha cadea que xurde cando rodeas cunha liña pechada as engrenaxes en cuestión. Unha vez montado o sistema se queremos comezar unha simulación debemos elixir o elemento motriz trazando unha frecha sobre os dentes de dito elemento. O sentido e lonxitude desta frecha determinará o sentido e a velocidade de xiro desa engrenaxe motriz. Os modelos que creemos teñen a súa propia URL e isto permite que os compartamos polos medios que prefiramos. No seguinte vídeo podedes ver como funciona: AGORA SO QUEDA QUE TE ANIMES A PROBALO! Aquí che deixamos o e

ESCENA GALEGA

Imaxe
Hoxe quero falarvos da asociación ESCENA GALEGA , xa que neste 2020 está a cumprir a maioría de idade. Levan 18 anos traballando a prol do sector escénico profesional galego, sendo a asociación de referencia que aglutina  33 compañías teatrais e empresas produtoras, resultado dun proceso de confluencia iniciado no 2015 para reforzar o posicionamento da asociación como interlocutora coas institucións e demais axentes do medio, e para impulsar a  modernización do sector. Defínense coma "un colectivo comprometido coa defensa da cultura e da lingua como ben común, disposto a construír un futuro socialmente mellor vertebrado. ESCENA GALEGA trata de aportar ferramentas para mellorar a capacitación profesional das empresas asociadas, provocar a sinerxia con outros axentes do sector, actuar como interlocutora diante das institucións e buscar a conexión con asociacións afíns doutros territorios." Aquí teredes acceso á información de todas as compañías asociadas.

BLACKOUT TUESDAY

Imaxe
En memoria a George Floyd, o home afroamericano de 46 anos que faleceu en mans dun policía de Minneapolis, O "Blackout Tuesday" comezou coma unha idea da industria musical para facer un "apagón" durante todo o día , o martes 2 de xuño. Isto para crear conciencia e unirse ás manifestacións desatadas tras a morte de Floyd. Desde que se coñeceu a iniciativa, varios selos discográficos, artistas e incluso actores e cidadáns uníronse a este movemento.

HOW TO BE A BAD BIRDWATCHER

Imaxe
Previous posts have covered topics such as physics or mathematics. For the awe and wonder they have inspired, it just seems to follow we should turn our attention now to the natural world. In what very well may be must last post for this academic course, I would like to speak very briefly about a lovely little book titled How to Be a Bad Birdwatcher  by Simon Barnes. The author makes a case for the little act of watching birds with curiosity in our everyday life and what comes from that, becoming, not a professional ornithologist by any means, but a bad birdwatcher . It is easy to understand the source of our fascination for them. Nonetheless, leaving flight aside, we have lots of things in common with them. Moreover, interacting with feathery creatures through observation in the wild is much more interesting and rewarding than with other species. To kick-start your curiosity, I would like to leave an excellent  resource  that contains the birdsong of the most common speci