Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Club de lectura

Mulleres e loucura: As tolas que non o eran

Imaxe
 Retomamos a actividade cultural no noso centro coa presenza de Carmen V. Valiña, investigadora e docente en cuestións de xénero e autora do ensaio As tolas que non o eran   da Editorial Galaxia. Carmen Valiña achegou ao alumnado de 1º e 2º de Bacharelato á investigación realizada sobre mulleres internadas no manicomio de Conxo, o maior do noroeste da Península Ibérica, entre 1885 e 1936, e á análise da psiquiatría como ferramenta de control social exercida sobre aquelas mulleres que non se axustaban aos modelos normativos da época.  Ademais un grupo de alumnas tiveron a oportunidade de entrevistar a autora na nosa radio nos momentos previos ao faladoiro.  Entrevista na radio

Comenzaron as lecturas!

Imaxe
 O alumnado de Bacharelato xa deu inicio á súa lectura centrada na novela O incendio , de Sara Vila Alonso. Este pasado venres toucou sesión de compartir as primeiras impresións:

COMEZAMOS COS CLUBS DE LECTURA "PONTE A LER"

Imaxe
 Este pasado venres 19 de setembro celebramos a xuntanza inaugural do Club de Lectura "Ponte a ler".  Nesta primeira reunión perfilamos os posibles clubs de lectura segundo os intereses expresados polas lectoras e lectores, e este foi o resultado: - Un club de lectura de manga, banda deseñada e cómic. - Un club de lectura de narrativa para diferentes niveis: primeiro ciclo da ESO, segundo ciclo da ESO e Bacharelato. - Un club de lectura de adultos para familias, profesorado e persoal non docente.  Son varias as posibilidades que tes de apuntarte, se aínda non o fixeches ou no puideches asistir a este primeiro encontro. Estás a tempo de unirte e, sobre todo, ler!!!

Iniciamos o curso...

Imaxe
 Benvidos e benvidas a un novo curso escolar!!! Desde Biblio A Ponte esperamos que veña cargado de lecturas divertidas, intrigantes, sensibles,... e que as poidamos gozar en compañía!!! Para isto xa imos dar comezo aos        CLUBS DE LECTURA!!

Faladoiro con ANTÍA YÁÑEZ

Imaxe
 No día de onte estivo no noso instituto a escritora Antía Yáñez con quen puidemos conversar sobre as súas novelas que estivemos a ler no club de lectura, tanto este ano como o ano pasado: O clan das Barbies e Non penses nun elefante rosa . O alumnado de 1º BAC e mais os participantes do club de lectura de adultos, interesáronse polo proceso de creación, o tempo dedicado á escrita, a invención dos personaxes... e outras moitas cuestións en torno á literatura. Ademais tamén lle realizaron unha entrevista que podedes escoitar na blog de Ponte na onda. Radio .

CLUBS DE LECTURA... EN MARCHA!!

Imaxe
Hoxe, 20 de setembro, durante o recreo demos a benvida aos clubs de lectura deste curso, fixéronse os grupos, seleccionamos as lecturas e degustamos un bo chocolate para quentar motores!!! Así, contaremos con... Club de lectura de manga e banda deseñada. Club de lectura de narrativa. Club de lectura de adultos. Club de lectura filosófica Club de lectura científica.  Se houbese algún despistado ou despistada que non acudira o venres,  correde á biblioteca porque aínda estades a tempo de anotarvos!!!

Coñecemos e celebramos a Luísa Villalta!

Imaxe
 Rematamos a semana de celebración das Letras Galegas coa realización de dúas sesións de obradoiros sobre Luísa Villalta a cargo da polifácetica escritora Estíbaliz Espinosa Río.  A  AELG ofreceunos a posibilidade de achegarnos a figura de Luísa Villalta a través do obradoiro literario "A música dos astros", unha perspectiva da obra lírica de Villalta dende a súa ollada aos elementos naturais: árbores, estrelas, aves, nubes, sol...atravesada pola música dos seus versos e o seu afecto e empatía polo marxinal e desconsiderado.  O alumnado de 2º e 3º de ESO tivo a oportunidade de crear caligramas, idear con percusión un ritmo para una estrofa de Luísa Villalta e coñecer da man xenerosa de Estíbaliz a autora homenaxeada este ano nas Letras Galegas. Moitas grazas, Estíbaliz!

Faladoiro con Sica Romero

Imaxe
 Este luns, na nosa biblioteca tivemos a sorte de poder contar coa escritora Sica Romero, que veu realizar un faladoiro co alumnado do club de lectura de 1º de Bacharelato, o alumnado de Literatura Universal, e máis os participantes do club de lectura de adultos que temos no instituto. A partir dun círculo, Sica Romero falou da súa traxectoria e concretamente da novela que estivemos a ler Avelaíñas eléctricas , sobre a que o alumnado principalmente, animouse a facerlle múltiples preguntas. Agradecemos a Sica Romero a súa colaboración!!!

DE ROTEIRO POR CORUÑA

Imaxe
  O luns 15 de abril, o alumnado que participa nos clubs de lectura e no programa de voluntariado da biblioteca realizou un roteiro literario e cultural pola cidade da Coruña. A visita guiada pola Torre de Hércules permitiunos coñecer a súa historia e observar as impresionantes vistas dende o máis alto do monumento. Dende alí localizamos espazos literarios que aparecen nas novelas lidas no club como  Afogada  de Rocío Leira ou  Azucre  de Bibiana Candia. Continuamos o roteiro cunha visita guiada polo Museo Militar    da cidade, que nos permitiu coñecer moitas curiosidades da nosa historia.  

NOVOS TÍTULOS PARA O CLUB DE LECTURA.

Imaxe
  Practicamente  rematado este primeiro trimestre, fagamos balance das lecturas realizadas polos diferentes clubs de lectura da nosa familia lectora "Ponte a ler":  O club de manga, banda deseñada e cómic segue a ser o máis activo. Despois de lecturas como as de Orange, Dr Stone ou Detective Conan , as e os integrantes do club estamos a decidir as vindeiras aventuras nas que nos imos embarcar. As propostas son varias: Blacksad, Sombras sobre Shimanami, Contrapaso, Los hijos de los otros, Look Back ou mesmo o clásico Jane Eyre , foron as elixidas polo club e pronto estarán dispoñibles na nosa biblioteca.   Por outra banda, a narrativa vertébrase en diferentes clubs: o alumnado de 1º ESO optou pola lectura de Mitos gregos de María Angelidou, mentras que o alumnado veterano da ESO comezou a súa viaxe lectora con Azucre de Bibiana Candia e acaba de rematar Afogada de Rocío Leira, aínda están a pensar por que roteiros queren seguir... Para o alumnado de 1º de Bach...

A POESÍA ESTÁ DE VOLTA NO IES EDUARDO PONDAL

Imaxe
    Unha cesta de  cereixas                                                              Actividade poética no IES Eduardo Pondal de Ponteceso Este ano, a poesía tivo un protagonismo especial no noso centro. Foi no mes de marzo cando nos visitou o poeta e editor Miguel Anxo Fernán-Vello para inaugurar unha biblioteca de poesía: o fondo Paco Souto composto polos máis de 200 títulos da colección Espiral Maior que a familia do poeta que lle dá nome, a nosa compañeira Emma Abella, doou en recordo do seu home ao instituto. Despois, foron o poeta de Ponteceso Miguel Mato Fondo e a poeta cormelá Diana Varela Puñal quen nos honraron na Semana das Letras Galegas coa súa presenza.  Dúas figuras de sólida traxectoria creativa vinculadas directamente a Ponteceso ás que quixemos recoñecer dedicando dúas árbores, unha cerdeira p...

POR FIN UN CLUB DE MANGA NO IES EDUARDO PONDAL!!!

Imaxe
  A idea estaba na nosa mente dende un tempo atrás, pero é este curso cando por fin podemos dicir que temos un club de lectura de manga! Entre os diferentes títulos que lemos ( Death note, Ao no flag ...) imos destacar hoxe da man dun dos coordinadores do club, Salvador Andrade, a obra titulada Tokyo Revengers . Esta é a súa reseña:  "Esta obra,publicada en novembro de 2021, marabillou e encantou a moitos lectores e lectoras, e dende o noso club de manga quermos dicirvos que nos pareceu a nós este libro. A presentación foi unha das mellores partes a disfrutar, con grandes volúmenes que duran suficientemente e sobrecubertas moi decoradas, incluíndo pósters dentro do propio volumen.  Agora sí, falemos do realmente importante: sen meternos en grandes polémicas, podemos dicir que Tokyo Revengers chega a un xénero bastante sobrexplotado, mais cunha premisa interesante que a hora da verdade non se chega a implementar suficientemente.  A pesares de querer crear unha histor...

AFOGADA

Imaxe
 Ao alumnado de 1º de Bacharelato propúxoselles a lectura dunha novela curta de Rocío Leira: Afogada . Trátase dunha novela de intriga cunha protagonista marcada polas súas altas capacidades, un carácter e personalidade complexas que a levan a finxir a súa propia desaparición e morte inculpando da mesma a terceiras persoas achegadas a ela.   O feito de que a acción da novela se desenvolva nun espazo ben coñecido polo alumnado, a cidade da Coruña, facilita un achegamento á mesma podendo facernos unha idea máis realista da acción desenvolvida na mesma. 

TRES CATORCE DEZASEIS

Imaxe
 No club de lectura de 2º ESO a intriga está a apoderarse dos seus integrantes. Tentar descubir o asasino ou asasina que se move polos espazos unversitarios composteláns está despertando un grande interese.  Nestas primerias reunións fixemos tamén un traballo de investigación sobre os diferentes conceptos matemáticos e referncias artísitcas que aparecen na novela: o home de Vitrubio, Leonardo da Vinci...

NOVAS LECTURAS NOS CLUBS

Imaxe
 Entramos xa no trimestre final do curso e os diferentes clubs de lectura seguen a estar moi activos, novas lecturas y tamén proxectos relacionados coas anteriores agroman nestes días.  O club de lectura de 1º de ESO rematou coa súa segunda lectura, Invisible de Eloy Moreno e está a pensar no seu próximo libro, mentras seguen a rematar os proxectos relacionados tanto co primeiro libro Plan de rescate como coa obra de Eloy Moreno.  Con esta novela, que está a ter un enorme éxito entre o público xuvenil, tivemos a oportunidade de reflexionar sobre bullying Mentras o club de lectura de 2º ESO segue pendente do encontro previsto coa autora da súa primeira lectura, Eli Ríos, así como xa comezaron coa seguinte lectura, Europa Express de Andrea Maceiras. Por outra banda, os participantes do club de lectura de ciencias iniciaronse tamén na súa segunda novela, A evolución de Calpurnia Tate. Calpurnia, Callie Vee, é unha nena que vive nun pobo de Texas. A pesar de que súa nai in...

SEMENTANDO NOVOS COMEZOS

Imaxe
 Chegamos á fin  da lectura intensa de Remexido de Patacas no club de 3º ESO  e, xusto coincidindo coa semana do 8 de marzo, a nosa compañeira e profesora Paula Cousillas déixanos esta reflexión sobre esta curta pero profunda novela: Despois de tanto tempo, Ana acabou por ser consciente das cadeas invisibles que apreixaban o seu corpo e o seu espírito a unha vida angustiosa e ensanguentada da que semellaba non ter azos para poder fuxir. A cociña, o espazo de reclusión no que a muller estivo secularmente ancorada, será tamén o espazo clave a través do cal a conciencia intentará agromar unha e outra vez, co obxectivo de que a nosa protagonista poida finalmente espertar do pesadelo no que se vira sometida toda unha vida. Remexido de patacas de Eli Ríos pon voz a todas aquelas mulleres que coñecemos e que se ven afogadas nunha relación machista e que, ao mesmo tempo, son incomprendidas por parte dunha sociedade que non acaba de entender ese sometemento no que están inst...

O TRABALLO NON PARA NOS CLUBS DE LECTURA!

Imaxe
 O entusiasmo dos nosos lectores fai que a actividade nos clubs sexa moi dinámica. Algúns xa remataron o seu primeiro libro, é o caso do club de lectura de ciencias, están, polo tanto, pensando en cal vai ser a próxima lectura.  Un ritmo máis lento levamos no club de 3º ESO onde a lectura de Remexido de patacas está sendo intensa, máis profunda de acordo ao tema tratado na novela: a violencia de xénero. E, finalmente, no club de lectura de 1º ESO comezamos a traballar no proxecto de sinalizar todo o centro con pictogramas; organizados en catro gupos de traballo segundo os andeis dos dous edificios do noso centro, comezouse a traballar no deseño dos pictogramas para os diferentes espazos.  Todo un Plan de rescate ideado para o noso centro!

COMEZAMOS CUN PLAN DE RESCATE

Imaxe
Plan de rescate é o título do primeiro libro co que dá comezo a andaina lectora do club de lectura de 1ºESO.  Esta novela de Antía Yañez sitúanos ante uns personaxes con capacidades diversas que simplemente son diferentes, nin mellores nin peores, pero capaces de idear un plan de rescate para liberar ao seu colexio duns secuestradores.  A protagonista e narradora da novela é Noela, unha rapaza faladora e desgarbada que anda en cadeira de rodas. No colexio comparte a aula de apoio con outros rapaces e rapazas con diferentes capacidades. Un día, a escola é secuestrada por dúas persoas con rostro oculto. Porén, Noela e os seus compañeiros pasan desapercibidos para os secuestradores, polo que deciden trazar un plan para rescatar o colexio.  Dividíndose e sorprendendo aos secuestradores por diversos flancos e armados con dúas guitarras, o grupo consegue neutralizar e desarmar a parella de asaltantes. Ao tirar a media da cabeza dos secuestradores, o profesorado dáse de conta d...

PRIMEIROS ENCONTROS DOS CLUBS DE LECTURA

Imaxe
Chegamos á fin deste primeiro trimestre non sen antes comezar coas primeiras reunións dos Clubs de lectura. Ao longo desta última semana terán lugar xuntazas dos diferentres grupos sendo un deles o club de 3º de ESO que finalmente decantouse pola lectura da novela curta en galego Remexido de patacas de Eli Ríos. Esta novela, que resultou vencedora no XL Premio Modesto R. Figueiredo, apela directamente ás nosas conciencias en relación ao tema da violencia de xénero. A protagonista é unha muller como podería ser calquera outra que recibe violencia por parte da súa parella, un home que era un amor cando se coñeceron, pero ao que non se semella o marido que é no presente; ela xa non é quen de lembrar cando a liña se torceu e comezou a debacle, cando se anulou como persoa; mais a nosa protagonista será quen de reaccionar e de sorprendernos. Trátase dunha novela que nos asombra pola dureza do tema, unha historia de violencia, desigualdade e sumisión, aínda que tratada cunhas pingas ...

ARRANCAMOS, POR FIN, COS CLUBS DE LECTURA!

Imaxe
Máis tarde do habitual, pero no por iso con menos ansias póñense en marcha os clubs de lectura deste curso 2020/2021. Non todos os clubs teñen as súas lecturas seleccionadas, pero algo vos podemos adiantar por se aínda estades indecisos e así vos decidides a participar:  -   Plan de rescate de Antía Yañez e  Brian, o Chinés   de Andrés Meixide para o alumnado de 1º ESO.  -  La clave secreta del Universo de L Hawkins para o alumnado participante no Club de Ciencias. - Un hijo de Alejandro Palomas para o club de lectura de 4º ESO. -  Wuthering Heigts de Emily Bronte para alumnado de Bacharelato do club de lectura en inglés, una novidade este ano e unha grande oportunidade de conversar en inglès dunha maneira distendida.  Quedan lecturas pendentes de seleccionar en clubs de lectura como o de 3º ESO; agardamos que alguna delas vos poidan interesar ou ben que sexades vós os que traiades suxestións novas e interesantes que nos permitan abrir no...