Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Filosofía

O maletín do tratante de xutes enerxéticos

Imaxe
Un tratante pasou hoxe polo insti e deixounos un maletín xunto cunhas tarxetas. Dixo que tiña unhas mostras que nos podían interesar, pero non nos quedou claro como tiñamos que abrilo. E, cando xa marchara, decatámonos que nas tarxetas non vén ningún número de contacto, só unhas letras que non entendemos. De saberdes quen é e como localizalo, por favor, avísade en conserxaría. Se ao longo da semana non aparece o home, o luns 8M procederemos a abrir o maletín no Salón do Club de Letras (aula 206, edif2), onde o temos custodiado. Intentarémolo durante varios recreos até conseguilo. Pedimos mentes lúcidas para atopar a combinación. Deixou algunhas mostras fóra do maletín e por fóra deste pon que é "TRATANTE  DE XUTES ENERXÉTICOS". Corróenos a curiosidade...

Simone Weil: un corazón capaz de latexar a través do universo enteiro

Imaxe
Así describiría Simone de Beauvoir, a autora de O segundo sexo , a Simone Weil de cando coincidiron como estudantes na École Normale Supérieure de París, aló polo periodo de entreguerras. Producíralle tal admiración que Simone Weil fose quen de empatizar co sufrimento de persoas alleas que, segundo comenta Beauvoir nas súas memorias, tratou de achegarse a ela. O encontro entre estas dúas grandes filósofas do século XX non foi todo o ben que puidera ter sido. Para saber máis do que aconteceu, recomendámosvos que lle botedes un ollo ao relato de Eduardo Infante no seu libro Filosofía en la calle (páx. 238). Eduardo Infante explica nun par de páxinas que che recomendaría Weil ante a posibilidade de exercer o teu dereito ao voto