VENRES MUSICAIS

Como vén sendo a tradición, ao inicarse o ano novo, tamén iniciamos a actividade dos... VENRES MUSICAIS Todos os últimos venres de cada mes, poderemos gozar na nosa biblioteca das dotes artísticas do noso alumnado que se anima a compartilas cos demais. Nesta ocasión Alexandre González Pombo e Álex Costa Costa interpretarán varias pezas coas súas guitarras eléctricas. Animádevos a aplaudirlles moito!!!