Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Decembro, 2019

A VIDA ARTISTICA DE MARIE FREDRIKSSON

Imaxe
Marie e Per, Roxette, representaron, durante os seus primeiros anos de éxito, esa mezcla de pop e rock que, por un tempo, dotou de certo sentido a esa etiqueta chamada pop-rock. Parecían unha banda de roqueros, sonaban coma uns alegres e sensibles poperos. Él despeinado, ela co pelo cortísimo. Él coa guitarra á altura dos xeonllos, ela golpeando sen piedade unha pandeireta. Incluso na era da autenticidade, lograron arrancarlle un baile o unha bágoa á xeración X.

MERRY CHRISTMAS FROM MR SCROOGE!

Imaxe
     A Christmas Carol is undoubtedly the most beloved story set during this festive season. Published on 19 December 1883, the first edition sold out by Christmas Eve, and this novella is considered a true classic. The book recounts the story of Ebenezer Scrooge, an elderly miser who is visited by the ghost of his former business partner Jacob Marley and the spirits of Christmas Past, Present and Yet to Come. After these visits, Scrooge is transformed into a gentler man, treating everyone with kindness, generosity and compassion.      However, the truth is that, in spite of the literary value and importance of this very work, its greater significance lies on the social influence it exerted. Two hundred years ago, Christmas celebrations were completely different and the modern observance we hold nowadays is largely the result of a mid-Victorian revival of the holiday. This re‑evaluation of the tradition resulted in the widespread presence of carols and even newer traditions. Fo

NÓS DIARIO

Imaxe
NÓS DIARIO Por fin! Xa temos un xornal publicado integramente en galego, todos os días do ano, nacido dun proxecto plural e da cooperación de todas as persoas que participaron co su gran (pequeno ou grande) e coas subscripcións para que este desexadísimo proxecto vise a luz. Esta é unha desas noticias que dá moito pracer ofrecer. A saída do número 0 foi o 30 de novembro, e o vindeiro 2 de xaneiro iniciará a andadura, así que desde este blog animámosvos a que vos acheguedes a el, que percorrades as diferentes seccións e que valoredes na súa xusta medida o esforzo colectivo que supó ente xigante paso para unha lingua como a nosa. Animádesvos? https://www.sermosgaliza.gal/articulo/social/nace-nos-diario-ollada-aberta-plural-ao-mundo-galiza/20191130170358087629.html

SABÍAS QUE...?

Imaxe
- Sabías como os nosos antergos ergueran a Fornella da Moura ou dolmen de Dombate? Como facían os petróglifos? - Sabías que os habitantes da Cibdá ou castro de Borneiro non comían pantrigo senón outro pan moito máis raro? Sabías o que bebían, ademáis da auga do manancial? - Coñeces a lenda do Río do Esquecemento? Como facían os romanos as calzadas? - Cal foi a poderosísima arma que inventaron os bispos da España cristiá para frear a expansión musulmá? Como enterraban os viquingos aos seus xefes? As respostas a todas estas preguntas podedes atopalas na Biblio do Insti – onde senón? - na colección “A nosa historia”, da editorial A Nosa Terra, nos libriños titulados “Os prehistóricos”, “Os habitantes dos castros”, “Os galego-romanos” e “Os viquingos en Galicia”, cos simpáticos debuxos de Pepe Carreiro … Que quen é Pepe Carreiro? Pois … o autor dos Bolechas! Lembra a máxima do noso arqueólogo-filósofo Tadeo Jones: “Alimenta o teu cerebro!”.

COP25:#tiempodeactuar

Imaxe
Ao fin está en todas partes a tan nomeada Emerxencia Climática e a visibilidade dos xóvenes que están a liderar a mobilización, esixindo as empresas e aos gobernos accións inmediatas fronte ao cambio climático. Emociona esta xeración que toma o relevo na inacción e que impulsa, divulga, participa e comprométese nesta causa. Nesta COP25 hai moitas intervencións, algunhas de descoñecidos para o gran público e outras de persoeiros recoñecidos.  Neste enlace podedes acceder á conferencia de Greta Thunberg, Luida Neubauer e Fridays for Future. Greta Thunberg . Que podo facer eu? Climate Neutral Now é unha iniciativa espallada pola ONU en 2015 que ten como obxectivo animar a que todo o mundo tome medidas sobre o clima, coa finalidade de lograr un mundo con clima neutro a mediados de siglo, tal e como recolle o acordo de París adoptado ese mesmo ano. Tí tamén podes traballar pola neutralidade climática, reducindo a túa pegada climática e seguindo estes pasos: Medir as emisió

PURITA CAMPOS

Imaxe
Unha das ilustradoras máis relevantes da historia do cómic español ven de falecer o pasado mes de novembro aos 82 anos.  Purita Campos e a portada de 'Esther cumple 40'. Foto: Planeta e Espasa . Pura Campos estudou Belas Artes, e levou as tendencias da moda ao cómic cando ninguén o facía. Empezou debuxando modelos para a súa nai, que era modista, e pasou a traballar para outras modistas de Barcelona ata que a contrataron na editorial Bruguera cando aínda era moi nova. Máis adiante probou sorte nunha editorial inglesa e así empezou "Esther y su Mundo", unhas viñetas para rapazas nas que unha adolescente contaba a súa vida. Un cómic semanal que se publicou en varios países desde 1971 ata 1988. "Patty’s World", que así se chamaba o cómic en Inglaterra, vendía tiradas de  400.000 exemplares semanais, e aínda con esas cifras de vendas algúns dicíanlle: "para ser muller non o fas   mal". Pura Campos foi galardoada coa Medalla

A PALABRA DO ANO 2019

Imaxe
Cal sería para cada un de vós a palabra que mellor define o que foi o ano 2019? Deseucaliptización (2018), afouteza (2017), irmandade (2016), refuxiados (2015) e corrupción (2014) foron termos que o público escolleu en anos anteriores. Palabras que por diferentes razóns resumen o identifican unha realidade destacada no seu ano. Termos que se repetiron día tras día nos medios de comunicación e irromperon con forza na fala cotía da rúa. Neste 2019 a piques de rematar, cal sería para vós a Palabra do ano ?   A escolla consistirá nun proceso colectivo de tres fases. Primeira fase Recepción de propostas. Recolleremos todas as suxestións que as persoas que desexen participar nos envíen desde hoxe, 2 de decembro, ata as 23:59 horas do domingo 15 de decembro. Se non te dás decidido por unha, podes mandarnos varias palabras. Segunda fase Ábrese o luns 16 de decembro. De entre todas as propostas rexistradas na fase primeira, elixiranse as palabras máis repetidas

DE AVENTURAS, MITOS E TESOUROS

Imaxe
A escritora Marilar Aleixandre é autora de varios libros dedicados á mocidade, como demostra o Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil, no ano 2017. Nas Xornadas do Club de Lectura do curso pasado, celebradas en Santiago, Marilar Aleixandre realizou un ameno relatorio sobre a literatura e a muller.  Na obra que hoxe presentamos, A filla do Minotauro , a protagonista é Miranda, unha afouta moza que, acompañada por Antelmo, se suma á loita contra os ladróns de xacementos arqueolóxicos na illa de Sicilia. Antelmo e ela teñen unha misión moi especial, relacionada coa obra do científico grego Arquímedes. Pero hai tamén outros alicientes. Non falta o amor, claro. Un dos elementos máis atractivos é a combinación da trama narrada co mundo clásico grego, xa que moitas personaxes son unha recreación dos protagonistas da mitoloxía. Así, Oliseus é Odiseo, Polieufemio é Polifemo, Narcurio é o deus Mercurio, Dédalo é De Dalos… Todo ambientado na fermosa e suxerente

DECORA A TÚA ÁRBORE !

Imaxe
Co gallo das festas do Nadal, imos propor este ano un concurso para descubrir como de creativos podedes ser.  BASES :  1.- Elaborarase un adorno ou postal de Nadal, que sexa factible de pendurar na árbore. Pódense utilizar todos os materiais que se consideren oportunos. Poderán ser elaborados no Espazo Maker .  2.- Este ano a temática será “ DECORA A TÚA ÁRBORE ”. Valorarase a creatividade, a orixinalidade e o esforzo na realización.  3.- Poderá participar todo o alumnado do instituto.  4.- O prazo de entrega será do 9 ao 13 de Decembro, na biblioteca, e a entrega de premios o 20 do mesmo mes.  5.- Haberá premios para os adornos gañadores e sorpresas para os participantes!!

ESPAZO MAKER DO IES EDUARDO PONDAL DE PONTECESO

Imaxe
Moitos de vós xa o saberedes pero non queremos que algúen quede sen se enterar! O instituto xa ten o seu espazo maker: a covamaker! Desde principio de curso durante tódolos recreos estamos no taller de tecnoloxía argallando,  fedellando, construindo... Podes vir cando queiras e sumarte ao proxecto que se estea a desenvolver ou, se queres, podes vir  facer realidade as túas propias ideas. Pásate por alí e pregunta! Non levamos moito tempo pero xa fixemos reloxos de xadrez -construidos e programados por compañeir@s vos@s -, origami, vehículos propulsados, tarxetas de papel con circuitos que as alumean, montamos un robot de Lego que este xoves comezaremos a programar,... Se nos queredes seguir a través das redes sociais podedes facelo en Twitter e en Instagram: @acovamaker

TEATRO SOBRE E PARA ADOLESCENTES

Imaxe
“Carlos, me llamo Carlos. Tengo 15 años, o 16. Voy al cole, me aburro, salgo con los colegas al parque, bailo hip-hop… y un día conozco a Claudia y… magia.” A.K.A. (Also Known As) é o fenómeno teatral da temporada, gañador de catro Premios Butaca (espectáculo de pequeno formato, texto, dirección e actor) e dos Premios Max (autoría revelación e actor protagonista). Este monólogo fala sobre a identidade, da diferenza entre o que sentes que es e o que deter­mina a sociedade que es. Do dentro e do fóra. Escrito por Daniel J. Meyer, fálanos dun período da adolescencia de Carlos do que nós formamos parte. Relátanos o seu día a día aos 15 anos: o instituto, a terapia, o rexeitamento, a rabia e o medo, os amigos, o amor e o desexo, a inxustiza, a relación cos pais… Un momento no que, por circunstan­cias alleas a el, tremelican os seus cimentos, as súas raíces, a súa identidade. Carlos é adoptado… e os ollos dos demais fan que se plantexe cal é a súa “verdadeira” identidade. Somos

MADRID RENDE HOMENAXE A ENRIQUE URQUIJO NO 20 ANIVERSARIO DA SÚA MORTE

Imaxe
O domingo 17 de novembro cumplíronse 20 anos da morte de Enrique Urquijo , e unha veintena de artistas déronse cita no Wizink Center de Madrid para rememorar as composicións máis famosas deste cantante madrileño, que fundou "Los Secretos" , un dos míticos conxuntos do pop español dos 80.