VAN GOGH INMERSIVO

Durante dous meses podemos visitar no Círculo de Belas Artes madrileño a exposición "Van Gogh Alive", unha novidosa presentación onde as obras do pintor cobran vida. O espectador é rodeado polas vibrantes formas e cores do traballo de Van Gogh, que con xigantes magnitudes vóltanse aínda máis impresionantes. Pódese disfrutar dos detalles das obras, ver as constelacións que plasmou nos seus cadros ou como os paxaros saen voando animados dende as súas pinturas.

Atopámonos ante un innovador xeito de observar a arte. Grazas á innovadora tecnoloxía SENSORY4TM as obras adquiren unha dimensión de 360º, chégannos fragancias dos espazos e lugares que nos rodean e todo isto ven acompañado dunhas músicas que sintonizan á perfección o paso das imáxenes.

Para que vos fagades unha idea da experiencia, déixovos un enlace á reseña que dende RTVE fixeron da exposición.

Fotografía publicada na web do Círculo de Belas Artes

Comentarios

Publicacións populares

...PORQUE LAS ESTIRPES CONDENADAS A CIEN AÑOS DE SOLEDAD NO TENDRÍAN UNA SEGUNDA OPORTUNIDAD SOBRE LA TIERRA

EXTRAORDINARY WOMEN

MAUS, A HISTORIA DISFRAZADA DE FÁBULA.

CÓMIC INSPIRADO EN LA LEYENDA EL MONTE DE LAS ÁNIMAS DE GUSTAVO ADOLFO BÉCQUER

EUPHORIA, UNHA SERIE QUE MOSTRA O SUFRIMENTO DOS ADOLESCENTES

8 DE MARZO NO IES EDUARDO PONDAL DE PONTECESO

ESOPÍAS?

27 de marzo, Día Mundial do Teatro

O CASAMENTO DOS PAXARIÑOS: O DÍA DA MARMOTA GALEGO OU O DÍA DE SAN VALENTÍN?

"INSTRUCCIONES PARA EMPEZAR A HABLAR GALLEGO"