LETTERING OU A ARTE DE DEBUXAR LETRAS

Nesta ocasión quero propoñervos un método para desintoxicarse da pantalla e facer cousas coas mans, para evadirvos do día a día. Imos debuxar, pero nesta ocasión imos debuxar letras. Quero falarvos dunha disciplina artística chamada “Lettering” que nos últimos anos ten moito éxito entre deseñadores, afeccionados as manualidades ou persoas con inquietudes artísticas que aman a beleza e a creatividade. 

O Lettering está considerado coma unha combinación entre tipografía e debuxo. Non debemos pensar que é un xeito de facer caligrafía, xa que fuxe de todas as normas desta. Nesta disciplina non hai regras de separación, escala ou forma. Os manuscritos e os iluminadores da Idade Media son os referentes no nacemento desta técnica. Poderiamos dicir entón que o Lettering consiste en deseñar unha imaxe artística na que as letras formen unha composición creativa e harmónica. Para practicar esta técnica podemos empregar acuarela, xiz ou outros materiais, pero os rotuladores de punta flexible son os máis axeitados se somos principiantes. 

Déixovos a continuación o enlace ao curso de Lettering que de xeito gratuíto ofrece a canle de youtube da Srta.RocknRoll, onde tamén poderedes descargar modelos para empezar a practicar.

E non quero rematar esta entrada sen un par de recomendacións máis. Un é un artigo titulado 20 calígrafos y artistas del lettering que deberías conocer publicado na páxina web de Gráffica, e outro é unha entrada da revista dixital YOROKOBU sobre Iván Castro, un referente no Lettering no noso país.
Imaxe de Iván Castro da revista dixital YOROKOBU

Comentarios

Publicacións populares

...PORQUE LAS ESTIRPES CONDENADAS A CIEN AÑOS DE SOLEDAD NO TENDRÍAN UNA SEGUNDA OPORTUNIDAD SOBRE LA TIERRA

EXTRAORDINARY WOMEN

MAUS, A HISTORIA DISFRAZADA DE FÁBULA.

CÓMIC INSPIRADO EN LA LEYENDA EL MONTE DE LAS ÁNIMAS DE GUSTAVO ADOLFO BÉCQUER

EUPHORIA, UNHA SERIE QUE MOSTRA O SUFRIMENTO DOS ADOLESCENTES

8 DE MARZO NO IES EDUARDO PONDAL DE PONTECESO

ESOPÍAS?

27 de marzo, Día Mundial do Teatro

O CASAMENTO DOS PAXARIÑOS: O DÍA DA MARMOTA GALEGO OU O DÍA DE SAN VALENTÍN?

"INSTRUCCIONES PARA EMPEZAR A HABLAR GALLEGO"