Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2021

LES 75 ANS DU PETIT PRINCE, UN ANNIVERSAIRE DANS LES ÉTOILES

Imaxe
Le Petit Prince n'est pas seulement allé dans l'espace : il a traversé toute la planète. Livre le plus traduit au monde après la Bible, ce classique d'Antoine de Saint-Exupéry a été publié pour la première fois en 1943 par la maison d'édition Reynal & Hitchcock, puis aux éditions Gallimard, en français, en 1945. De loin le livre le plus connu de son auteur, ce conte a touché des millions de lecteurs par sa portée philosophique et onirique. Traduit en plus de 270 langues et dialectes, Le Petit Prince peut à ce titre être lu par un nombre assez phénoménal de lecteurs : il existe même une version en klingon, une langue fictive tirée de l'univers Star Trek ! Antoine de Saint-Exupéry ne profitera pas du succès de son livre : le 31 juillet 1944, Antoine de Saint Exupéry décolle aux commandes d'un avion de chasse pour sa dernière mission. Porté disparu, on ne retrouvera jamais les restes de son avion et sa mort reste mystérieuse… Cette année Le Petit Prince fête

GAMBITO DE DAMA, A SERIE QUE PUXO DE MODA O XADREZ

Imaxe
 Os detractores das novas plataformas dixitais pouco a pouco van ter que recoñecer que estas chegaron para quedarse e que ademais están a facer produtos dunha calidade sublime. Crítica e público coinciden no éxito dunha serie que incríblemente ten como fío central o mundo do xadrez. Falamos de  Gambito de dama . En Gambito de dama  todo xira arredor dun taboleiro e cando un remata o visionado dos sete capítulos que conforman a serie, decide que ou ten que aprender a xogar o xadrez, ou se xa sabía, debe volver a practicalo.  A actriz Anya Taylor-Joy representa o papel de Beth Harmon, unha nena orfa que atopa no xadrez o refuxio para todos os seus medos e paranoias. Nos primeiros capítulos repasamos os seus anos de infancia e primeira adolescencia nun orfanato onde o bedel lle ensina os seus primeiros pasos no taboleiro. A partir de aquí, Beth Harmon comeza unha carreira meteórica ata acabar conseguindo o éxito total no mundo do xadrez. Máis, non todo é un camiño de rosas, a serie retrat

ALBERTO CORAZÓN NA NOSA RETINA

Imaxe
A pasada semana faleceu en Madrid Alberto Corazón. Fotógrafo, escultor e pintor, deseñou coñecidos logotipos de institucións e empresas que todos e todas nós temos gravados na nosa mente. O Ministerio de Sanidade, a ONCE, a Biblioteca Nacional, Correos, Renfe, Paradores, O Círculo de Belas Artes, a Compañía Nacional de Teatro, o teléfono DOMO...son un exemplo do sinfín de imaxenes que nos acompañan e que foron creadas por el. A súa carreira como deseñador foi moi inflínte dende os inicios. Acadou un forte protagonismo na industria cultural española como deseñador editorial e, co paso dos anos, especializouse no deseño gráfico e industrial. Académico de número da Real Academia de Belas Artes de San Fernando, foi premio Nacional de Deseño 1989 e no campo internacional obtivo múltiples galardóns, acadando os premios máis relevantes da Comunicación Visual: Arts Director Club de Nueva York, o British Design e o Design Council International, ademáis de ser o único deseñador europeo que ten r

FÁBULAS DA MONTAÑA, DE FANTOCHES BAJ

Imaxe
  O 31 de xaneiro de 1820 naceu en Ferrol a pensadora, precursora do feminismo e firme loitadora dos dereitos humanos, Concepción Arenal. Presentámosvos nesta entrada do noso blog o novo espectáculo de títeres homenaxe a Concepción Arenal, inspirado na súa loita e nas súas Fábulas , que irán acompañadas da música de Marcial del Adalid. Contan, ademais, co  marabilloso traballo de todo o equipo artístico de Fábulas da montaña , para que esta nova peza teatral da compañía Larraitz Producións Artísticas chegue aos teatros a partir do mes de marzo 2021. Autor e director: Inacio Vilariño Actriz/titiriteira: Larraitz Urruzola

NOVAS CONVOCATORIAS DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Imaxe
  Febreiro podemos dicir que  é o mes do amor, celebremos a candeloria (2 de febreiro, tempo no que se di que casan os paxariños) ou o xa máis internacionalizado e comercializado 14 de febreiro. Aínda que o día oficial xa pasara e, a pesares de que non é preciso que nos marquen no almanaque unha data para expresarmos os nosos sentimentos, sempre vén ben incentivar a nosa expresividade en lingua galega, de aí que vos convidamos a que parcipedes nun concurso en liña de mensaxes de amor en lingua galega . Trátase do concurso Lingua de namorar 2021 organizado pola Direccion Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado e mais Secretaría Xeral de Política Lingüística. Está dirixido a todos os mozos e mozas entre 14 e 35 anos, organizados en dúas categorías por idades así como dúas modalidades de participación para enviar as vosas mensaxes: ben , cubrindo un modelo de formulario ofrecido na mesma páxina, ben a través de Instagram.  Tedes toda a información no seguinte enlace:  https://ww

O TRABALLO NON PARA NOS CLUBS DE LECTURA!

Imaxe
 O entusiasmo dos nosos lectores fai que a actividade nos clubs sexa moi dinámica. Algúns xa remataron o seu primeiro libro, é o caso do club de lectura de ciencias, están, polo tanto, pensando en cal vai ser a próxima lectura.  Un ritmo máis lento levamos no club de 3º ESO onde a lectura de Remexido de patacas está sendo intensa, máis profunda de acordo ao tema tratado na novela: a violencia de xénero. E, finalmente, no club de lectura de 1º ESO comezamos a traballar no proxecto de sinalizar todo o centro con pictogramas; organizados en catro gupos de traballo segundo os andeis dos dous edificios do noso centro, comezouse a traballar no deseño dos pictogramas para os diferentes espazos.  Todo un Plan de rescate ideado para o noso centro!

Coidadiño co que fas! Casting de Fouciños

Imaxe
O CLUB de LETRAS do instituto ponse en marcha lanzándovos un reto! Ou, por que non recoñecelo, pedíndovos axuda! Fainos falta un fouciño para coroar un taboleiro que temos no noso salón ( aula 206 do edificio 2 ) e apelamos aos vosos contactos . Queremos lucir o máis xeitosiño da comarca e de aí a necesidade de facer un casting . Para saber como podedes participar, premede na imaxe. Aproveitade estas festas para investigar na vosa área de influencia! Vémonos nos recreos polo salón!

Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia

Hoxe, 11 de febreiro, conmemórase o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia.  E no noso instituto non iamos deixar pasar este día sen celebralo! Por unha banda teremos unha actividade organizada polo Club de Ciencias. Trátase dunha charla impartida por Nieves Vidal González, do instituto de Investigaciones Agrobiolóxicas de Galicia. A nosa invitada é científica titular do Consello Superior de Investigacións Científicas desde o ano 2009. Seguro que nos conta algo sobre a clonación de árbores e nos presenta a "Gladiator", un exemplar de amendoeira moi especial para ela. Tamén teremos unha actividade da Cova Maker, a presentación do proxecto Cansat 2021. Este proxecto está lanzado pola Axencia Espacial Europea e trátase dunha competición na que o noso equipo Pontesat xa participou o ano pasado quedando no segundo lugar na fase rexional. Así  que os nosos mozos e mozas queren repetir experiencia e volven intentar o lanzamento do seu satélite. Están a traballar a reo e mañ

JANE EYRE BY CHARLOTTE BRONTË

Imaxe
                                                                                                                          As usual I would like to recommend you a book from our library, hoping that some of you give it a try.  They feel so lonely in the dusty shelves of books written in English😭😭😭. My suggestion today is the classical Victorian novel Jane Eyre by Charlotte Brontë. You can find two versions in our English sectio: the abridged version and  the original one. Jane Eyre is a first-person narrative told from the perspective of Jane, a young woman who faces many challenges in life. The novel presents Jane's life from childhood to adulthood. Jane has many obstacles in her life: her cruel aunt, the bad conditions of her school,  her love for Rocherster... However, Jane overcomes these obstacles with determination and courage.  It is also a love story, since she falls in love with the owner of the house where she is working as a governess. However, this house keeps a big s

SYMPHONY UNHA VIAXE VIRTUAL AO CORAZÓN DA MÚSICA

Imaxe
  Symphony é unha experiencia inmersiva audiovisual que ofrece a través das emocións e a música co obxectivo de acercar a música clásica a todos os públicos. O espectador poderá vivir e entender a música clásica sentíndose coma un músico máis dentro dunha orquestra.     A través desta experiencia única, disfrutará das composicións de Beethoven, Mahler e Bernstein, da man do gran director Gustavo Dudamel e da prestixiosa Mahler Chamber Orchestra .

LINO BRAXE, O DANDY LÚCIDO

Imaxe
                                LINO BRAXE, O DANDY LÚCIDO. O día de Nadal de 2020 morría na Coruña Lino Braxe, tan polifacético como creativo: era unha máquina artística. Sempre se declarou poeta, o resto (xornalista, debuxante, actor e director teatral, actor de dobraxe… ) era secundario para el, aínda que ocupase boa parte da súa vida. Desde o seu Banquete ata as últimas publicacións e espectáculos, un rosario de obras de moi difícil clasificación pola súa heterodoxia e cun elo común: a lucidez. Mergullándose no máis fondo da propia traxedia humana e tan preto da dor colectiva, el que nunca afastou o sorriso da súa boca. Invocando amores idealizados (ou non) e entrando na comedia. Sempre empático no seu entrono e sempre comprometido coa súa xente, co cambio social. Non houbo muíño contra o que non arremetese. Para esta que escribe a súa morte foi ademais un coitelo no medio das vísceras. Morreu o amigo. Anímovos a retomar A caricia da serpe e reler os poemas dun libro   cole

COME O ENTROIDO!

Imaxe
 Achégase o entroido, festa na que os costumes se relaxan e o humor se impón como protagonista. E como non podía ser doutra maneira na nosa terra, a festividade vai da man da gastronomía.  Se hai un momento do ano onde os máis larpeiros poden atopar a felicidade absoluta ese é Entroido. Propoñémosvos dende o Equipo de Dinamización Lingüística e a Biblioteca que amosedes as vosas habilidades culinarias e nos conquistedes coa elaboración dun prato ou sobremesa propios desta festividade.  Como debido a actual situación derivada da pandemia non poderemos degustar as voas elaboracións, conformarémonos con que nos enviedes unha foto acompañada da receita escrita en galego .  Podedes enviarnos a foto ao correo da biblioteca: biblioaponte@gmail.com ou subila ao voso Instagram co hashtag    #comeoentroido#   e etiquetando a @biblioaponte. Queremos ver como gozades do entroido! Ata o 1 8 de febreiro tedes tempo para enviarnos as vosas fotos e receitas, tirade da vosa creatividade e do saber da

LA JOVEN DE LAS NARANJAS, UNA NOVELA EXISTENCIALISTA PARA UN PÚBLICO JUVENIL

Imaxe
"Mi padre murió hace once años, cuando yo sólo tenía cuatro. Creí que no volvería a saber nada de él, pero ahora estamos escribiendo un libro juntos..."Así comienza La joven de las naranjas ,  novela de Jostein Gaarder que hace reflexionar al lector sobre la intensidad de la vida pero también sobre la muerte. Una historia que nos habla del Tiempo y sobre qué somos realmente, qué misterio compartimos con el universo. ¿Elegiríamos nacer, y conocer la vida en toda su intensidad, sabiendo que quizá sea para permanecer un instante en ella? ¿O rechazaríamos la oferta? Georg, un joven de 15 años apasionado por la astronomía y por el telescopio Hubble, capaz de sacar espléndidas fotografías del universo a años luz, encuentra un día la carta que su padre le escribió al saber que iba a morir. En ella le habla del gran amor que sintió por la misteriosa Joven de las Naranjas para, finalmente, formularle una pregunta a la que Georg debe responder. Antes de contestar, Georg habrá escrito

TAL DÍA COMO HOXE... fai 238 anos

Imaxe
              O 3 de xaneiro de 1783 nacía, oficialmente, a gran potencia mundial da actualidade: Estados Unidos. A prensa nos retransmite, día tras día, case en directo, as noticias do que sucede neste país pero... cando xurde? como? e... realmente xorde o día que conmemoramos? Dende as efemérides deste acontecemento recordaremos as orixes históricas deste país que ten como berce un lugar (a costa leste de América do norte) e un protagonista (un pobo dividido en 13 colonias que intentará liberarse do dominio doutro país, Inglaterra). ATENCIÓN!!! DANGER!!! Esta publicación contén “spoilers”   e o final da historia é xa coñecido para o alumando de bacharelato e 4º da ESO. Tras o descubrimento do continente americano (1492), as potencias europeas lanzáronse á súa conquista. Así pois, si ben a maioría do sur foi repartido entre Portugal e España o norte quedou en mans de Gran Bretaña e Francia. Dende o século XVII, eses colonos británicos afianzáronse no territorio e, tras un

Simone Weil: un corazón capaz de latexar a través do universo enteiro

Imaxe
Así describiría Simone de Beauvoir, a autora de O segundo sexo , a Simone Weil de cando coincidiron como estudantes na École Normale Supérieure de París, aló polo periodo de entreguerras. Producíralle tal admiración que Simone Weil fose quen de empatizar co sufrimento de persoas alleas que, segundo comenta Beauvoir nas súas memorias, tratou de achegarse a ela. O encontro entre estas dúas grandes filósofas do século XX non foi todo o ben que puidera ter sido. Para saber máis do que aconteceu, recomendámosvos que lle botedes un ollo ao relato de Eduardo Infante no seu libro Filosofía en la calle (páx. 238). Eduardo Infante explica nun par de páxinas que che recomendaría Weil ante a posibilidade de exercer o teu dereito ao voto