Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Club de Letras

O maletín do tratante de xutes enerxéticos

Imaxe
Un tratante pasou hoxe polo insti e deixounos un maletín xunto cunhas tarxetas. Dixo que tiña unhas mostras que nos podían interesar, pero non nos quedou claro como tiñamos que abrilo. E, cando xa marchara, decatámonos que nas tarxetas non vén ningún número de contacto, só unhas letras que non entendemos. De saberdes quen é e como localizalo, por favor, avísade en conserxaría. Se ao longo da semana non aparece o home, o luns 8M procederemos a abrir o maletín no Salón do Club de Letras (aula 206, edif2), onde o temos custodiado. Intentarémolo durante varios recreos até conseguilo. Pedimos mentes lúcidas para atopar a combinación. Deixou algunhas mostras fóra do maletín e por fóra deste pon que é "TRATANTE  DE XUTES ENERXÉTICOS". Corróenos a curiosidade...

Coidadiño co que fas! Casting de Fouciños

Imaxe
O CLUB de LETRAS do instituto ponse en marcha lanzándovos un reto! Ou, por que non recoñecelo, pedíndovos axuda! Fainos falta un fouciño para coroar un taboleiro que temos no noso salón ( aula 206 do edificio 2 ) e apelamos aos vosos contactos . Queremos lucir o máis xeitosiño da comarca e de aí a necesidade de facer un casting . Para saber como podedes participar, premede na imaxe. Aproveitade estas festas para investigar na vosa área de influencia! Vémonos nos recreos polo salón!