Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2019

TIRANTE EL BLANCO, UN CLÁSICO DE LAS NOVELAS DE CABALLERÍAS ADAPTADO POR VICENS VIVES

Imaxe
Hoy en nuestro blog os traemos una recomendación muy especial. Se trata de uno de los grandes clásicos de las novelas de caballería, Tirante el Blanco de Joanot Martorell.   Os proponemos la magnífica adaptación de esta obra realizada por la editorial Vicens Vives.  La historia gira en torno al caballero Tirante el Blanco, el cual tras ganar fama en unos torneos en Londres se dirige a Rodas y libera la isla del asedio de los musulmanes. Gracias a su arrojo y astucia, Tirante se convierte en comandante de las tropas imperiales y derrota a los turcos en una batalla tras otra. Pero el invencible héroe, que es de carne y hueso, cae víctima del amor y protagoniza incontables escenas divertidas que hicieron las delicias de Cervantes. Para finalizar os proponemos la lectura pausada de las numerosas adaptaciones ( La leyenda del Cid, Don Quijote de La Mancha, Lazarillo de Tormes ...) que presenta la citada editorial y que cuentan con ediciones muy cuidadas, sobre todo en sus ilustr

UNHA EXPERIENCIA ELECTORAL

Imaxe
Sabe o alumnado de historia, sexa da ESO ou do Bacharelato, que a historia que estudamos é ante todo a historia política das nacións. Son os acontecementos políticos, coas súas implicacións sociais e económicas, os que conforman o que entendemos por historia. É verdade que hai outras vertentes, como a historia cultural ou a historia da vida cotiá, ambas de grande interese, mais é imposible abordalo todo. Sabe ese mesmo alumnado que moitas, moitísimas veces, falamos de política, dun xeito máis ou menos neutral, máis como observadores que como militantes. Cando abordamos determinados conceptos históricos, non queda outro remedio que aludir á política que nos afecta a todos, pois o home é, como dixo Aristóteles, un "animal político". Conceptos como liberalismo económico ou neoliberalismo, populismo, dereita  e esquerda, etc, etc... lévannos a falar do PSOE, do PP, de Cs, de Unidas Podemos e do que saia. E así debe ser, porque a política nos afecta a todos. Pois ben, o

"YO ABELENDA"

Imaxe
"Yo Abelenda é o título da exposición retrospectiva que sobre o polifacético artista coruñés Alfonso Abelenda podemos visitar na sede que a Fundación Abanca ten na Coruña. Como xa recollen no texto introductorio da exposición, Abelenda non resulta sinxelo de describir. Da súa maxistral mestura de arte, ironía e vida xurde este personaxe que foi estudante de arquitectura en Madrid, campión de España dos 110 metros valos, xogador de rugby, estudante de ciencias exactas, actor, tertuliano do Café Xixón, lexionario en Marrocos, incansable viaxeiro, membro da Real Academia das Belas Artes de Galicia, humorista e sobre todo, pintor. Con este curriculúm intuiredes que ben merece unha visita a expoción, así que estades a tempo ata o vindeiro 8 de xuño. E por se non tedes oportunidade de achegarvos ata a Coruña, deixovos o enlace para facer unha visita virtual: https://www.afundacion.org/es/visitas-virtuales/vista/yo-abelenda

O QUE ARDE

Imaxe
Este é o título do último traballo do cineasta Oliver Laxe. Trátase da primeira obra en lingua galega proxectada nas 62 edicións do Festival de Cannes .  Benedicta Sánchez e Amador Arias son os actores non profesionais que encarnan esta historia rodada no monte galego e en galego.  O que arde, cuxo guión foi escrito polo propio Laxe e mais Santiago Fillol, rexistrouse nos Ancares. É unha elexía e homenaxe ao mundo rural; relata en 85 minutos a historia de Amador Coro e a súa nai. Coro acaba de saír da prisión despois de ser condenado por provocar un incendio. as relacións humanas e o paseniño ritmo cotián da montaña, a cultura campesiña que se esvae e os desaxustes polas mudanzas, valéronlle á peza de Laxe unha prolongada e emocionante ovacións no festival de Cannes. Trátase dunha coprodución galega, francesa e de Luxemburgo que conta co apoio do público de Agadic, TVG e Deputación de Lugo. Chegará ás salas comerciais contra final de ano e será distribuída pola cooperati

XUNTANZA COS PELUSOS LECTORES

Imaxe
Hoxe tivemos reunión co Club de Lectura da ESO. A última obra será As aventuras de Pelusa , de Xelucho Abella Chouciño, exprofesor do noso instituto. O libro é unha fermosa fábula na que os animais lles dan fermosas leccións ás persoas, e todo ambientado nese potentísimo marco natural que é a costa malpicá, concretamente o Monte de Beo e a contorna da capela de Santo Hadrián do Mar. Por certo, acaban de quitarlle o recebo branco (grave erro!) á ermida, e xa non volverá ter esa apariencia de pombiña pousada no verdor do monte. Os alumnos disfrutaron dunha chocolatada, mentres o responsable de club lles falaba un pouco do argumento e da bonita historia de Pelusa e demais cans protagonistas. Despois, no taboleiro da entrada, explicóuselles algúns pormenores sobre a contorna, como as pedras lendarias de Santo Hadrián (as pegadas dos pés, e a serpe que el matou) e O Portiño, célebre refuxio para os homes de mar malpicáns durante séculos. Noraboa a estes valentes lectores po

CHEGAN OS ROBOTS!

Imaxe
Cada vez está máis preto que cheguemos a calquer lugar público e nos atopemos  cun robot, humanoide ou non, realizando funcións ate o de agora, impensables. Empresas,especialmente de orixe asiática,fan presentacións dos seus últimos "cacharros".  Aquí vai unha selección deles.   Cruzr , un robot de servicio: Podería ser o próximo camareiro do teu bar preferido. Pode falar cos clientes e tomar pedidos,aínda que non é capar de servir e pór a comida na mesa. Xa está á venta en Asia e Europa. Bot care , un robot enfermeiro É quen de medir a presión arterial , o ritmo cardiaco, a respiración e monitorizar o sono do usuario. Pode recordarche cando tomar un medicamento e recoñece a túa voz.Tamén pode asistir ó seu paciente de forma remota, a través de video chamada.  Lovot , o robot das emocións Lovot é xaponés. Poderíamos velo como un peluche intelixente. Recoñece voces, ten sensores para evitar choque e caídas.Pode fixar a mirada,mover as pálpebras , e

ELISA E MARCELA

Imaxe
Seguindo o fío da publicación do pasado xoves achégovos algunha das imaxenes que a visita da Panadaría deixou no noso instituto. Foi un pracer recibir a Elisa e a Marcela no noso salón de actos, que unha vez máis quedousenos pequeno para acoller tanta arte e tanto alumnado ansioso de gozar co teatro.  A representación foi un éxito, o alumnado e o profesorado que tivemos a sorte de acudir á obra saímos abraiados do bo facer de Ailén, Areta e Noelia, que nos visitaban por segunda vez. Se recordades, vai tres anos xa tivemos a oportunidade de velas presentándonos Pan, Pan! Deixovos aquí algunha das imaxenes para gardalas na memoria, e convídovos a ver hoxe a entrega dos premios Max das Artes Escénicas. Estes premios foron creados no ano 1998 pola Sociedade Xeral de Autores e Editores co fin de premiar e recoñecer o traballo dos profesionais e a calidade das produccións máis destacadas do ano no ámbito das Artes Escénicas.

LESBIANO ESCANDALAZO EN GALICIA: ELISA E MARCELA

Imaxe
O xoves 16 de maio temos sesión de teatro no noso instituto: Elisa e Marcela, a cargo do grupo A Panadaría. O asunto: a voda de dúas mulleres en 1901; si, repetimos: en 1901! E en Galicia! Ademais, dúas mulleres con vínculos coa Costa da Morte. Un escandalazo para a época, un fito na conquista de dereitos aínda hoxe discutidos por moitos. En fin: unha tan curiosa como fermosa historia. Hai bastantes anos, antes de que o matrimonio homosexual de Marcela e Elisa fose actualidade (especialmente co gallo do film rodado por Coixet), publicamos en La Voz un artigo, a propósito dunha manipulación fotográfica na que se engadían elementos masculinos na vestimenta do falso noivo. No artigo incidimos no feito nada habitual de que a prensa madrileña falase dun feito ocorrido en Galicia máis alá dos topicazos rexionais. Velaquí o artigo: Proximamente artellaremos máis información sobre esta interesante historia. Ata entón!

ANNE-SOPHIE MUTTER

Imaxe
A violinista alemá, catro veces gañadora dos Grammy , ten no seu repertorio multitude de pezas do período clásico e romántico e tamén ten estreado máis de vinte obras dos compositores contemporáneos máis relevantes. Asemade conta cunha extensa discografía, na que ás veces emprega un dos dous violíns Stradivari dos que é posuidora . Actúa este mes de maio no Auditorio Nacional de Música en Madrid interpretando varios concertos de Mozart .                                

MOTHER'S DAY

Imaxe
Mother's Day is an important day all around the world, even though it started in North America and Europe. Not all countries celebrate it on the same day, but the most popular day is the second Sunday in May. It is, of course, a day to honour our mothers and make them feel extra special. A punctuation point about the day is that most countries choose the singular possessive “Mother’s Day”, with the apostrophe before the ‘s’ to show that each family honours their mother, rather than all of the world’s mothers. Young children get especially excited about Mother’s Day and put a lot of effort into making cards and presents for their Mums, or Moms in America. For mothers, it is like having a second birthday. Mother’s Day in the USA, the UK, Canada, Australia, etc. means mothers usually get the day off from housework. It is common for children to cook for their mother so she can have breakfast in bed. She also receives presents, flowers and cards. In America, Mother's Day is the bu

GALA DO LIBRO GALEGO 2019

Un ano máis o Teatro Prinicpal de Santiago acolleu este sábado 11 de maio a gala do libro galego, unha iniciativa da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG), a Asociación Galega de Editoras (AGE) e a Federación de Librarías de Galicia (FLG). A verdade é que dá gusto ver a creatividade de galicia e moi especialmente a nominación de voces novas: a nosa lingua está moi viva!!! Achégovos a ligazón para que poidades coñecer todos os detalles. Mágoa non gañar a nosa carballesa preferida, Rosalía fernández, mais a nominación xa é todo un triunfo. Xa leches o seu “Bonus track”? https://www.sermosgaliza.gal/articulo/cultura/gran-noite-do-libro-galego/20190511213751079478.html

LAS HIJAS DEL CAPITÁN DE MARÍA DUEÑAS

Imaxe
María Dueñas se dio a conocer en el mundo de la novela en 2009 con la publicación del posterior bestseller El tiempo entre costuras . Hoy en nuestro blog recomendamos su última novela, Las hijas del Capitán. Nueva York, 1936. La pequeña casa de comidas El Capitán arranca su andadura en la calle Catorce, uno de los enclaves de la colonia española que por entonces reside en la ciudad. La muerte accidental de su dueño, el tarambana Emilio Arenas, obliga a sus indomables hijas veinteañeras a tomar las riendas del negocio mientras en los tribunales se resuelve el cobro de una prometedora indemnización. Abatidas y acosadas por la urgente necesidad de sobrevivir, las temperamentales Victoria, Mona y Luz Arenas se abrirán paso entre rascacielos, compatriotas, adversidades y amores, decididas a convertir un sueño en realidad.  Con una lectura tan ágil y envolvente como conmovedora, Las hijas del Capitán despliega la historia de tres jóvenes españolas que se vieron obligadas a cruza

PRIMAVERA DE PREMIOS

Imaxe
Estamos de noraboa, queridos artelladores. Hoxe sábado recibiron en Carballo cadanseu premio literario Alba Agrelo Gil (4º ESO, 6º premio) e Hadrián Félix Neira Varela (3º ESO, 9º premio), na terceira edición do certame Contos de Primavera organizado por La Voz de Galicia. Un dos requisitos era tratar aspectos históricos, paisaxísticos, literarios ou etnográficos da Costa da Morte. Tamén participaron, con magníficos relatos igualmente merecentes de premio, tres alumnos de 4º ESO: Roberto Baña Amado, Lorena Santiago Carracedo e Carlos Suárez Durán. A verdade é que o nivel dos cinco relatos é admirable, e todos souberon incluír eses aspectos históricos e etnográficos que levamos traballando neste curso na clase de Ciencias Sociais, tamén a través das súas investigacións de patrimonio e historia que publicaremos a final de curso. En próximas publicacións deste blog sairán os textos participantes, para que os lectores de Artellando comproben o nivel literario dos alumnos.

MENS E CORES: DO ROMÁNICO AO NEOCLÁSICO

Imaxe
No marco da Semana Cultural celebrada no noso instituto, os alumnos de Historia da Arte de 2º de Bacharelato visitaron dúas igrexas parroquiais da contorna, a de Mens (Malpica) e a de Cores (Ponteceso). Nelas puideron comprobar in situ moitos dos conceptos aprendidos durante o curso. A de Mens é o mellor exemplo de arquitectura románica do arciprestado de Seaia, e tamén de Bergantiños. Na foto observamos a planta dunha soa nave, de tipo salón, cos arcos formeiros. Por outra banda, a de Cores presenta retablos barrocos e neoclásicos, e incluso o maior, que vemos na imaxe, está a medio camiño entre ambos.

DANZA.ES

Imaxe
Ola, Preséntovos unha páxina web dedicada só a danza. É unha das páxinas máis recoñecidas e prestixiosas do país. Atoparedes concursos, convocatorias, actualidade e todo sobre danza clásica e contemporánea. Este é o link,  http://www.danza.es/actualidad

II CONCURSO DE FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA

Imaxe
Comprácenos nomear os premiados no II Concurso de Fotografía Matemática do IES Eduardo Pondal, que esta edición ten como tema "A Esfera". 1º PREMIO: UXÍA SANTOS (2º BACHARELATO) "A ruptura das bóvedas estelares de Giordano Bruno"  2º PREMIO: NEREA GARRIDO PARGA (1º BACHARELATO) "Tres en raia" 3º PREMIO: INÉS CARRIL (2º ESO) "Esfera ao cubo" Agradecemos a participación dos alumnos que presentaron 40 traballos ao concurso, así como do equipo de profesores dos Departamentos de Artes Plásticas e Matemáticas e da alumna Ana Sánchez de 2º Bacharelato que realizaron a difícil escolla. Unha selección dos traballos serán expostos no centro proximamente. Parabéns a todos os participantes! Grazas pola vosa creatividade, a vosa visión esférica da realidade e por facer que este concurso siga adiante!

LIBRO DE ARTISTA

Imaxe
O pasado xoves 2 de maio recibimos a visita de Manolo Rivas. O alumnado do club de lectura de 1ºde Bacharelato agasallouno cun libro de artista cheo de poemas visuais inspirados na súa obra "Contra todo isto". Parabéns a este feixe de artistas lectores pola súa creación.  No enlace poderedes velo, espero que vos guste tanto como lle gustou a el. https://issuu.com/beadeplastica/docs/presentacion_libro_de_artista1

X CERTAME DE CREACIÓN LITERARIA DO IES EDUARDO PONDAL DE PONTECESO

X CERTAME DE CREACIÓN LITERARIA DO IES EDUARDO PONDAL DE PONTECESO O EDLG e o equipo de Biblioteca do IES EDUARDO PONDAL de Ponteceso convoca o xa tradicional certame de creación literaria que vai pola súa décima edición. Haberá DÚAS MODALIDADES de participación:   POESÍA : un poema ou conxunto de poemas breves, en dúas copias mecanografadas a dobre espazo e con letra tamaño 12. Adxuntarase nun sobre pechado en cuxo exterior figure o título e mais un pseudónimo, e no interior: nome, curso e grupo. A temática é libre.   RELATO CURTO : unha narración cunha extensión máxima de 5 páxinas, en dúas copias tamaño folio, por unha cara, mecanografadas a dobre espazo con letra tamaño 12. Adxuntarase nun sobre pechado en cuxo exterior figure o título e mais un pseudónimo, e no interior: nome, curso e grupo. O conto ten que estar ambientado na contorna pola vinculación de Antón Fraguas,  autor homenaxeado este ano 2019 no Día das Letras Galegas, co estudo do propio territorio.

ATENAS... EN METRO

Imaxe
Hace unos días recomendamos aquí Un otoño romano , de Javier Reverte, excelente compañero -el libro, queremos decir- para un viaje a la Ciudad Eterna. Hoy nos complace proponer otra lectura no menos estimulante, en este caso para un futuro paseo por Atenas, y solo por Atenas. A partir de las estaciones de metro de la línea más antigua, Petros Márkaris disecciona en Próxima estación, Atenas , la historia de la ciudad en que nació la democracia pero también vio a Sócrates condenado a muerte por sus conciudadanos demócratas, la ciudad en que los romanos entraron a saco pero también en la que quedaron maravillados con su arte, la ciudad que es un caos entre tanta belleza y equilibrio clásicos... El orden y el desorden, en mezcolanza. Es un recorrido por las clases sociales de Atenas, por sus paisajes urbanos, por sus más emblemáticos establecimientos de todo tipo... En una zona emergió la Antigüedad de entre las piedras, en otra late el siglo XIX, y también el XX, por supue