CADERNO DE ARTISTA

Portada do caderno. Foto da Fundación.
Cando viaxamos a Madrid, como amantes consumidores de arte, unha das paradas obrigatorias é visitar o espazo que a Fundación Telefónica ten na rúa Fuencarral. Un espazo totalmente rehabilitado no seu emblemático edificio da Gran Vía que nos recibe cunha serpenteante escaleira acristalada e un montacargas que parece transportarnos a outra dimensión. 

Alí sempre atopamos exposicións que amosan a artistas e culturas dende outro punto de vista. Semella que colleran as obras e as pendurasen do revés, mirando cara a parede, para que nós como espectadores foramos quen de ver todo o que está detrás de cada obra, ou o que é máis importante, porqué ese xenio creador chegou a esa representación.

Fálovos desta Fundación porque hoxe quero facervos partícipes dun agasallo que a modo de publicación teñen pendurado na súa páxina web. Nesta publicación creada e ilustrada polo artista Puño, achégannos a obra de artistas como Eduardo Chillida, Pablo Picasso, Luís Fernández, Helena Almeida, Juan Gris, René Magritte...ata un total de vinte figuras relevantes no panorama artístico nacional e internacional. Teñen en común todos eles e elas que a súa obra está presente na colección de arte da Fundación.

Pois ben, neste libro, ademais de achegarnos a súa obra, ofrécesenos a posibilidade de experimentar coas técnicas e procesos creativos que empregaban para realizar as súas creacións. Tanto no campo da fotografía, como da pintura, do gravado, da escultura...unha inacabábel proposta de actividades que fará que non sexades quen de deixar de crear. 
Déixovos aquí o enlace á páxina onde poderedes descargalo.


Comentarios

Publicacións populares

...PORQUE LAS ESTIRPES CONDENADAS A CIEN AÑOS DE SOLEDAD NO TENDRÍAN UNA SEGUNDA OPORTUNIDAD SOBRE LA TIERRA

EXTRAORDINARY WOMEN

MAUS, A HISTORIA DISFRAZADA DE FÁBULA.

CÓMIC INSPIRADO EN LA LEYENDA EL MONTE DE LAS ÁNIMAS DE GUSTAVO ADOLFO BÉCQUER

EUPHORIA, UNHA SERIE QUE MOSTRA O SUFRIMENTO DOS ADOLESCENTES

8 DE MARZO NO IES EDUARDO PONDAL DE PONTECESO

ESOPÍAS?

27 de marzo, Día Mundial do Teatro

O CASAMENTO DOS PAXARIÑOS: O DÍA DA MARMOTA GALEGO OU O DÍA DE SAN VALENTÍN?

"INSTRUCCIONES PARA EMPEZAR A HABLAR GALLEGO"