Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Teatro

BERNARDA, MALASOMBRA

Imaxe
  A casa de Bernarda Alba , texto teatral de Lorca, é un clásico para todos nosoutros. Mais por ser clásicos non queremos dicir intocables. É por iso que vos recomendamos a revisión que desta peza inmortal fai a compañía Malasombra e que poderedes ter a oportunidade de ver o vindeiro 8 de maio en Carballo. Esta produción fíxose con varios premios María Casares 2020 e expón o conflito de dúas xeracións distintas de mulleres e expón ese choque xeracional entre pais e fillos rodeado dunha realidade inevitable como é o proceso de transformación da sociedade e a súa influencia despois da ditadura franquista.

AMAR NON TEN LARANXAS

Imaxe
  Foi o sábado pasado, 3 de abril, no centro cívico de Malpica: unha pequena introdución e a lectura dramatizada dalgúns fragmentos. Coas limitacións que impón o coronavirus, a asociación Caldeirón presentaba unha edición de Amar non ten laranxas moi coidada, desas nas que o propio libro é obxecto artístico. Unha oportunidade para coñecer esta peciña teatral, ademais da publicada no 1994 nos cadernos da escola dramática galega, que se inclúe en edición facsímil. Con portada do fotógrafo Peter Schneider e deseño de Abraham Vila, a obra camiña entre a lenda e o relato oral nas áreas costeiras que falan de afundimentos provocados nos tempos da fame. Ficción ou non, unha interesante reflexión sobre o difícil que é manter a ética cando a fame revira os intestinos. Tampouco fala o amor e a metaliteratura, as alusións aos grandes clásicos ambientados nas viaxes… Unha lectura recomendable para este terceiro trimestre.                 ...

La Lindona de Galicia

Imaxe
Para conmemorar o Día Mundial do Teatro de 2021, O Consello da Cultura Galega recuperou un texto excepcional. O dramaturgo Andrés de Claramonte escribiu a principios do século XVII a obra  La Lindona de Galicia , unha peza teatral moi poucou coñecida na actualidade pero que conta con tres dimensións singulares para a nosa cultura: está ambientada nas loitas medievais polo trono de Galicia, nela a lingua galega convive en normalidade co castelán e descubrimos a unha gran personaxe literaria: a Lindona, unha poderosa e independente muller, gobernadora de facto do reino de Galicia. No especial preparado polo CCG poderá acceder a diferentes contidos que permiten coñecer esta sobranceira peza teatral, e que se publicarán na súa web e nas redes sociais do Consello da Cultura Galega entre o venres 25 de marzo e o martes 2 de abril de 2021, como a primeira ficción sonora producida pola institución, ou artigos de contexto elaborados por reputados especialistas sobre a obra, a Galicia da ép...

27 de marzo, Día Mundial do Teatro

Imaxe
Desde 1954 todos os anos, organizado por ITI, o Teatro das Nacións de París comezaba a súa tempada o 27 de marzo. Tratábase dun megaevento que buscaba acadar unha comuñón entre países despois da finalización da Segunda Guerra Mundial. O Instituto Internacional do Teatro, a institución encargada ata hoxe do Día Mundial do Teatro, é a organización artística máis grande do mundo. Creouse en 1948 por artistas, expertos teatrais e a Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (Unesco, pola súa sigla en inglés) e é actualmente unha organización sen fins de lucro. Sete anos despois, en 1961, foi elixido ese día como o día Mundial do Teatro e tivo a súa celebración en 1962. Convidado pola UNESCO, cada apertura tiña (e ten) como convidada ou convidado unha prestixiosa figura de talle mundial que comparte unha mensaxe sobre a arte, o teatro e a cultura, que se le en todas as salas do mundo e se traduce a vinte idiomas. Esa mensaxe foi pronunciado por primeira vez o 27...

TEATRO NUN PODCAST

Imaxe
 A pandemia freou as nosas posibilidades de irmos ao teatro, mais non por iso o teatro parou. As redes sociais son un medio espectacular para nos mantermos informadas do que acontece coas artes escénicas mentres o mundo fica en pausa. Son tempos de repensar con calma a profesión, de artellar proxectos sen présas ou de crear foros de debate como este que vos propoñemos: o teatro como eixe temático dun podcast. As persoas detrás da conta @lapisepapel_gal manteñen viva a súa actividade, difundindo as últimas novas do mundo do teatro a través dun podcast e dunha canle no  youtube Se ben xa nos tarda volvermos aos teatros para ver teatro ao vivo, este é un xeito estupendo de manteren o seu público informado sobre o que está a acontecer agora mesmo.

FÁBULAS DA MONTAÑA, DE FANTOCHES BAJ

Imaxe
  O 31 de xaneiro de 1820 naceu en Ferrol a pensadora, precursora do feminismo e firme loitadora dos dereitos humanos, Concepción Arenal. Presentámosvos nesta entrada do noso blog o novo espectáculo de títeres homenaxe a Concepción Arenal, inspirado na súa loita e nas súas Fábulas , que irán acompañadas da música de Marcial del Adalid. Contan, ademais, co  marabilloso traballo de todo o equipo artístico de Fábulas da montaña , para que esta nova peza teatral da compañía Larraitz Producións Artísticas chegue aos teatros a partir do mes de marzo 2021. Autor e director: Inacio Vilariño Actriz/titiriteira: Larraitz Urruzola

UN NADAL DE PURO TEATRO: MIL E UNHA CITAS NA COSTA DA MORTE

Imaxe
Nestas datas a oferta de teatro da nosa contorna sempre nos deixa un menú degustación moi gorentoso. Se vos gusta o teatro ou simplemente desexades realizar actividades diferentes ás de acotío, non dubidedes en vos achegardes ás salas de teatro e casas de cultura. Son seguras e de certo que nelas viviredes a experiencia da que por algúns é chamada a "arte total", o teatro. PONTECESO E CORCUBIÓN Reservan no programa de Nadal un espazo para unha compañía moi vinculada á comarca, Talía. Será o 8 de xaneiro cando interveña esta formación, na Casa da Cultura, ás 17.00 horas. Farao co espectáculo titulado « Voa  Voa». VIMIANZO Para ADULTOS. O festival  Viminadal arrincou onte mesmo con  Culturactiva e o seu «Papar  sen cancelas». Este domingo visitarán a localidade Carlos Blanco e Oswaldo  Digón (Casa da Cultura, 20.30), con « Quen  dixo  medo?». O día 26 farao a compañía  Producións  T. Excéntricas, coa obra «Medida x medida» (Casa dá Cultura, 20....

O TEATRO GALEGO ESTÁ DE LOITO

Imaxe
Hoxe trasládovos unha noticia moi triste para o teatro galego: a morte de Pilar Pereira, un referente da dramaturxia no noso país.  Coñecida tamén polos seus papeis no mundo audiovisual, como nas series Mareas vivas, Rías Baixas ou A familia Pita; ou no cine, aínda que tamén tivo compañía propia e escribiu ela mesma pezas teatrais, recibindo no 2013 o Premio de Honra Marisa Soto na gala de Teatro María Casares. A súa carreira é unha das máis longas e frutíferas do noso país. Perda notable para a nosa cultura. Foto da Asociación de actores e actrices.

ESCENA GALEGA

Imaxe
Hoxe quero falarvos da asociación ESCENA GALEGA , xa que neste 2020 está a cumprir a maioría de idade. Levan 18 anos traballando a prol do sector escénico profesional galego, sendo a asociación de referencia que aglutina  33 compañías teatrais e empresas produtoras, resultado dun proceso de confluencia iniciado no 2015 para reforzar o posicionamento da asociación como interlocutora coas institucións e demais axentes do medio, e para impulsar a  modernización do sector. Defínense coma "un colectivo comprometido coa defensa da cultura e da lingua como ben común, disposto a construír un futuro socialmente mellor vertebrado. ESCENA GALEGA trata de aportar ferramentas para mellorar a capacitación profesional das empresas asociadas, provocar a sinerxia con outros axentes do sector, actuar como interlocutora diante das institucións e buscar a conexión con asociacións afíns doutros territorios." Aquí teredes acceso á información de todas as compañías asociadas.

INSTRUCCIONES PARA EMPEZAR A HABLAR GALLEGO

Imaxe
Se non tivera irrompido nas nosas vidas este famoso virus, esta semana teriamos gozado dunha representación teatral no noso instituto. Xa polo mes de marzo o alumnado de Teatro e de Dramatización realizou a escolla duns textos para agasallar a toda a comunidade educativa coa maxia do teatro, e dese xeito festexar por todo o alto as Letras Galegas 2020. Todos estes textos foron escollidos do libro de Sechu Sende "Made in Galiza", e en todos eles a fala ten un papel principal. Xa que non tivemos a posibilidade de festexar as Letras no centro, Ainhoa, Laura, Rita, Vitor, Pedro, Lara Varela, Carla e Lara Bazar, todos eles alumnos e alumnas de Teatro de 1º da ESO, non quixeron deixar pasar a oportunidade de compartir con todos nós esta pequena homenaxe que tiñan argallado  para as Letras. Parabéns a todos e todas polo resultado! Sodes o futuro do teatro!

TEATRO CONFINADO

Imaxe
Ao Teatro tamén lle toca reinventarse neste tempo de confinamento. Prácticamente todas as compañías e os teatros teñen pechadas as súas portas, pero algúns estanse aventurando a probar o teleteatro. É o caso da compañía Kamikace que ofrece un espectáculo no que tanto público como actor (só representan monólogos) destas íntimas representacións identifican esta experiencia como algo diferente ao teatro de sala que coñecíamos ata o de agora.  E mentres esta situación non cambie, e non saibamos que futuro lles espera a teatros e actores, teremos que conformarnos con ver teatro dende o sofá das nosas casas. Son múltiples as plataformas, compañías, canais de youtube...que nestes días ofrecennos a posibilidade de ver teatro de xeito gratuíto ou pagando unha pequena cantidade de cartos. Achégovos o enlace da páxina "Teatro a teatro" onde atopamos unha magnífica recopilación de enlaces para non parar de ver teatro https://www.teatroateatro.com/teatro-en-casa-servicios-gr...

INVISIBLES

Imaxe
Achégase o 8 de marzo e son numerosos os actos convocados na nosa contorna para festexar esta data. Hoxe, dende o concello de Carballo, convídannos a asistir á representación teatral de Invisibles, a cargo da compañía REDRUM TEATRO. Invisibles é un espectáculo creado a partir da novela homónima de Montse Fajardo, que presenta ante o público diversas historias cun fío común entre elas, a violencia de xénero.  O seu interese reside na exposición de historias reais protagonizadas por mulleres galegas, historias sobre malos tratos, algunhas delas xa coñecidas polo público pola súa repercusión mediática. A pretensión fundamental é sensibilizar ás espectadoras e aos espectadores con esta lacra que invade a nosa sociedade. Invisibles é un espectáculo para maiores de 12 anos, debido ao contido dalgunha das situacións que se presenta no mesmo. Podemos dicir que é un espectáculo para público adulto pero que tamén cun grande interese para público adolescente, xa que é precisament...

PELOS NA LINGUA

Imaxe
O pasado 21 de xaneiro o alumnado de 1º e 2º da ESO que cursa as materias de Teatro e Dramatización, os integrantes do grupo de teatro do instituto e o grupo de reforzo de 1º ESO B, asistiron no Salón Teatro de Santiago á representación de Pelos na Lingua, a cargo da compañía Talía Teatro. Un divertido espectáculo-collage que fala en clave positiva da situación crítica que está a vivir a lingua galega. Interpretada por Toño Casais, María Ordoñez e Artur Trillo e escrita por Avelino González, María Ordóñez, Artur Trillo e Sechu Sende. Baixo a dirección de Avelino González. A compañía describe a obra deste xeito: Pelos na lingua vai destinado a todo o mundo (e non esaxeramos), independentemente da súa posición respecto á lingua: aos galego falantes, aos que non o son, aos que queren selo pero non se atreven, aos que si queren selo e tomaron esa determinación, aos que non o falan porque non o saben falar ben, aos que lles dá igual que se fale ou non, aos que pensan que o...

O EXILIO SEGÚN MILO RAU

Imaxe
Imaxe de "Empire", de Milo Rau. Marc Stephan O director suizo Milo Rau presentou a pasada semana en Madrid unha obra onde os catro actores que hai en escea relatan as súas odiseas a través do continente europeo. "Empire" que así se chama a obra, discorre na cociña dun edificio en ruinas. Por quendas, os catro actores, que viviron nas súas propias carnes o exilio, narran as súas vidas mirando á cámara. Na parte alta do edificio proxéctanse as súas caras e os subtítulos coa traducción dos textos. Cada un deles fala na súa língua nai: árabe, kurdo, rumano e grego. Unha obra de aspecto documental cuns actores profesionais que narran en primeira persoa. Unha obra para relexionar sobre as fronteiras , os territorios e as persoas.

ANINOVO NO TEATRO

Imaxe
Neste mes de xaneiro que acaba de comezar estase a cociñar toda a programación teatral que nos acompañará no 2020. En xaneiro os programadores e as compañías teatrais traballan a reo e énchense de asinar contratos para que o resto do ano non quede ningún teatro coas portas pechadas, e podamos así deixar voar o noso imaxinario gozando das novas propostas que as compañías xa teñen no forno. Mentres que ese momento chega propóñovos que vos deades unha volta pola canle de youtube do "Centro de Documentación Artes Escénicas y Música", onde poderedes visualizar desde obras completras ata entrevistas a persoerios relevantes no mundo desta arte. https://www.youtube.com/channel/UC0fUK7G74RygYm_GiRvHkPA

TEATRO SOBRE E PARA ADOLESCENTES

Imaxe
“Carlos, me llamo Carlos. Tengo 15 años, o 16. Voy al cole, me aburro, salgo con los colegas al parque, bailo hip-hop… y un día conozco a Claudia y… magia.” A.K.A. (Also Known As) é o fenómeno teatral da temporada, gañador de catro Premios Butaca (espectáculo de pequeno formato, texto, dirección e actor) e dos Premios Max (autoría revelación e actor protagonista). Este monólogo fala sobre a identidade, da diferenza entre o que sentes que es e o que deter­mina a sociedade que es. Do dentro e do fóra. Escrito por Daniel J. Meyer, fálanos dun período da adolescencia de Carlos do que nós formamos parte. Relátanos o seu día a día aos 15 anos: o instituto, a terapia, o rexeitamento, a rabia e o medo, os amigos, o amor e o desexo, a inxustiza, a relación cos pais… Un momento no que, por circunstan­cias alleas a el, tremelican os seus cimentos, as súas raíces, a súa identidade. Carlos é adoptado… e os ollos dos demais fan que se plantexe cal é a súa “verdadeira” identidade. Somos...

REMATAMOS O CURSO!! SUXESTIÓNS VERANIEGAS!!

Imaxe
E chegou o fin de curso cos seus apuros e as súas ansias de dar un bo remate a este intenso ano que nos deixa moitos recordos, algúns deles recollidos neste blog. Desde as diferentes seccións facemos esta publicación conxunta para que enchades o voso verán e non nos esquezades ata que voltemos coas pilas cargadas en setembro. Bo verán! DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA Ledicia Costas, autora coñecida no eido infantil e xuvenil, acaba de publicar unha novela orientada a un público máis adulto. Sorpréndenos con  Infamia , una novela próxima ao xénero negro e cun tratamento de temas que a sitúan lonxe da literatura para todos os públicos.  Infamia  é a historia de Emma Cruz, unha penalista que vai vivir ao espazo rururbano de Merlo, un lugar marcado pola desaparición de dúas nenas, as irmás Giraud, vinte e cinco anos atrás. En realidade, Emma Cruz é só a escusa para contar a historia colectiva de Merlo, volvéndose así forte a ligazón entre o xénero negro e a novela social. É ...

TEATRO YESES

Imaxe
Esta compañía da que vos quero falar hoxe, nace na antiga cárcere de mulleres de Madrid, Yeserías, no ano 1985 (de onde lle ven o seu nome), trasladándose posteriormente á prisión de Carabanchel Mulleres, e na actualidade con sede no Centro Penitenciario de Madrid I Mulleres, en Alcalá de Henares. Dende o primeiro momento trataron de facer algo máis aló dun obradoiro carcelario, e hoxe en día levan representado sobre as táboas máis de corenta espectáculos teatrais. Foto da compañía no Fórum de Barcelona Detrás deste proxecto está Elena Cánovas, unha funcionaria de prisións que confiou no teatro como ferramenta de transformación social. Esta semana, o diario EL PAÍS, ven de dedicarlle un monográfico sobre o seu traballo que creo que debería de ser de lectura obrigatoria. Déixovos aquí o enlace: https://elpais.com/sociedad/2019/05/30/pienso_luego_actuo/1559214479_468610.html

ELISA E MARCELA

Imaxe
Seguindo o fío da publicación do pasado xoves achégovos algunha das imaxenes que a visita da Panadaría deixou no noso instituto. Foi un pracer recibir a Elisa e a Marcela no noso salón de actos, que unha vez máis quedousenos pequeno para acoller tanta arte e tanto alumnado ansioso de gozar co teatro.  A representación foi un éxito, o alumnado e o profesorado que tivemos a sorte de acudir á obra saímos abraiados do bo facer de Ailén, Areta e Noelia, que nos visitaban por segunda vez. Se recordades, vai tres anos xa tivemos a oportunidade de velas presentándonos Pan, Pan! Deixovos aquí algunha das imaxenes para gardalas na memoria, e convídovos a ver hoxe a entrega dos premios Max das Artes Escénicas. Estes premios foron creados no ano 1998 pola Sociedade Xeral de Autores e Editores co fin de premiar e recoñecer o traballo dos profesionais e a calidade das produccións máis destacadas do ano no ámbito das Artes Escénicas.

LESBIANO ESCANDALAZO EN GALICIA: ELISA E MARCELA

Imaxe
O xoves 16 de maio temos sesión de teatro no noso instituto: Elisa e Marcela, a cargo do grupo A Panadaría. O asunto: a voda de dúas mulleres en 1901; si, repetimos: en 1901! E en Galicia! Ademais, dúas mulleres con vínculos coa Costa da Morte. Un escandalazo para a época, un fito na conquista de dereitos aínda hoxe discutidos por moitos. En fin: unha tan curiosa como fermosa historia. Hai bastantes anos, antes de que o matrimonio homosexual de Marcela e Elisa fose actualidade (especialmente co gallo do film rodado por Coixet), publicamos en La Voz un artigo, a propósito dunha manipulación fotográfica na que se engadían elementos masculinos na vestimenta do falso noivo. No artigo incidimos no feito nada habitual de que a prensa madrileña falase dun feito ocorrido en Galicia máis alá dos topicazos rexionais. Velaquí o artigo: Proximamente artellaremos máis información sobre esta interesante historia. Ata entón!