GENOVÉS OU A HUMANIDADE SEN DISTANCIAS


Morreu Juan Genovés, coñecido ante todo polos seus cadros de denuncia política, pero se cadra non tanto por aqueloutros que non pasarían os estándares de seguridade impostos polo bicho infame e infecto que nos amarga. Que paradoxo, observar estes lenzos hoxe, en tempos de distancias obrigadas por decreto. 


Son preciosos estes lenzos, policromáticos fronte á austeridade das súas obras máis comprometidas; son cadros executados a base de pequenas pinceladas moi empastadas, matéricas, e incluso incorporando algúns obxectos de refugallo, un xesto de complicidade á "arte povera". É un pracer pararse a observar cada figuriña, cada ser humano na súa individualidade: un acto de amor e de humanidade, e tamén puro xogo, pois o lúdico é un elemento fundamental na arte. 


Se algún día pasades por Valladolid, non vos perdades as salas dedicadas ao pintor, no Museo de Arte Contemporánea.




Comentarios