CHRISTO, O ARTISTA QUE VESTÍA A PAISAXE

O artista plástico Christo, coñecido polas súas espectaculares obras envolvendo arquitecturas e facendo intervencións en lugares emblemáticos, finou a pasada semana. 
Chisto en The Floating Piers, 2016   Foto: Wolfgang Volz

A súa obra pode clasificarse no Land Art, unha corrente dentro da arte contemporánea que se caracteriza por empregar como materia prima a terra, o medio ambiente. O soporte e o material son a propia paisaxe, tanto urbana como rural. Os artistas do Land Art interveñen o entorno e as súas obras interactúan co lugar que ocupan de forma directa, modificando unha fracción da paisaxe. 

Chisto, de orixe Búlgaro conseguiu achegar a arte contemporánea ao público en xeral. O seu método de traballo era novidoso e efémero, as envolturas duraban apenas dúas semanas antes de ser desmontadas. As súas intervencións supoñen un gran traballo de enxeñería, e o proceso creativo nalgún dos seus proxectos alongouse durante máis de dez anos. Traballaba xunto a súa muller Jeanne-Claude, quen non foi só a súa esposa, senón a súa compañeira de vida na creación de obras de arte monumentais. Ao longo das súas vidas conseguiron materializar 22 proxectos sobre os que el mesmo dicía: “Parecerá pouco, pero a miña obra non é como pintar un cadro, máis ben seméllase á arquitectura.” 

Na súa páxina web podedes atopar información sobre a súa obra e vídeos dos procesos de montaxe e intervención.

Comentarios

Publicacións populares

...PORQUE LAS ESTIRPES CONDENADAS A CIEN AÑOS DE SOLEDAD NO TENDRÍAN UNA SEGUNDA OPORTUNIDAD SOBRE LA TIERRA

EXTRAORDINARY WOMEN

MAUS, A HISTORIA DISFRAZADA DE FÁBULA.

CÓMIC INSPIRADO EN LA LEYENDA EL MONTE DE LAS ÁNIMAS DE GUSTAVO ADOLFO BÉCQUER

EUPHORIA, UNHA SERIE QUE MOSTRA O SUFRIMENTO DOS ADOLESCENTES

8 DE MARZO NO IES EDUARDO PONDAL DE PONTECESO

ESOPÍAS?

27 de marzo, Día Mundial do Teatro

O CASAMENTO DOS PAXARIÑOS: O DÍA DA MARMOTA GALEGO OU O DÍA DE SAN VALENTÍN?

"INSTRUCCIONES PARA EMPEZAR A HABLAR GALLEGO"