xoves, 27 de decembro de 2018

QUE FACER NO NADAL?

É bastante probable que nos próximos días, te fagas con frecuencia esta pregunta: que merco para esta ou aquela persoa?
Queremos darche un consello: non gastes moitos cartos e, sobre todo, non entres nese vórtice de consumo, no que nos mergullamos cada ano por estas datas. Mais, se non podes ou non queres evitalo, recomendámosche que fagas agasallos na túa lingua.
Como suxestión, podes visitar, por exemplo, a seguinte páxina, aínda que non é a única.
agasallo.eu ou ben podes axudarte da app Abertos ao galego onde atoparás comercios e estabelecementos comprometidos coa nosa lingua.



E chegou o descanso merecido tras unha semana chea de actividade, a celebración do día do himno, o encontro poético e o acto contra a violencia de xénero. Deixámosvos os enlaces do eco que estas actividades tiveron na prensa escrita.







venres, 21 de decembro de 2018

UNHA DESTAS SERÁ A PALABRA DO ANO 2018

Feminismo, apoderamento, sororidade, fascismo, "deseucaliptización", fariña

Cal delas será a Palabra do ano 2018?

De novo tócanos decidir. Seis voces son as finalistas tras a recollida de suxestións que rematou o pasado 16 de decembro. A votación que determinará cal é a gañadora permanecerá aberta ata o 25 de decembro ás 23:59 horas nesta ligazón: https://portaldaspalabras.gal/palabradoano/.

A palabra do ano darase a coñecer o vindeiro 27 de decembro.

Calquera das voces finalistas cumpren requisitos claros para se converter na elixida polo público: ser das máis repetidas na recollida de propostas, referirse a realidades ou fenómenos que están a marcar dalgún xeito a actualidade desde 2018, irromper con forza na linguaxe cotiá ou mesmo cobrar visibilidade como marca de iniciativas cívicas.

Feminismo figura entre as voces candidatas xusto nun ano en que as mulleres encheron o 8 de marzo as rúas de toda Galicia, España e moitos outros recunchos do mundo para reclamaren igualdade real en todos os ámbitos da vida. O Dicionario explica que é a “doutrina que defende a igualdade de dereitos entre o home e a muller”, un pensamento que tamén marca  sororidade, que pode definirse como o pacto entre mulleres para diminuír a fenda entre a súa posición social e a dos homes. Outra voz que emerxe con forza neste contexto é apoderamento. Incorporada ao Dicionario da Real Academia Galega o pasado outubro, designa nunha das súas acepcións o “proceso polo cal unha persoa ou grupo social adquiren os medios para fortalecer o seu potencial en termos económicos, políticos ou sociais”. O exemplo escollido, e non por casualidade, é o do “apoderamento feminino”.

Non é a primeira vez que vocábulos relacionados coa crecente sensibilidade social ante a desigualdade de xénero chegan a finalistas da Palabra do Ano, aínda que nesta ocasión o abano é máis amplo. De igual xeito, volveron situarse entre as propostas máis repetidas aquelas que reflicten tensións e preocupacións que chegan desde a area política, como é o caso doutra das seis finalistas, fascismo; e arredor da xestión ambiental, desta volta con deseucaliptización como candidata destacada.

O ano que remata tamén lle deu unha nova vida ao termo fariña alén da nosa terra. O motivo nada ten que ver co cereal moído e moito co éxito da serie televisiva baseada no fenómeno do narcotráfico que marcou a Galicia dos anos 80 e co secuestro xudicial que sufriu o libro do xornalista Nacho Carretero, a súa fonte de inspiración. A obra titúlase Fariña en referencia á outra acepción reflectida no Dicionario: “substancia orgánica que se extrae das follas da coca e que, polas súas propiedades, é usada como narcótico ou en anestesias”.

Preme na ligazón indicada arriba e decide cal é a túa palabra do ano 2018!






xoves, 20 de decembro de 2018

LA LECCIÓN DE AUGUST: UN LIBRO - ANTÍDOTO CONTRA EL ACOSO ESCOLAR


August (Auggie) tiene diez años y es un gran admirador de La guerra de las galaxias y nunca ha ido al colegio; desde muy pequeño su madre ha sido la que se ha encargado de su educación. Sin embargo este curso sus padres han decidido que debería empezar a relacionarse con otros niños. August no es un chico" normal", al menos físicamente, pues debido a un síndrome genético tiene parte de la cara deformada, pero él vive y siente como un niño más.

En un primer momento reniega un poco a la hora de ir al colegio, finalmente acepta asistir y hace algunos amigos como Jack y Summer. Pero, como era de esperar, su integración en el colegio no es nada fácil, ya que algunos de sus compañeros se burlan de sus aspecto físico. Eso no hace que August se rinda; él está acostumbrado a las caras de susto de la gente al ver su deforme rostro.

Según avanza el curso, August aprende una lección que hará que su forma de ver la vida cambie por completo. Con luces y sombras consigue andar con la cabeza bien alta, sonreír aunque tenga un mal día; en definitiva, decide aceptarse a sí mismo y para ello no duda en dar rienda suelta a su sentido del humor y con ello consigue que todos los chicos de su colegio le acepten tal y como es y lleguen a considerarlo un amigo.

R. J. Palacio nos enseña con esta brillante novela una lección a todos y no sólo a August. Tiene una narración amena y divertida, con algunos momentos que hacen que se te escape alguna lágrima, aunque siempre con una dosis de humor que relativiza el tema tan serio que está tratando.

La lección de August está dividida en partes y cada una tiene un narrador distinto: Summer, Jack, Olivia (la hermana mayor de August), etc. De esta manera es más fácil ver como las personas que rodean a August se van dando cuenta de que al fin y al cabo es un chico normal.

El autor ha conseguido retratar a unos niños de diez años muy verosímiles, con los típicos comentarios, bromas, hermandades y enfrentamientos que surgen entre compañeros de clase. Una parte que nos ha gustado especialmente es la que esta narrada por la hermana, mostrando el conflicto de una adolescente entre el amor fraternal y el hecho de que August siempre ha sido el centro de atención.

Esta novela ha sido leída por nuestros alumnos del club de lectura de 3º de ESO y ha tenido una gran acogida. Animamos al resto de alumnos y profesores a que se atrevan durante estas vacaciones!!! Y recordando un precepto de Auggie: "Cuando puedas elegir entre tener razón y ser amable, elige ser amable".


mércores, 19 de decembro de 2018

DESORGANIZACIÓN DO TERRITORIO

Hoxe toca, estimados Artelladores, reflexión respecto da xeografía urbana, unha materia da que algo estudamos tanto en ESO como no Bacharelato.

Aproveitando as xenerosas choivas destes días e a propósito das zonas inundables así catalogadas pola Xunta de Galicia, sería interesante facermos unha reflexión sobre as desfeitas urbanísticas perpetradas nos últimos anos, con desprezo absoluto polo territorio e, máis grave aínda, polo sentido común.

A desembocadura do Anllóns é, obviamente, unha zona de risco de inundacións. Non parece que Ponteceso sexa, ademais, un lugar que demandase vivenda, máis ben ao contrario, moitos dos seus edificios están infrahabitados... cando non baleiros!

Velaquí unha foto potentísima, dramática... Tres niveis subterráneos de garaxes, a carón mesmo do leito do río Anllóns... Resultado: fendas nos edificios, inundacións, obras sen rematar, embargadas, deshabitadas. Un perfecto desastre. Un fracaso da ordenación do territorio. E para nada... 

Que cadaquén busque os responsables...


martes, 18 de decembro de 2018

DANZA SEN LUZ


Ola, imos ver nestes exemplos como a luz é un elemento compositivo moi interesante non só nas artes plásticas, senón tamén, na danza.

Aquí deixamos un vídeo duns bailaríns que se moven na escuridade. Eles son a propia luz e iso fai que estean acó e aló polo escenario. Pura maxia e enerxía en movemento que espero gocedes.



Neste segundo vídeo, apreciamos as posibilidades da tecnoloxía aplicadas á escena. Representación chea de suxestión e formas creadas con luz.

luns, 17 de decembro de 2018

SEMANA STEM

Alumnos de 1º ESO do IES Eduardo Pondal, tiveron a oportunidade de preparar unha viaxe espacial a Marte, dentro das actividades deseñadas na Semana Stem. Os alumnos estaban espectantes ante tal apaixoante viaxe, pero a realidade superou as espectativas. A emoción, o descubrimento, os novos lazos con compañeiros de Valdoviño e Salvaterra do Miño, fixeron que este proxecto fose unha experiencia vital inolvidable, ademais de traballar as competencias en ciencia, tecnoloxía, enseñería e matemáticas para as que estaba deseñado.


Cada día o seu adestramento espacial:
TERRAFORMACIÓN: fabricación dun miscroscopio e recollida de mostras. Construcción dun habitat espacial con material de refugallo.
IMPRESIÓN 3D: deseño de foguetes e elaboración de traxes espaciais.
ELECTRÓNICA: elaboración de circuitos e soldadura.
ROBÓTICA: montaxe e programación dun robot.
XINCANA FINAL: Recoñecemento médico, construción dun habitat, lanzamento de foguetes, exploración co rover e simulación de voo espacial.


venres, 14 de decembro de 2018

CAMPER, PREMIO NACIONAL DE MODA

Esta semana concedéronlle á marca de calzado mallorquina o galardón honorífico, concedido polo Ministerio de Industria, que premia o seu labor como empresa.

No seguinte extracto da acta do xurado podemos ler un resumo da súa traxectoria, así como as razóns que os moveron a escollela como merecedora deste galardón: 

"Hemos visto en Camper una empresa capaz de diseñar constantemente nuevos productos, con una gran capacidad de comunicación visual y una ironía que le permite ser, al mismo tiempo, local y global. El sueño de cualquier empresa es llegar lejos. Para conseguirlo es recomendable caminar despacio. No perder de vista el origen. Respetar el entorno... Camper inició su actividad en 1975 en Mallorca como una empresa familiar que recogía una arraigada tradición artesana e industrial en la fabricación de zapatos. En 1981 la marca comenzó su expansión comercial a través de la apertura de tiendas, primero en España y, a partir 1992, en las principales capitales del mundo. Estos logros han sido propiciados por una política de colaboración con numerosos diseñadores y comunicadores. Gracias a ello, Camper es hoy una de las empresas españolas con una personalidad y un estilo más singulares, innovadora en conceptos y nuevos proyectos..."


Deixovos aquí o enlace a súa páxina web, tan orixinal como os zapatos que deseñan.
https://www.camper.com/es_ES


E como non podía ser doutro xeito, unha marca que fai do deseño a súa seña de identidade non podía deixar de sorprendernos dándonos a posibilidade de que cada usuario sexa libre de configurar ao seu gusto dous dos seus deseños mais icónicos, un luxo! Animádevos a probar combinacións!




xoves, 13 de decembro de 2018

A PALABRA DO ANO 2018


Cal sería para cada un de vós a palabra que mellor define o que foi o ano 2018?

Afouteza (2017), irmandade (2016) refuxiados (2015) e corrupción (2014) foron as palabras que o público escolleu nos anos anteriores. Todas elas, por algún motivo, resumen ou identifican unha realidade destacada do seu ano. Termos que se repetiron día tras día nos medios de comunicación, palabras que cobraron forza e irromperon na fala cotiá da rúa… E neste 2018 a piques de rematar, cal é para vós a Palabra do Ano?

Escollela vai ser un proceso colectivo con tres fases.

Primeira fase
Recepción de propostas. Recolleranse todas as que as persoas que desexen participar envíen desde o 4 de decembro, ata as 23:59 horas do domingo 16 de decembro. Sabemos que non é doado decidirse, así que podes mandar unha ou varias palabras.

Segunda fase
Ábrese o luns 17 de decembro. De entre todas as propostas rexistradas na fase primeira, elixiranse as palabras máis repetidas ou algunha que represente unha temática compartida por distintas persoas participantes. Poderase votar polas seis finalistas ata o martes 25 de decembro ás 23:59 horas.

Terceira fase
Tras recontaren os votos, o xoves 27 de decembro darase a coñecer a que será Palabra do Ano 2018.

Queres participar na elección da Palabra do Ano 2018? Só tes que premer nesta ligazón!: https://portaldaspalabras.gal/palabradoano/



mércores, 12 de decembro de 2018

FÍSICA CUÁNTICA E GATOS ZOMBIES...


Como explicar física cuántica con un gato zombi,  suxerente e divertido título do Club de lectura dos alumnos que, á súa vez, participan no Club de ciencia.

Ata os gatos están interesados....



martes, 11 de decembro de 2018

CHEGA O NADAL

Co gallo das festas do Nadal, imos propor este ano un concurso para descubrir como de creativos podedes ser.

BASES: 

1.- Elaborarase un adorno de Nadal, que sexa factible de pendurar na árbore. Pódense utilizar todos os materiais que se consideren oportunos. 

2.- Este ano a temática será “DECORA A TÚA ÁRBORE”. Valorarase a creatividade, a orixinalidade e o esforzo na realización. 

3.- Poderá participar todo o alumnado do instituto. 

4.- O prazo de entrega será o 17 de Decembro, na biblioteca, e a entrega de premios o 21 do mesmo mes. 

5.- Haberá premios para os gañadores e sorpresas para os participantes!!

luns, 10 de decembro de 2018

O MUSEO DO PRADO A ESCENA! PARABÉNS!!!

O Museo do Prado está a piques de cumprir 200 anos, un número redondo que xa están a festexar. Nada menos que dous séculos coleccionando arte nacional e internacional, unha colección real que comezou con pinturas de Tiziano e que hoxe en día pode presumir de contar coas maiores coleccións de El Bosco, Tiziano, El Greco, Rubens, Velázquez e Goya entre outros. 

Ana Belén acompañada ao piano polo seu fillo David San José,
coa obra "Los fusilamientos" de Goya ao fondo.
Foto de Alberto Nevado

Como parte desta celebración, o pasado 3 de decembro, grandes representantes da escena teatral, dirixidos pola Compañía Nacional de Teatro Clásico (CNTC), pisaron as táboas do Teatro da Comedia interpretando pasaxes do teatro universal mesturados con imaxes das obras dos mestres da pintura no espectáculo “Ecos do Prado”. Mario Gas, Josep María Flotats, Blanca Portillo, Nuria Espert, José María Pou, Aitana Sánchez Gijón, Verónica Forqué, Emilio Gutierrez Caba, Gonzalo de Castro,Vicky Peña, Manuela Velasco, José Luís Gómez e Ana Belén foron os escollidos para subirse ao escenario para escenificar este diálogo entre as artes plásticas e o teatro. 



Nuria Espert coa pintura "Las Tres Gracias" de
Rubens. Foto de Alberto Nevado

As pinturas escollidas foron cadros de Velázquez, Boticelli, Matías Moreno González, Eduardo Rosales, Ángel Lizcano Monedero, Rafael Sanzio, Antonio Muñoz Degrain, Goya, Francisco Collantes, Francisco Padilla, El Bosco, Tiziano, Rubens e Zurbarán; un total de 14 imaxes  acompañadas por textos de once escritores mais unha canción, dende Shakespeare ata Víctor Manuel. 

Ao final todos saíron a escena para dar lectura ao artigo co que Alberti relatou a evacuación das pinturas do Museo do Prado durante a Guerra Civil, publicado na revista O Mono Azul o 3 de maio do 1937. 

Unha velada do mais emotiva para festexar un aniversario que non debemos deixar pasar sen facer unha visita ás súas salas...e por se vedes que vos queda moi lonxe aquí deixo o enderezo da súa páxina web para que polo menos o visitedes virtualmente. 

Non deixedes de facelo!!!


mércores, 5 de decembro de 2018

NOITE DE PAZ

24 de decembro de 1914, fronte occidental, Primeira Guerra Mundial, as tropas do Imperio alemán e o Imperio británico enfróntanse dende hai varios meses. Hai milleiros de baixas . Dende as trincheiras inundadas os soldados intercambian disparos sobre unha franxa de terra na que camaradas feridos ou mortos xacen esparexidos.

Os soldados alemáns colocan árbores iluminadas nos parapetos das trincheiras para festexar o nadal. Un mozo empeza a tocar cunha armónica unha melodía : Stille Nacht. Os seus compañeiros recoñecen a peza tantas veces entoada e comezan a cantar...



[Noite de paz , orixinalmente Stille Nacht, foi composta en Austria arredor do 1816 polo organista e mestre de escola Franz Xaver Gruber e convertéuse nunha das panxoliñas máis famosas e versionadas do mundo traducida a máis de trescentos idiomas . Destaca pola súa sinxeleza, brevedade e pola pouca dificultade de interpretación con acompañamento ou a capella.]







As tropas británicas  respostan coa mesma peza en inglés acompañados dos gaiteiros escoceses , ata que todos en conxunto cantan "Adeste Fideles".

[Adeste Fideles, finais do século XVIII, de autoría dudosa ( J. Francis Wade,  John Reading ou Joao IV de Portugal). Interpretado pola orquestra e coro de RTVE e o Coro de nenos da Comunidade de Madrid:]


Soldados que se estiveran matando entre sí durante meses saen das súas trincheiras para saudarse, intercambiar tabaco e bebidas e xogar ao fútbol. Nesta tregua espontánea aproveitaron para enterrar aos mortos atopando , por unhas horas, un resquicio de humanidade entre tanto horror.

Resultado de imagen de la tregua de navidad

A pesar da censura e do enfado do alto mando, existen fotografías do momento como a publicada polo xornal  "The Daily Mirror":

Resultado de imagen de an historic group british and german soldiers photographed together

Este suceso é coñecido como A Tregua de Nadal e inspirou películas, libros e mesmo cancións. O grupo británico The Farm compuxo en 1990 un tema que fala destes feitos: "All Together Now".



Lamentablemente, a guerra durou tres anos máis e ainda que se darían algúns episodios aillados de fraternización, as altas esferas militares encargáronse de que ningún feito semellante se volvera a producir.








martes, 4 de decembro de 2018

UNHA PEQUENA BIBLIOTECA ONLINE DE LITERATURA ESCRITA EN INGLÉS




Se aínda non tiveches a oportunidade de botarlle unha ollada aos libros en lingua inglesa da nosa  biblioteca, non te preocupes porque podes ler e incluso escoitar libros clásicos en lingua inglesa nas direccións que aquí che deixamos. 

En  www.pagebypagebooks.com poderás ler online, sen necesidade de descargar os libros, títulos tan variados coma Adventures of Huckleberry Finn, A Christmas Carol, Drácula, Frankenstein, The Legend of Sleepy Hollow,.... Todos os libros dispoñibles nesta biblioteca electrónica están organizados por título ou por autor.

En 100 Free Audio Books You Should Have Read By Now www.onlinedegreeprograms.com/blog/2009/ podes escoitar clásicos da literatura do Reino Unido, Estados Unidos, literatura europea, literatura infantil,...

Así que anímate, expande os teus horizontes e reláxate mentras les e escoitas literatura en inglés.


If you haven't had the chance to have a look at the books written in English that we have in our library, don't worry. You can read and even listen to classical books in English on the websites you can see down below:

In www.pagebypagebooks.com you can read online an assorted selection of books which include Adventures of Huckleberry Finn, A Christmas Carol, Drácula, Frankenstein, The Legend of Sleepy Hollow,.... All the books available in this e-library are arranged by title or autor. You don't need to download the books to read them.
In 100 Free Audio Books You Should Have Read By Now www.onlinedegreeprograms.com/blog/2009/ you can listen to classical books from the UK, the USA, European literature, children literature,...

So, go for it! Expand your horizons and relax while you read or listen to literature written in English.



luns, 3 de decembro de 2018

CEA DAS LETRAS: XIIIª EDICIÓN DO CERTAME DE POESÍA ERÓTICA "ILLAS SISARGAS"


Este mes, como xa é tradición, presentouse a obra gañadora deste ano do certame "Illas Sisargas", creado pola asociación cultural Caldeirón de Malpica. Nesta ocasión o premiado foi o escritor ferrolán Mario Regueira con Marco Livornio.
Na mesma cea de presentación deuse a coñecer a edición da obra gañadora do ano anterior, Diáspora de amor balea, de Andrea Nunes e María Rosendo, un orixinal texto a dúas voces.
Outros artistas completaron, como podedes ver na noticia que acompaña, o acto no que tamén, coma sempre, houbo unha lembranza para un dos artífices do Certame desde as súas orixes, o poeta Paco Souto, falecido en 2017.
Desde a biblioteca consideramos moi importante o labor das pequenas asociacións deste recuncho do mundo, a crearen espazos para a cultura nas pequenas localidades, pero con afán universal.


venres, 30 de novembro de 2018

EL CUENTO DE LA CRIADA

Si la semana pasada recomendábamos un libro de poesía actual, en nuestra entrada de hoy nos acercamos a la novela de una autora totalmente consagrada como es Margaret Atwood, El cuento de la criada. Debido al éxito de la adaptación televisiva llevada a cabo por la productora Hulu y su posterior lanzamiento a nivel mundial a través de HBO, la novela se ha convertido en los últimos meses en un auténtico bestseller



La acción se sitúa en unos Estados Unidos del futuro donde un régimen totalitario ha alcanzado el poder de forma violenta; amparándose en la coartada del terrorismo islámico, unos políticos teócratas se hacen con el control y, como primera medida, suprimen la libertad de prensa y los derechos de las mujeres.


Esta trama, inquietante y oscura, que bien podría encontrarse en cualquier obra actual, pertenece en realidad a esta novela escrita por Margaret Atwood a principios de los ochenta, en la que la afamada autora canadiense anticipó con llamativa premonición una amenaza latente en el mundo de hoy.
En las palabras y actos de la protagonista, Defred, encontramos una desgarradora y tenaz lucha para defender la libertad de las mujeres, la dignidad del ser humano. 
Recomendamos desde aquí una lectura profunda de la novela y un posterior visionado de la excelente adaptación televisiva. La actriz Elisabeth Moss (Defred) nos rompe el alma con su mirada. Ojalá lo que siente solo fuera ficción pero la realidad es en muchas ocasiones tan perturbadora como la fantasía!!


xoves, 29 de novembro de 2018

ARCADAS E VOMITORIOS: UNHA CURIOSA CONFUSIÓN

Ola Artelladores de Arte!

Unha das anécdotas máis substanciosas que me proporcionaron os exames foi a daquel alumno de latín que, explicando a estrutura do anfiteatro Flavio de Roma (popularmente coñecido como Coliseo), escribiu que os vomitoria ou vomitorios (plural do latín vomitorium) eran as portas por onde saían os romanos para vomitar despois de ver a violencia en directo... Recordemos que no Coliseo morría xente de verdade, ás veces indefensos cristiáns botados ás feras (damnatos ad feras, dise en latín)... Aquilo si era un reality show, e non o lixo de certos canais de TV...

Pois non. Vai ser que non. Os vomitorios si teñen que ver con vomitar, pero co sentido metafórico ou figurado de vomitar xente, pois cando miles de personas (ata 50.000, calcúlase) saían ou entraban polas portas de acceso ás gradas producían a imaxe de portas vomitando xente... Así de doado.

Ou sexa: nin vómitos pestilentes, nin desagradables arcadas, pois estas, que tamén as hai, son as que configuran parte da estrutura do Coliseo, cos seus arcos de medio punto.

E moito ollo! Nalgúns grandes espazos de ocio -campos de fútbol por exemplo- aínda se emprega o termo vomitorio...

Para que logo digan que o latín non está presente na vida cotiá!


mércores, 28 de novembro de 2018

HIP HOP BAILE NA RÚA



O hip hop é un movemento artístico e cultural que xurdiu nos Estados Unidos a finais dos anos setenta nas comunidades afroamericanas e latinoamericanas dos barrios da cidade de Nova York (Bronx, Queens e Brooklyn).
En realidade, Hip Hop é a cultura que engloba diferentes correntes de rúa e vai moito máis alá do canto. É un medio de expresión que naceu nas rúas como resposta á situación represiva en que vivían os cidadáns confinados nunha especie de gueto moderno. De aí que as súas letras e bailes sexan provocativos e críticos coa sociedade.

Neste vídeo podemos ver, como característica principal, a expresividade dos micromovementos. Toda a coreografía medida ao milímetro. É precisa, exacta, simultánea e o seu encanto é ese control absoluto dos pequenos movementos. Os protagonistas do vídeo son Les Twins, os idénticos irmáns xemelgos Laurent Nicolas e Larry Nicolas Bourgeois. Ambos son bailaríns, coreógrafos, produtores , modelos e deseñadores. Podemos apreciar no seu baile unha incríble técnica típica deste estilo urbano, onde todo é posible.

A bailar !




martes, 27 de novembro de 2018

MERGULLANDO A CIENCIA NO MAR

Con motivo da conmemoración do 50 aniversario do Centro Oceanográfico de A Coruña, os alumnos de 1º ESO e 2º PMAR do IES Eduardo Pondal de Ponteceso, tiveron a oportunidade de visitar o buque oceanográfico Ramón Margaleff recalado en Corme o pasado 22 de novembro.
Durante a visita guiada, os alumnos marabilláronse dos aparellos, recursos e dotacións da embarcación que ten o propósito de estudar o mar, o seu aproveitamento e a súa conservación. Descubriron o laboratorio frío, onde se recollen as mostras que unha vez tratadas analízanse no laboratorio seco, a sala de informática onde se realizan tomografías do fondo oceánico e o posto de mando do buque.






luns, 26 de novembro de 2018

ARTE NAS RÚAS DE CARBALLO


Comezamos a sección de Artes Plásticas falándovos da arte urbana, e xusto o pasado xoves presentouse en Carballo un programa de difusión da súa iniciativa de arte público.
Dende o ano 2013, quen pasee polas rúas de Carballo é testemuña de como os muros antes grises da vila vanse transformando en explosións creativas que fan que todo semelle diferente, mais habitable.
Falamos do proxecto denominado “Derrubando muros con pintura” unha iniciativa do concello de Carballo que comenzou coa intervención de artistas locais en algunhas medianas de edificios. Pouco a pouco este proxecto foise internacionalizando, e dende o ano 2015 celebran o festival “Rexenera Fest”, onde artistas con renome internacional no eido da arte urbana achéganse a Carballo para
crear obras de grandes dimensións. Este proxecto, que empezou pasiño a pasiño, xa conta con mais de medio centenar de intervencións.

Agora veñen de presentar a súa nova páxina web e a edición de guías e planos localizadores con toda a información necesaria para dar un paseo pola vila transformada nunha galería de arte a ceo aberto.
Deixámosvos aquí o enlace e algunha imaxe da páxina web para que empecedes a desfrutar!



venres, 23 de novembro de 2018

MAGOSTO 2018

Un magosto para xogar, para divertirse, para saborear... niso se converteu a xornada do pasado venres 16 de novembro no noso centro! Uns atopamos o entretemento nos xogos tradicionais,outros, os máis lambóns e lambonas, catamos as sobremesas elaboradas con produtos de outono polo alumnado máis afeccionado a repostaría; e, todos puidemos comer as castañas que, como vén sendo tradicional, se asan no noso patio. Aquí vos deixamos unha pequena mostra do que foi esa mañá de magosto, bótadelle un ollo!!!

xoves, 22 de novembro de 2018

OGRA PINTA

Xa está ben de que só falemos dos ogros! E as ogras?

Supoño que xa está lido o conto de Ogra Pinta. É moi fácil de ler, tamén bastante divertido...

Por certo, fálase nel dunha cidade galega, que celebra as festas da Peregrina (páxina 13). Sabes que cidade é?

Tamén se cita no conto a un poeta galego, do Courel, que morreu xa hai algúns anos. Quen?

En breve falaremos destas e máis cousas...

Non esquezades buscar unha palabra interesante, que vos chamase a atención...

Saúdos, lectores.

mércores, 21 de novembro de 2018

AS VELLAS PEIDEIRAS DE ANTONIO FRAGUAS


Ola Artelladores!
           
Desde o equipo da Biblioteca, Dinamización Lingüística e Club de Lectura xa imos quentando motores con vistas ao Día das Letras Galegas de 2019, dedicado a Antonio Fraguas Fraguas.

É un autor completísimo, porque abordou moitos temas: xeografía, historia, etnografía, literatura popular, biografía e algúns outros…

Como aperitivo, iremos debullando algúns destes temas ao longo do curso, neste mesmo espazo.

Hoxe, para que vexades que a literatura popular non é aburrida, reproducimos estes divertidos versos, tirados da súa obra Cantigueiro de Cotobade. Imos engadirlles sempre títulos da nosa colleita, que vos parece?
            
A VELLA PEIDEIRA: ASASINATO (OU HOMICIDIO INVOLUNTARIO?) NO CURRAL

Unha vella nun curral
dun peido matou un polo,
e se non lle acuden logo
mata galiñas e todo.

(Máis que homicidio, foi un policidio)

OUTRA VELLA PEIDEIRA: ESTE ASASINATO FOI MÁIS GRAVE!

Unha vella moito vella
dun peido matou a outra;
válgate xuncas o peido
que saliches de forza.

(Si, debía de ter boa forza, abofé!)

Ata a próxima… Prometemos versos moi divertidos (máis aínda)!




DAVIDE SALVADO NA NOSA BIBLIOTECA!!!


O pasado martes 13 de novembro o alumnado de 1º ESO do noso centro mantivo un encontro co músico Davide Salvado. Esta actividade encádrase dentro do programa "O galego a miña lingua propia", campaña de divulgación lingüística promovida pola Deputación Provincial de A Coruña en colaboración co Concello de Ponteceso.


Davide Salvado ofreceu unha actuación cen por cen galega na que a voz e as percusións tradicionais toman todo o protagonismo ao mesmo tempo que explicou á nosa rapazada como comezou a súa andaina musical, como viaxou por todo o mundo e iso lle permitiu ver a universalidade da música tradicional galega.

Aquí deixámosvos un dos seus videoclips para que disfrutedes da súa música igual que nós o fixemos.




martes, 20 de novembro de 2018

NOVEMBRO É MES DE TEATRO EN PONTECESO


Nóvembro é o mes por excelencia da programación teatral no concello de Ponteceso, que este ano está a celebrar a XXV edición do seu Ciclo de Teatro. É de louvar o esforzo que fai o concello por achegar aos seus veciños e veciñas catro espectáculos de gran nivel e máxima actualidade. 

Visitan este ano o salón de actos do Edificio das Escolas tres compañías galegas, dúas delas de gran percorrido: Talía Teatro e Contraproduccións, e unha terceira que ven pisando forte: Os Naúfragos Teatro.

25 Ciclo de Teatro Ponteceso 2018

Talía Teatro presenta o  seu espectáculo do seguinte xeito na súa propia páxina web:

“Despois de ʻUbú Reiʼ e ʻOs mortos daquel veránʼ, espectáculos producidos no ano 2017, Talía Teatro enfróntase a unha nova montaxe de gran formato na que participa un elenco de oito intérpretes: Xurxo Barcala, Toño Casais, Marta Lado, María Ordóñez, Diego Rey, Marta Ríos, Artur Trillo e Dani Trillo. Diego Rey realiza a versión e asume a dirección deste espectáculo onde todo será posible, no que a mentira e a confusión serán a base do xogo e os distintos espazos mudarán á vista do espectador, para rir de todo e de todos, ata de nós mesmos. Este espectáculo conta coa axuda a produción da Axencia Galega das Artes Escénicas e Musicais.”



Contraproduccións, fálanos do seu espectáculo “Fillos do Sol” :

A cabalo entre a realidade ficcionada e a fabulación dramática, Don Eduardo, representado por César Cambeiro, xa octoxenario e comesto pola neurose dos seus últimos anos, confronta as súas dúbidas, medos e insatisfaccións creativas cun personaxe nacido da súa perturbación: Eduardo, el mesmo cando comezaba, de mozo, a súa carreira literaria e que é interpretado por Adrián Ríos. E, como contrapunto, a vida real e diaria representada por Rosa, a xove criada da pensión na que o bardo pasou a última etapa da súa vida interpretada por Alba Bermúdez.



Contraproduccións fai doblete neste festival e tamén presenta o espectáculo “Commedia”, unha revisión despois de 25 anos da obra estreada no ano 1993 “Commedia un xoguete para Goldoni”. Obra que pasaría a ser un gran logro do teatro galego,con mais de duascentas funcións. Agora, 25 anos despois, e case co mesmo equipo creativo, reinventan o espectáculo que ven interpretado por Victor Mosqueira, Marcos Orsi, Avelino González, Nuria Sanz, César Goldi e Sergio Zearreta.




E xa para tematar o ciclo o vindeiro sábado 24 de novembro teremos a oportunidade de ver “Castrapo”, un espectáculo que é a carta de presentación da compañía coruñesa de recente creación, Os Náufragos. A interpretación correrá a cargo de Gustavo del Río, Rebeca Vecino e Denis Gómez. Presentan Castrapo como a historia dun escritor galego emigrado a Madrid que volta á terra despois da morte do seu pai, con quen non mantiña moi boa relación. Nesa viaxe atoparase co seu pasado e coa necesidade de buscar as súas raíces.



Xa o sabedes, vémonos o sábado  no teatro!!


luns, 19 de novembro de 2018

A MÚSICA MEDIEVAL SEGUE DE ACTUALIDADE



Resultado de imagen de corvus corax

O medieval, máis ou menos mesturado co fantástico, está de moda : con series coma Xogo de Tronos, Vikings, Os Alicerces da Terra (baseado no best-seller de Ken Follet), The last Kingdom ou a española A Catedral do Mar; videoxogos de temática medieval: "Kingdom Come: Deliverance" ou "Skyrim". 


E na música, co estilo denominado neomedieval, que nace en centroeuropa durante os anos 70, e combina elementos pertencentes ás novas tendencias –música electrónica, rock, heavy metal, etc.– con melodías, cancións, letras y ambiente característicos do periodo medieval. A maioría adaptan e reinterpretan cancións típicas do Medievo , mesmo  empregando as linguas antigas orixinais nas que foron escritas, revitalizando instrumentos como  bombardas, cornamusas, laúdes, cornetos, organistrum, chirimías... 


Instrumentos Medievais


A partires dos anos 90, o xénero se populariza, atopando grupos con características dispares: desde Corvux Corax, coa sua reinterpretación con gaitas de Carmina Burana, a In Extremo, ca introdución da música metal , pasando por Qntal e o seu electromedieval: 



Na actualidade, existen cantidade de grupos que continúan a utilizar unha base medieval de melodías, ritmos e instrumentos de fai máis de oitocentos anos combinados con tendencias musicais actuais. Aquí vai unha pequena selección:

Prima Nocta, cunha caracterización moi coidada, recrean a época dos xograres nesta actiación de rúa:
  
            
Corvus córax , un clásico do xénero,  remusicaliza In Taberna ,un dos Carmina Burana (colección de textos dos goliardos dos séculos XII e XIII ) , traballo que forma parte dun proxecto máis amplo que titularon "Cantus Buranus". 





                          

Os suecos Apocalypse Orchestra inclúen representacións e animacións con actores, bailaríns, lume...A súa temática fai honor ao seu nome: a peste, a guerra, o sufrimento. 





Os alemáns In Extremo levan máis de dúas décadas acadando éxitos e enchendo auditorios . Moi eficaces nos directos , empregan diferentes linguas: islandés, alemán antigo, nórdico, latín ,hebreo, francés antigo e tamén español. O lume e a pirotecnia forman parte importante do espectáculo.




                                 

Nunha línea máis folk, temos aos nosos veciños portugueses Strella do Día , que devenvolven o seu repertorio a partires de compilacións como as Cantigas de Santa María, o Livre Vermell, Cantigas de Amigo, así como diferentes tempos de danza: estampidas, saltarellos, branles, ductias e outras. Nas instrumentacións combinan fídulas, gaitas e arpas celtas con instrumentos tradicionáis doutras culturas : digeridoo,  djembé, trompa tibetana...



Por  último animarvos a que exploredes na percura de músicas de diferentes épocas : a historia está chea de sons!!!