PIET MONDRIAN NO MUSEO REINA SOFÍA

A principios do século XX iniciouse nos Países Baixos un movemento artístico completamente novo, unha arte abstracta baseada nas relacións entre formas rectangulares, planos de cor e líñas rectas.

En plena Primeira Guerra Mundial un grupo de artistas holandeses novos promocionaban este movemento na súa revista de nova creación De Stijl. Defendían a versatilidade da pintura, que convertían en arquitectura, e ás artes aplicadas na escultura e ó deseño outorgábanlle categoría de arte. O proxecto foi collendo fama, artistas de todo o mundo sentíronse atraídos polo seu enfoque multidisciplinar e crearon proxectos conxuntos.



Piet Mondrian foi o pai fundador desta arte nova. El comezara a súa carreira no ano 1982 como pintor de paisaxes holandesas. Ata que no ano 1905 chegou á idea de que a beleza reside no xeito no que formas e cores producen unha plasticidade pictórica que dispara directamente ao ollo do espectador. 

Durante mais de dez anos afondou neste concepto, concluíndo que a beleza reside na superficie, na estrutura e na composición da cor e as liñas. Estes estudos darían unha nova forma á arte abstracta, liberando a pintura do marco e doutras influencias exteriores que condicionan a súa observación. Nacía así unha nova forma de arte que conquistou o mundo, a arte abstracta xeométrica.

Imaxes da páxina do museo Reina Sofía.


Ata o 1 de marzo podemos ver no Museo Reina Sofia de Madrid unha exposición retrospectiva sobre a obra de Piet Mondrian e algúns dos seus compañeiros de movemento. No seguinte enlace podedes descargar a folla de sala na que se explica o percorrido pola exposición, e a continuación visualizar unha pequena presentación da mostra guiada polo director do museo.




Comentarios

Publicacións populares

...PORQUE LAS ESTIRPES CONDENADAS A CIEN AÑOS DE SOLEDAD NO TENDRÍAN UNA SEGUNDA OPORTUNIDAD SOBRE LA TIERRA

EXTRAORDINARY WOMEN

MAUS, A HISTORIA DISFRAZADA DE FÁBULA.

CÓMIC INSPIRADO EN LA LEYENDA EL MONTE DE LAS ÁNIMAS DE GUSTAVO ADOLFO BÉCQUER

EUPHORIA, UNHA SERIE QUE MOSTRA O SUFRIMENTO DOS ADOLESCENTES

8 DE MARZO NO IES EDUARDO PONDAL DE PONTECESO

ESOPÍAS?

27 de marzo, Día Mundial do Teatro

O CASAMENTO DOS PAXARIÑOS: O DÍA DA MARMOTA GALEGO OU O DÍA DE SAN VALENTÍN?

"INSTRUCCIONES PARA EMPEZAR A HABLAR GALLEGO"