Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2022

Postais solidarias

Imaxe
  Antes de marchar de vacacións, o alumnado do centro estivo a traballar a reo para deixar enviadas as felicitacións do Nadal aos usuarios dos centros de día da Costa da Morte.     https://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/ponteceso/2022/12/14/cartas-compania-abuelos-navidad-span-langgl-sos-os-nosos-maioresspan/0003_202212C14C2996.htm         https://m.facebook.com/story.php?story_fbid=555147169970019&id=100064242237063

Decembro

Imaxe
  O primeiro trimestre marchou voando pero deixounos uns últimos días de moito axetreo antes das vacacións.  O Nadal chegou á nosa Biblio grazas á axuda do alumnado de 1º da ESO , vestiuse de festa.  O 16 de Decembro o Departamento de inglés e a Biblioteca conseguiron que algúns alumnos perderan a vergonza e se atreveran con xerseis moi moi feos! The ugliest sweater!                                                                                                                                                              O 19 de Decembro, o alumnado de 2º de Bacharelato de Historia da Arte, Xeografía e Historia, Debuxo Técnico II e o alumnado do club de lectura da ESO desfrutaron dun día en Santiago de Compostela, e aínda que pasados por auga, foi un bo día!

25N

Imaxe
  O 25N foi un día intenso no noso centro...  Dende as titorías puidemos traballar e construír o Icerberg da Violencia de Xénero para analizar que situacións presenciara ou coñecera o noso alumnado e os resultados foron estes:   Dende o Departamento de Artes Plásticas, o alumnado de 1º e 3º da ESO deseñou chapas para que toda a comunidade educativa levara ese día un símbolo contra a violencia de xénero.  Os gañadores de 1º da ESO foron Brais e Xián e os de 3º da ESO Paula e Diego. Noraboa polas vosas ideas!                           Ademais o alumnado de 1º e 2º da ESO leu un manifesto ante todo o centro educativo e gardouse un minuto de silenzo. Podedes ver o vídeo na sección de Ponte na Onda Radio.  Dende o IES Eduardo Pondal seguiremos traballando por unha sociedade onde non exista a violencia de xénero. 

De volta e xa co Samaín!

Imaxe
Iniciamos as nosas actividades deste curso coa celebración do Samaín! Na nosa Biblio apareceron uns monstros moi simétricos, libros que contaban historias terroríficas e como non, cabazas con moito enxeño e poemas de medo!!!                                                     As cabazas que resultaron premiadas deixáronnos abraiados!!!                                        

8M DÍA DA MULLER

Imaxe
A actividade deseñada co gallo do 8M ten como eixe principal unha exposición de carteis. Nela convídase á reflexión sobre a perpetuación de ideas sexistas transmitidas na fraseoloxía e refráns populares. Recompiláronse expresións tradicionais, que foron substituídas por outras que fomentan os valores da igualdade e dereitos da muller.