Publicacións

Mostrando publicacións desta data: maio, 2026

ROTEIRO LITERARIO POR CAMARIÑAS: VOLVERÁS, GOLFIÑO E PUNTO DE ARAÑA

Imaxe
  Un curso máis as lecturas realizadas nos clubs de lectura leváronnos, nesta ocasión, a camiñar por terras de Camariñas. Andrea Maceiras coa súa novela Volverás, golfiño achegounos a historia dos naufraxios na Costa da Morte e aló fomos coñecer o Cemiterio dos ingleses. Pola súa banda, Nerea Pallares levounos coa súa novela, Punto de araña , a múltiples espazos da costa camariñense: a praia do Trece, a praia de Reira ou o Cabo Vilán. Da man das súas protagonistas puidemos percibir a intensidade da paisaxe da Costa da Morte. Ademais,  para descubrinos moitos dos segredos desta terra, acompañounos Luis Giadás, quen nos ilustrou coa súa sabedoría sobre a historia dos naufraxios neste recuncho de Galicia. Velaquí o enlace ao vídeo deste marabilloso roteiro:  https://www.instagram.com/reel/DYfb5XPOgH1/?igsh=MTExMnJheXJjcXN1dQ==

LETRAS GALEGAS 2026: BEGOÑA CAAMAÑO, INPIRARSE NO PRACER DO AZUL

Imaxe
 No marco da conmemoración das Letras Galegas deste ano 2026, o EDLG, en colaboración coa Biblioteca e a Comisión de Benestar e Convivencia ,decidiu levar a cabo diferentes accións no centro co obxectivo de exaltar e difundir a nosa lingua a través da creación literaria da escritora a quen dedicamos este ano as notas letras: Begoña Caamaño.  Con este obxectivo organizamos entre outras accións, o concurso "O reto das nosas letras. Os fíos que nos levan a Begoña: entre Esmelle e Ítaca".  Durante a semana do 11 ao 15 de maio lanzamos unha pregunta publicada nun panel na entrada do instituto, animando ao alumnado a resolver un reto ou a desenvolver unha creación gráfica ou literaria relacionada coa obra da autora.  Resolver un autodefinido, deseñar un panel informativo sobre Begoña Caamaño, crear unha pócima propia de Circe a partir dunha planta ou un logo personalizado que combinase a letra "M" de Morgana cun elemento da natureza foron as diferentes actividades propost...

VIVA a regueifa e máis a muiñeira!!!

Imaxe
 Hoxe a Praza do Recheo converteuse no corazón da improvisación e da cultura galega! ✨🎤 O noso IES tivo a honra de ser o centro anfitrión do II Encontro Bergantiñán e da II Liga Escolar da Regueifa, nunha xornada que reuniu arredor de 360 mozos e mozas de diferentes centros educativos da comarca. Ao longo do día, o alumnado participou en desafíos de regueifa, actividades de tradición oral, música e baile, compartindo talento, creatividade e convivencia arredor da lingua galega e das nosas raíces. 💙🤍 O encontro segue medrando ano tras ano, demostrando que a cultura galega tamén é presente e futuro para a mocidade. Ponteceso encheuse hoxe de versos improvisados, retranca, compañeirismo e moitas ganas de manter viva unha das tradicións máis nosas. 🌿🗣️ Parabéns a todo o alumnado participante, ao profesorado e ás persoas organizadoras por facer posible unha experiencia tan especial! 👏✨

Nas entrañas dun xornal

Imaxe
 O alumnado de 3º da ESO tivo a oportunidade de realizar unha saída moi especial ás instalacións de La Voz de Galicia , onde puideron coñecer de primeira man como se crea un xornal: desde a primeira idea que xorde na redacción ata o momento no que as rotativas comezan a imprimir os milleiros de exemplares que chegan cada día aos quioscos. A visita comezou na sala de redacción , un espazo cheo de pantallas, movemento e voces que traballan ao ritmo da actualidade. Alí explicáronlles como se organiza o equipo xornalístico, como se seleccionan as noticias e cal é o proceso de verificación da información antes de que chegue ao público. O alumnado puido observar como se distribúen as seccións, como se redactan as pezas informativas e como se decide a estrutura da portada dun diario. A continuación, pasaron á área de maquetación e edición , onde descubriron o labor imprescindible dos equipos que dan forma visual ao xornal. Aprenderon como se combinan textos, fotografías e gráficos así co...