Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2024
Imaxe
 Mañá, último venres de mes, volvemos contar coas dotes artísticas das nosas alumnas, Rita Rogina Vila e Lara Bazar Verdes, deleitárannos coas súas voces, interpretando os seguintes temas: - No puedo vivir sin ti, de Aitana - Cuando zarpa el amor, de Camela - Inmortal, da Oreja de Vanghot

Libros, libros e máis libros!!!

Imaxe
A próxima semana imos celebrar a festa dos libros, eses "obxectos" fundamentais da nosa biblioteca e das nosas vidas que nos abren os ollos a novos mundos!!!! O equipo da Biblio e máis Dinamización propoñemos a actividade dun  Bookface para que todos e todas nos poidamos identificar cun libro. Estas son as bases da nosa proposta: - Na hora de titoría o alumnado escollerá a portada dun libro (poderá usar o libro que queira ou visitar a biblioteca e coller un dos moitos que temos); despois buscará un escenario ou situación e completará a portada modificada. Por último, tirará unha foto‼  - Xa feito o “bookface” o alumnado enviará a foto ao correo da biblioteca: biblioaponte@gmail.com. A data límite de envío será o martes 30 de abril.

DE ROTEIRO POR CORUÑA

Imaxe
  O luns 15 de abril, o alumnado que participa nos clubs de lectura e no programa de voluntariado da biblioteca realizou un roteiro literario e cultural pola cidade da Coruña. A visita guiada pola Torre de Hércules permitiunos coñecer a súa historia e observar as impresionantes vistas dende o máis alto do monumento. Dende alí localizamos espazos literarios que aparecen nas novelas lidas no club como  Afogada  de Rocío Leira ou  Azucre  de Bibiana Candia. Continuamos o roteiro cunha visita guiada polo Museo Militar    da cidade, que nos permitiu coñecer moitas curiosidades da nosa historia.  

XXII Semana cultural

Imaxe
 Un novo ano imos celebrar a nosa tradicional Semana cultural, chea de actividades, obradoiros, concursos, faladoiros e iniciativas novidosas que poñerán en práctica todo o alumnado do centro. A Biblioteca e o Equipo de dinamización tamén colaboran con esta Semana cultural organizando obradoiros de diversas temáticas:  Obradoiro de origami. Obradoiro de lettering. Obradoiro sobre mitoloxía e ciencia ficción. OBRADOIROS DE ORIGAMI E LETTERING Dende a Biblioteca organizouse unha sesión para o alumnado de 2º da ESO na que traballaron a caligrafía e a motricidade fina. Trátase dos obradoiros de Lettering impartido por Saray Souto de 2º ESO e de Origami , artellado por Salvador Andrade de 4º da ESO. O alumnado xa pode presentar traballos ben vistosos grazas á maxia de Saray cos rotuladores, ou mesmo mellorar calquera estancia coas belas figuras que Salvador lles propuxo.                         MITO E CIENCIA FICCIÓN Dende a Biblioteca e o club de lectura propuxemos ao alumnado de 2º ESO a