Publicacións

Mostrando publicacións desta data: setembro, 2026

Benvidas familias

Imaxe
 No día de onte tivo lugar unha charla informativa a todas as familias do centro que se animaron a pasar pola nosa biblioteca para coñecer os seus espazos e as actividades que poderán compartir coa rapazada en determinadas ocasións. Ademais salientamos as canles de información das que dispoñen e o uso do diferentes fondos e recursos que ofrece Biblio A Ponte. Grazas aos asistentes polo interese e a atención prestada!! Esperamos vervos pola biblio!!

Preparados, listos... a ler!!

Imaxe
O pasado vernes enchemos a biblioteca de novas propostas para as lecturas deste ano acompañadas dun bo chocolate e biscoito!! O alumnado manifestou os seus intereses e conformamos xa o novos clubs de lectura deste curso. Así haberá un total de seis clubs de lectura que traballarán con diferentes xéneros e temáticas. Teremos as reunións nos seguintes recreos: Luns: club de adultos e bachiller Mércores: club filosófico Xoves: club de 1º ESO Venres: clubs de 2º, 3º e 4º ESO

Comezamos cos Clubs de Lectura!!

Imaxe
Iniciado o curso... imos dar comezo aos Clubs de Lectura!! Para iso, convocamos a todos os interesados a unha reunión, o próximo 18 de setembro durante o recreo , na biblioteca. Poñerémonos ao día dos intereses, as temáticas sobre as que nos gustaría ler e propostas de novos clubs. VÉMOMOS!!!

Precisamos de ti!!

Imaxe
  Biblio A Ponte é un espazo vivo, en movemento constante, sobre todo nos recreos xa que se converte nun pequeno laboratorio onde a lectura, a creatividade e a convivencia fanse realidade. Pero para que todo isto funcione, precisamos das vosas mans, das vosas ideas e da vosa enerxía . Por iso lanzamos unha chamada clara ao alumnado: Anímate a formar parte do voluntariado da biblioteca!!! Durante os recreos, o voluntariado colabora en tarefas tan importantes como o préstamo de libros , a colocación e organización dos fondos , a preparación de actividades e exposicións ou a creación de materiais que dan vida ao espazo. Cada tarefa suma, cada idea conta, e cada voluntario fai que a biblioteca sexa un lugar mellor para todas e todos. Ser voluntario non é só colaborar: é aprender, compartir, participar e sentir que formas parte dun proxecto común. É descubrir como funciona unha biblioteca desde dentro, desenvolver habilidades de organización, comunicación e creatividade, e contribuír ...

Benvida ao curso 26-27

Imaxe
  Biblio A Ponte abre de novo as súas portas cunha invitación clara: este é o teu espazo . Un lugar para descubrir, crear, compartir e participar activamente na vida cultural do centro. Queremos que cada membro da comunidade educativa —alumnado, profesorado e familias— dos recursos que ofrece a nosa biblioteca. Durante todo o curso, a biblioteca convértese nun punto de encontro onde a lectura, a creatividade e a convivencia se entrelazan. Os clubs de lectura ofrecen un espazo tranquilo para conversar sobre libros, descubrir novas voces literarias e gozar da lectura en compañía. Os recreos creativos transforman os tempos de recreo en momentos para aprender a coser, experimentar coa radio, crear, escribir, debuxar ou participar nos obradoiros de polos creativos. Todo isto fai da biblioteca un laboratorio de ideas. O voluntariado da biblioteca é outra das grandes fortalezas. O alumnado que forma parte del colabora na organización de actividades, na creación de materiais, na atenci...