Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2020

UN NOBELO CAE AO CHAN E CAMBIA O MUNDO

Imaxe
“Un nobelo cae ao chan e cambia o mundo. E outro nobelo. E outro nobelo. E outro nobelo. Mesturando entre si as cores mestas. Formando o máis rexo tecido”.  Ide collendo as aguzadas agullas da reflexión e enfiade con elas o complicado nobelo da concienciación social para ir, puntada puntada, enguedellando eses fíos de vida que se chaman Matilde, Anxos, Rebeca, Elvira, Luz e Fernanda, espellos das diversas discriminacións que sofren as mulleres neste aparentemente evoluído S XXI, que descubren e suman as súas fortalezas – fíos azuis da concordia, fíos vermellos da rebeldía – nese poderoso nobelo morado que se chama tía Davinia.  Lede “O club da calceta”, de María Reimóndez, unha obra imprescindible para que, vós, as rapazas descubrades a vosa forza interna e para que vós, os rapaces, aprendades a compartir esa integridade feminina que o machismo secular tenta ferozmente esnaquizar.  Veña, a coller os puntos soltos e, entre todos, trenzaremos o novo xersei da igualdade de se

BAUHAUS E DANZA

Imaxe
Fundada no século XX por Water Gropius, en Alemaña surxe unha escola que crea un nexo entre artesáns e artistas, a Bauhaus. A súa filosofía atística era moi innovadora xa que creaban obxectos de deseño que rompían cos esquemas vistos ata o momento. Dentro de esta práctica tamén tocaban todas as manifestacións artísticas entre as que se atopaban o teatro e dentro deste, a danza. As danzas mostraban coreografías con xestos simples e traxes moi orixinais. Facían movementos simples, como camiñar ou saltar e os bailaríns semellaban bonecos con accesorios xeométricos. En definitiva, un modo de facer único que marcou un antes e un despois no mundo das artes plásticas e da danza. O equipo do taller de baile era levado un dos profesores da Bauhaus chamado Oskar Schlemmer. Un enlace das danzas : El ballet lisérgico de Oskar Schlemmer https://youtu.be/dvFI_5E6Oqw

LETTERING OU A ARTE DE DEBUXAR LETRAS

Imaxe
Nesta ocasión quero propoñervos un método para desintoxicarse da pantalla e facer cousas coas mans, para evadirvos do día a día. Imos debuxar, pero nesta ocasión imos debuxar letras. Quero falarvos dunha disciplina artística chamada “Lettering” que nos últimos anos ten moito éxito entre deseñadores, afeccionados as manualidades ou persoas con inquietudes artísticas que aman a beleza e a creatividade.  O Lettering está considerado coma unha combinación entre tipografía e debuxo. Non debemos pensar que é un xeito de facer caligrafía, xa que fuxe de todas as normas desta. Nesta disciplina non hai regras de separación, escala ou forma. Os manuscritos e os iluminadores da Idade Media son os referentes no nacemento desta técnica. Poderiamos dicir entón que o Lettering consiste en deseñar unha imaxe artística na que as letras formen unha composición creativa e harmónica. Para practicar esta técnica podemos empregar acuarela, xiz ou outros materiais, pero os rotuladores de punta flexible

A EDUCACIÓN EN GALEGO MÁIS VIVA QUE NUNCA!

Imaxe
Hoxe vouvos falar dun interesante proxecto educativo que xurdiu como resposta solidaria do corpo docente galego á situación de emerxencia educativa derivada da pandemia polo coronavirus, trátase do portal educativo AULAS GALEGAS . Falamos dun grupo de traballo colaborativo realizado por profesoras e profesores sen ánimo de lucro  que pretende ofrecer unha axuda educativa ao alumnado, ás familias e ao resto do profesorado. Neste portal podemos atopar recursos e materiais educativos en galego. Cada día publícase material clasificado por nivel académico e materiais para as etapas de Educación Infantil, Primaria, Secundaria e Bacharelato. Durante estes últimos meses estivemos na casa pero non por iso temos que estar parados, a educación en galego continuou e continúa. Botádelle un ollo a este proxecto, de seguro que vale a pena, aquí tedes o enlace:  https://aulasgalegas.org/

OUTRA DE PESTES: O DECAMERÓN DE BOCCACCIO

Imaxe
Nesta última recomendación da sección do Club de lectura, queremos recordar outra gran obra da literatura universal vinculada en parte ao motivo da peste: Decamerón . O seu autor, Giovanni Boccaccio, escritor italiano do s. XIV, é unha das estrelas da constelación literaria do Renacemento italiano, xunto a Petrarca e Dante. Decamerón é unha colección de cen contos que comeza coa descrición da peste bubónica ou peste negra, que se abateu sobre Florencia. Sete mulleres e tres homes foxen da epidemia e, refuxiados nas aforas da cidade, contan estas cen historias, durante cen días; precisamente isto é o que significa o título: cen días. A temática é moi coherente con esa época próspera e feliz que foi o Renacemento, e non faltan o amor, o enxeño ou as bromas, pero sen esquecer que a vida humana tamén está sometida ás sombras da morte, e a peste o demostra. É un libro contundente, pero sempre poderemos facer lecturas soltas, dado o seu carácter de colección. Canda o sol,

A PALABRA ATOPA O CAMIÑO CARA A NOSA CASA.

Imaxe
O confinamento non conseguiu parar a educación nin as ganas de ler. Grazas á existencia de bibliotecas e hemerotecas dixitais, podemos ter a información a un só clic. Nada terá o encanto da nosa biblio... mais podemos seguir traballando e desfrutando das boas letras dende a casa.  Existen varias plataformas dixitais que nos permiten acceder á información e á lectura de libros electrónicos de maneira legal e gratuíta e dende a biblio, queremos recomendarvos algunhas. Imos aló: O noso carné de biblioteca xa era unha chave máxica que nos permitía acceder a un catálogo de libros e películas en galego e castelán. Co gallo da corentena, o servizo  GaliciaLe abriuse a todos e todas polo que, poderás gozar de boas lecturas igualmente. Se che gusta a experiencia, unha vez finalice o confinamente, terás 30 días para solicitalo. Soa ben, verdade? Galiciana é unha biblioteca cuxo principal interese reside na consulta de textos históricos dixitalizados. Dentro da rede de Biblio

INSTRUCCIONES PARA EMPEZAR A HABLAR GALLEGO

Imaxe
Se non tivera irrompido nas nosas vidas este famoso virus, esta semana teriamos gozado dunha representación teatral no noso instituto. Xa polo mes de marzo o alumnado de Teatro e de Dramatización realizou a escolla duns textos para agasallar a toda a comunidade educativa coa maxia do teatro, e dese xeito festexar por todo o alto as Letras Galegas 2020. Todos estes textos foron escollidos do libro de Sechu Sende "Made in Galiza", e en todos eles a fala ten un papel principal. Xa que non tivemos a posibilidade de festexar as Letras no centro, Ainhoa, Laura, Rita, Vitor, Pedro, Lara Varela, Carla e Lara Bazar, todos eles alumnos e alumnas de Teatro de 1º da ESO, non quixeron deixar pasar a oportunidade de compartir con todos nós esta pequena homenaxe que tiñan argallado  para as Letras. Parabéns a todos e todas polo resultado! Sodes o futuro do teatro!

LITTLE RICHARD

Imaxe
Little Richard, falecido o pasado sábado aos 87 anos, foi un dos grandes pioneiros do rock'n'roll', un dos pais fundadores sobre os que logo se levantou a cultura xuvenil. Tivo unha carreira fulgurante nos cincuenta para logo desaparecer e, xa de forma intermitente e abandoando o rock'n'roll  da primeira escola, regresar con distintas incursións a outros estilos. Aquí vos deixo un dos seus himnos musicais.

UN 17 DE MAIO DIFERENTE.

Imaxe
Un 17 de maio diferente é o que nos toca vivir este ano, mais non por iso deixemos de celebrar o día das nosas letras, o Día das Letras Galegas. A situación provocada pola pandemia da COVID - 19 levou a RAG a tomar unha decisión inédita nos cincuenta e sete anos de historia do Día das Letras Galegas: trasladar esta celebracíon da cultura galega ao 31 de outubro, xusto un día despois do 110 aniversario do nacemento do autor homenaxeado, Ricardo Carvalho Calero Malia os cambios no calendario de actividades conmemorativas presenciais arredor do Día das Letras Galegas, o 17 de maio debe de ser igualmente unha gran celebración colectiva para toda a cidadanía galega e para iso cómpre valermonos de todas as posibilidades que nos ofrece o mundo dixital que tanto se está aproveitar nestes tempos de obrigado afastamento social. A RAG ofrécenos dende un proxecto de divulgación da figura do escritor e profesor Carvalho Calero para un público infantil chamado Primavera das Lexras ( http://pr

DÍA DAS LETRAS: DE PONDAL A CARVALHO CALERO

Imaxe
Non está a ter moita sorte don Carvalho Calero! Despois de bastantes anos proposto para o Día das Letras Galegas, e tras dunha demora inxusta…, resulta que agora ten sufrir a perda de protagonismo por culpa do bicho infame e infecto!              O profesor e filólogo ferrolán estudou en profundidade a literatura galega, ata tal punto que o seu manual -témolo na biblioteca- é aínda hoxe unha obra de referencia: a História da Literatura Galega Contemporánea , publicada en 1963, é unha auténtica biblia para coñecermos as nosas letras. Un dos grandes atractivos desta obra radica en que non só aborda as cuestións literarias, senón tamén as biográficas, cunha abundancia de información abrumadora. Por poñer un exemplo, o extenso capítulo dedicado a Pondal incorpora multitude de datos biográficos que el aportou por vez primeira, rescatados dos arquivos. Desde o noso instituto, que leva o nome de Eduardo Pondal, o Bardo de Bergantiños que viu “a lus primeira” en Ponteceso, qu

GENOVÉS OU A HUMANIDADE SEN DISTANCIAS

Imaxe
Morreu Juan Genovés, coñecido ante todo polos seus cadros de denuncia política, pero se cadra non tanto por aqueloutros que non pasarían os estándares de seguridade impostos polo bicho infame e infecto que nos amarga. Que paradoxo, observar estes lenzos hoxe, en tempos de distancias obrigadas por decreto.  Son preciosos estes lenzos, policromáticos fronte á austeridade das súas obras máis comprometidas; son cadros executados a base de pequenas pinceladas moi empastadas, matéricas, e incluso incorporando algúns obxectos de refugallo, un xesto de complicidade á "arte povera". É un pracer pararse a observar cada figuriña, cada ser humano na súa individualidade: un acto de amor e de humanidade, e tamén puro xogo, pois o lúdico é un elemento fundamental na arte.  Se algún día pasades por Valladolid, non vos perdades as salas dedicadas ao pintor, no Museo de Arte Contemporánea.

A COSMIC SYMPHONY

Imaxe
Welcome to another science pill in English! If you remember from my last post, I recently embarked on a rediscovery of my past as a science student. My last entry covered several interconnected topics, among them my reading of a great popular maths book. Today I would like to tell you about the one I just finished, entitled The Elegant Universe , by physicist Brian Greene .  Let me just give you a brief overview of the book’s gist. Most of you will recognize this picture of an old fella with his tongue out. As it turns out, this gentleman revolutionized our understanding of mainly gravity, but also space, time, all in all, the universe. Around the same time Einstein was publishing his theories, specially focused on enormous things (planets, stars, etc.), particle physics was making groundbreaking discoveries on a much more minute realm. Looking at things on a tinier and tinier scale led to the realization that, apart from gravity, we also find three other

DEBUXANDO DANZA

Imaxe
Ola de novo, Esta vez e como novidade para os meus seguidores, presento unha peza de animación, mistura entre a beleza da danza e a destreza da técnica dos debuxos en movemento. O autor, Ryan Woodward é un debuxante de cómics que o que fixo foi dar movemento e poñer música a unha coreografía de dous persoas bailando. É unha proposta suxestiva, atractiva que flúe e interactúa coa música de Piazzolla.  Animación de Ryan Woodward Engado o link coa intención de que o apreciedes xa que, quen sabe! Igual nun futuro facedes algo parecido. https://youtu.be/nW8iN1_BZ88

CIENCIAS NAS LETRAS

Imaxe
Estaba a pensar agora no último momento antes de que cambiara a nosa vida. A punto de sair do instituto, un impulso levoume á nosa Biblioteca. Nesta nova vida, pensaba errada que tería algo máis de tempo e quería enchelo de novas historias para min, usadas xa por outros, nas que atopar outros camiños e pasear por eles. E paseei, procurando libros de astronomía e ciencia, por estes marabillosos camiños: Como aspirante a astrónoma, nunca reflexionara sobre a altura a que está o ceo, e sorprendinme ao atopar neste libro unha resposta tan sinxela observándoo cando é día e cando é noite. Unha resposta tras outra vas a ler en "A que altura está o ceo" , que resulta unha viaxe no tempo. Comeza na época da Grecia Clásica e chega ata os descubrimentos máis recentes sobre o universo. Unha longa tarde de sofá compartín con "O contador de estrelas" , un ser que finxía ser doutro planeta para abrir o mundo de Antía, unha rapaza que dou o salto sen rede á madure

CADERNO DE ARTISTA

Imaxe
Portada do caderno. Foto da Fundación. Cando viaxamos a Madrid, como amantes consumidores de arte, unha das paradas obrigatorias é visitar o espazo que a Fundación Telefónica ten na rúa Fuencarral. Un espazo totalmente rehabilitado no seu emblemático edificio da Gran Vía que nos recibe cunha serpenteante escaleira acristalada e un montacargas que parece transportarnos a outra dimensión.  Alí sempre atopamos exposicións que amosan a artistas e culturas dende outro punto de vista. Semella que colleran as obras e as pendurasen do revés, mirando cara a parede, para que nós como espectadores foramos quen de ver todo o que está detrás de cada obra, ou o que é máis importante, porqué ese xenio creador chegou a esa representación. Fálovos desta Fundación porque hoxe quero facervos partícipes dun agasallo que a modo de publicación teñen pendurado na súa páxina web. Nesta publicación creada e ilustrada polo artista Puño, achégannos a obra de artistas como Eduardo Chillida, Pablo Pic

"O MAIO" DE CURROS ENRÍQUEZ COLLE UN NOVO RITMO.

Imaxe
Comezamos o mes de maio, un mes reivindicativo coa conmemoración inicial do Dia Internacional da clase traballadora. O confinamento do estado de alarma impediu as mobilizacións na rúa, mais non por isto deixou de ser un 1 de maio especialmente dedicado a manifestarmonos xa sexa nas redes sociais ou nas propias xanelas da nosa casa. Unha boa mostra disto é a iniciativa do Consello da Cultura Galega que vén de celebrar este Primeiro de maio, cheo de expecionalidade cunha versión musical do poema  " O Maio"de Curros Enríquez que reinvidica unha primavera de liberdade e de xustiza, agora máis necesaria que nunca. Neste proxecto celebrativo xúntase este poema reividicativo de Curros coas novas voces da música galega: Pablo Lesuit, Faia Díaz, Belem Tajes, Nastasia Zürcher, Leo Burker,, Brais Morán, Yadhira, Xiana Lastra, Su Garrido e High Paw participaron neste proxecto dende o confinamento.             O resultado é un vídeo musical que mestura a rumba con influ

LITERATURA E REALIDADE: A PESTE DE ALBERT CAMUS 1

Imaxe
Seica nas últimas semanas un dos libros máis reclamados foi A peste , de Albert Camus (1913-1960), escritor e filósofo francés que foi Premio Nobel de Literatura en 1957. Algúns parágrafos resúltannos familiares..., lamentablemente familiares, coma este: La gente había aceptado primero el estar aislada del exterior como hubiera aceptado cualquier molestia temporal que no afectase más que a alguna de sus costumbres. pero de pronto, conscientes de estar en una especie de secuestro , bajo la cobertera del cielo donde ya empezaba a retostarse el verano, sentían confusamente que esta reclusión amenazaba toda su vida y, cuando llegaba la noche, la energía que recobraban con la frescura de la atmósfera les llevaba a veces a cometer actos desesperados.   Ou estoutro: Pero los baños de mar habían sido suprimidos y la sociedad de los vivos temía constantemente tener que dejar paso a la sociedad de los muertos . (…) Todas las formalidades se habían simplificado y en general las po