Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xaneiro, 2019

ASÍ SON AS TENDAS SEN DEPENDENTES

Imaxe
Fai aproximadamente un ano escoitabamos que, o xigante de ventas Amazon, abría ó público na cidade de Seattle, a primeira tenda física sen dependentes. Isto que parecía case ciencia ficción, acaba de chegar a Madrid.Trátase da tenda de mobles tudecora.com , onde se pode mercar dunha forma totalmente autónoma, sen nada máis que unha app no móvil.Alí os clientes escollen a súa compra e saen da tenda sen pasar pola caixa. Cada produto ten un código QR, que ó ser escaneado, abre directamente unha xanela para facer o pago.                                                                                                                                              EL PAIS. KIKE PARA O sistema garante non ten que facer cola para pagar, reducindo así o tempo que nos levaría mercar en grandes almacéns. Parece que xa hai mais empresas estudando este modelo de negocio. Verémolo pronto en Galiza?  Déixovos un vídeo de Amazon Go para que vos fagades unha idea máis clara. Aquí a te

A REVOLUCIÓN DIXITAL NAS ARTES ESCÉNICAS

Imaxe
E chegou a revolución dixital ás artes escénicas, un novo xeito de entender os espectáculos en directo dende o sofá da casa. Unha realidade que máis aló de espertar opinións contraditorias facilítanos o acceso a múltiples oportunidades de gozar de variadas propostas, que non estarían doutro xeito ao noso alcance. Nos últimos tempos van aparecendo plataformas online que ofertan gran variedade de espectáculos que podemos presenciar en directo ou en diferido. A pioneira foi Medici tv, a plataforma líder da música clásica en vídeo por internet que foi creada en 2008, medici.tv ofrece un acceso privilexiado ao mellor da escena internacional da música para os melómanos de todo o mundo. https://www.medici.tv/es/ No ámbito puramente teatral Teatrix é a primeira plataforma arxentina que oferta obras de teatro online . Achegan aos amantes das artes escénicas un catálogo con máis de 100 títulos e diferentes xéneros que fan un percorrido polo teatro arxentino, de Broadway e Brasi

CECILE MCLORIN

Imaxe
Gañadora do prestixioso concurso internacional de jazz Thelonius Monk no 1010 e do Grammy o mellor álbum vocal de jazz no 2016. Aínda que estudou Dereito, Piano e Música Vocal Clásica e Barroca, desenvolve a súa carreira como cantante de Jazz, moi influenzada por artistas como Sara Vaughan ,Billy Holliday ou Bessie Smith.

I AM MALALA BY MALALA YOUSAFZAI

Imaxe
I was really surprised when I saw the autobiography  I am Malala by Malala Yousafzai  among the books written in English in the corner of our library. Even though it is not an adapted version, I can't help recommending it, mainly to A-levels students. It is not a book with a high literary quality. However, it is a story of self-improvement told by this Afghan girl who  faced up to the Talibans who were against girls having an education. Instead, Malala refused to stay at home and continued going to school. As a result of her "rebellion", she was shot right near her brain. After staying at several hospitals in her country, she was taken to Birmingham, England, where she got better. Malala stayed there with her family.  One day when Malala was at school, the headmaster told her that she had won the Nobel Prize. She was even invited to talk to the UN.  Malala is still on news channels and gives speeches and interviews. Malala is such a strong and inspiring person, a

A LITERATURA QUE AÍ VÉN

LECTORES! Achégovos un artigo de Daniel Salgado no que nos comenta, dun xeito ben detallado, cales van ser as novidades editoriais en galego, para este 2019. Segundo este autor, hai pezas de relevo como son: a biografía de Castelao escrita por  Miguel Anxo Seixas , o regreso do inspector Caldas de  Domingo Villar , un repaso a vinte anos de poesía de  María do Cebreiro , novos títulos da supervendas  Ledicia Costas. Queres enterarte? Pois, se che gusta a lectura, aquí che deixo  o artigo, extenso, pero interesante. Narrativa: Xerais renovará a mediados de ano a liña gráfica da súa colección de narrativa. Nela dará a benvida ás novidades de dúas das escritoras de maior éxito comercial:  Ledicia Costas  e  Pedro Feijoo . A piques de chegar ás libarías atópase o debut no xénero do poeta  Xabier Cordal , neste caso en forma de  Relatos para a televisión . O último barco  será o peche da triloxía que  Domingo Villar  dedicou ao inspector Leo Caldas, dez anos despois de  A

75 AÑOS DEL PREMIO NADAL

Imaxe
Hace 75 años, Carmen Laforet inauguraba con su novela Nada el palmarés del que en la actualidad es el galardón literario más antiguo de nuestro país. Un Premio Nadal que, una vez más, se ha fallado en el Día de Reyes tras la tradicional cena organizada por la Editorial Destino en el Hotel Palace de Barcelona, que este año ha dejado una sorpresa poco habitual. En las siete décadas y media de antigüedad del galardón, éste sólo había sido concedido a cuatro escritores latinoamericanos. El quinto es el ganador de esta 75ª edición, el escritor argentino Guillermo Martínez (Bahía Blanca, 1962) que ha resultado vencedor por su novela Los crímenes de Alicia , una historia de corte policíaco ambientada en Oxford que investiga varios asesinatos relacionados con el universo creado por el célebre escritor y matemático inglés Lewis Carroll. Martínez se embolsará 18.000 euros y contará con el privilegio de engrosar una lista de premiados entre los que se encuentran autores de la talla de la pro

REUTILIZACIÓNS ARQUITECTÓNICAS

Imaxe
Artelladores, Hoxe toca falar de patrimonio arquitectónico. Ben é sabido que unha das vivendas máis destacadas nas parroquias galegas era a reitoral. Pola falta de vocacións -é dicir: de curas-, hai xa anos que estes edificios están abocados a unha irremediable ruína. Ruína era xa, de feito, a reitoral de San Estevo de Cesullas, en Cabana de Bergantiños. Data do século XIX, como consta nunha inscrición que vos invito a buscar. Non é difícil atopala. Como se fixo na do Couto, hoxe dedicada a Fundación Eduardo Pondal, a de Cesullas vai destinarse a espazo cultural relacionado coa figura de Saturnino Cuíñas Lois, crego que foi da parroquia, folclorista, inventor do "berro seco" na romaría de San Fins do Castro. A Igrexa cedeu ao concello o uso do edificio durante uns 25 anos, máis ou menos. Os cartos da rehabilitación saen do erario público (como pasou no Couto). Esta é outra reflexión interesante. En fin. Así están as obras. Por certo... este balcón que mira

ARMANDO MARTÉN

Imaxe
Maca e Armando  enlace ao vídeo. Ola, preséntovos ao mellor profesor de danza de Galicia. É cubano e chámase Armando, ten unha compañía e é profesor do Conservatorio da Coruña. Engádovos un vídeo onde baila co seu compañeiro, Maca. Espero que vos guste e gocedes da impecable técnica que ten, chea de acrobacias e elegancia no movemento.

SOÑACHES COA LÚA?

Imaxe
Un fío de misterio científico invadiu hoxe os nosos soños. A Lúa de sangue tinguiunos de beleza,  nun ciclo que comeza e non se pechará ata o próximo eclipse destas características o 26 de maio do 2021. A Lúa de sangue é un eclipse lunar total, que se produce cando o Sol, a Terra e a Lúa alinéanse, e a Terra, como mediadora dos astros que nos alumean, ensombrece totalmente a Lúa chea, reflectíndoa de un ton vermello pola refracción da luz solar nas partículas de pó presentes na atmosfera. O extraordinario deste acontecemento é ademais que, o noso satélite, no seu percorrer pola órbita na que aperta á Terra, achégase ao noso carón todo o que pode, e sitúase a 360.000 km de distancia, fenómeno que se coñece como superlúa.

COR NO CORPO

Imaxe
A arte pódese xerar desde moitos puntos de vista, con diversas técnicas, sobre distintos soportes, o corpo como material, o corpo como color en movemento. A arte corporal é un recurso creativo máis, é pintar sobre un soporte novo como é o corpo.  En moitos casos queda a modo de tatuaxe e cunha pintura especial para a pel pódense facer debuxos moi interesantes.  A arte corporal (ou en inglés, body art) é un estilo enmarcado na arte conceptual, de grande importancia.  Xorde nos anos 60 en Europa e, en especial, en África. Trabállase co corpo como material plástico, píntase, tatúase, cálcase, ensúciase, cóbrese.  É como transformar; o corpo é o lenzo ou o soporte do traballo artístico.

POR UNHA LINGUAXE MÁIS IGUALITARIA: EXERIA.

Imaxe
Na procura dunha linguaxe máis igualitaria existen moitas guías que nos poden axudar a facer un emprego máis axeitado da nosa lingua, pero ademais atopamos unha aplicación chamada Exeria que detecta os erros lingüísticos de carácter sexista. Exeria permítenos analizar textos, localizar termos susceptíbeis de seren sexistas e ofrécenos alternativas e suxestións para mellorar estes usos. Unha das principais características de Exeria é a de partir dunha tecnoloxía aberta tanto no aspecto informático como lingüístico o que achega un valor engadido. Outra das súas vantaxes é que permite a súa integración con diferentes aplicacións dirixido inicialmente á súa integración con OpenOffice.org. Animádevos a empregala na procura dunha linguaxe non sexista! Neste senso propoñémosvos a realización do seguinte Pasagalego sobre o feminismo creado no IES Pontepedriña para poñer a proba o voso coñecemento sobre o léxico feminista.                                        

ACTIVIDADES DOS CLUBS DE LECTURA

Imaxe
Antes das vacacións de Nadal, os alumnos de 3º ESO, do club de lectura da profesora Eva Tizón, puideron "completar" a lectura do film Wonder , baseado na obra traballada,  La lección de August . Sempre é moi enriquecedor vincular literatura e cine!         Tamén houbo unha xuntanza-chocolatada, hai uns días, cos clubs de lectura de 1º e 2º ESO. Os alumnos foron agasallados cun libriño que servirá como segunda lectura:  Catro contos para unha data. Tamén se lles informou sobre o blog da nosa Biblioteca, artellandonabiblio, e se lles animou a participar nel, especialmente nas publicacións relativas a esta sección do Club de Lectura. Saúdos a todos... Sigamos lendo.

E ASÍ DE FERMOSA LUCIU A NOSA ÁRBORE

Imaxe
Na Biblioteca do IES Eduardo Pondal de Ponteceso pechamos o primeiro trimestre do presente curso coa actividade "Decora a túa árbore". O 21 de decembro tivo lugar a entrega de premios ao alumnado gañador desta convocatoria que tivo moito éxito. Foron numerosos os adornos presentados e cun alto nivel de elaboración, creatividade e orixinalidade. Todos eles serviron para decorar a árbore de Nadal do centro que iluminaba a entrada do instituto.

AS TECNOLOXÍAS QUE CHEGARÁN NO 2019

Imaxe
Coa chegada do mes de xaneiro, adoitamos facer listaxes de propósitos que melloren as nosas vidas así como de bos desexos para a humanidade. As tecnoloxías que están por vir  poden ser a chave para un xiro positivo na nosa forma de vida. É por iso, que é interesante coñecer as novidades dende xa.  A intelixencia artificial Os avances en intelixencia artificial chegan grazas ao machine learning  (aprendizaxe automática) que é a capacidade que teñen as máquinas de aprender por si soas, baseándose no recoñecemento de padróns, sen que ninguén as programara previamente. Os beneficios desta tecnoloxía afectarán principalmente á industria dos vehículos autónomos e aos robots. A cidade sensible. Chega un novo concepto de cidade, chea de sensores que monitorizarán a calidade do aire, os niveis de ruído e a actividade das persoas. Os robots terán un papel fundamental no transporte, percorrendo o subsolo para entregar paquetes por exemplo. Wearables médicos. Xa están aquí dist

FIOT, FESTIVAL INTERNACIONAL OUTONO DE TEATRO

Imaxe
Hoxe gustaríame falarvos do FIOT, un festival de teatro que se celebra en Carballo e que no pasado mes de outubro alcanzou a súa 27 edición. O FIOT está de noraboa, xa que hoxe, venres 11 de xaneiro, recibirá o Premio da Cultura Galega que lle foi outorgado pola Xunta de Galicia como recoñecemento ao seu labor en prol das Artes Escénicas. O fallo do xurado coñeceuse o pasado 24 de setembro na Cidade da Cultura de Santiago. Estes galardóns teñen como obxectivo apoiar a excelencia creativa, a capacidade de intercambio, a experimentación e a proxección da construción cultural de Galicia nos ámbitos das letras, das artes plásticas, das artes escénicas, da música, do audiovisual, da lingua, do patrimonio cultural e da proxección exterior, que son as oito modalidades que contemplan os galardóns. Unha vez coñecido o fallo do xurado o presidente da asociación cultural Telón e Aparte (asociación promotora do festival), Alberto Sueiro Pastoriza, declarou que o galardón “é unha honra e

JANELLE MONÁE

Imaxe
Cantante, produtora e actriz, a norteamericana Janelle Monáe fixo o disco do ano para a NPR, cadea de radio estadounidense que produce e distribúe contidos culturais. "Dirty Computer" inclúe temas pop , ás veces con toques psicodélicos ou funkies. Como actriz verémola na película biográfica sobre a periodista e activista Gloria Steinem , icona feminista dos 60 e 70. Como cantante aparece no cartel do Primavera Sound deste ano  xunto con artistas como Rosalía ou Solange. "Tightrope", do seu anterior album The ArchAndroid .

THE STRANGE CASE OF DR JEKYLL ANS MR HYDE

Imaxe
Que vos parece como propósito de ano novo unha visita a sección de literatura inglesa da nosa biblioteca? Clásicos adaptados  agárdanvos para que poidades vivir novas aventuras ao mesmo tempo que mellorades o voso inglés. Desta vez propóñémosvos o clásico de Robert Louis Stevenson, O extraño caso do Dr. Jekyll e Mr. Hyde (1886). Stevenson foi un escritor escocés de libros de aventuras tan coñecidos como A illa do tesouro, Frecha negra ou Secuestrados. Estas novelas foron traducidas a ducias de linguas e adaptadas ao teatro, cine e televisión en numerosas ocasións. Na novela O extraño caso do Dr. Jekyll e Mr. Hyde, o Dr Jekyll, brillante científico, descubre un fármaco capaz de transformalo no malvado Mr Hyde, a encarnación dos seus impulsos diabólicos. Os problemas aparecen cando empeza a escasearlle a poción e con ela a posibilidade  de volver a ser Dr jekyll. Que lado de Jekyll triunfará? ¿o bo ou o malo? How about paying a visit to the section of English literature

UNHA PARA ESCOITAR E OUTRA PARA LER

Imaxe
Unha para escoitar ... Coñeces a Ataque Escampe? Pois este grupo abre o dobre disco Ídolos adolescentes / A vida dos animais , que desde o día 31 do mes pasado se pode escoitar na Rede.  Con el renden tributo á súa audiencia máis nova e descoñecedora dalgunhas destas pezas. Só se encontra dispoñíbel en formato dixital e neste documento, da cara oculta da banda, percíbese a súa profunda evolución, practicamente a súa metamorfose. Sen abandonar nunca o folk, agora incorpora cumbia, dub, rumba, rap ou kraut. O territorio ampliouse. Por outra banda, Ídolos adolescentes... tamén permite entender o laborioso traballo de arranxos ao que Ataque Escampe somete as súas cancións. Se che apetece achegarte a este grupo e de paso ás nosas músicas, podes pinchar nos seguintes enlaces: https://ataqueescampe.bandcamp.com/album/dolos-adolescentes-2007-2011 https://ataqueescampe.bandcamp.com/album/a-vida-dos-animais-2012-2018 e outra para ler Hai alguén que a estas alturas siga crendo que