Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xuño, 2019

REMATAMOS O CURSO!! SUXESTIÓNS VERANIEGAS!!

Imaxe
E chegou o fin de curso cos seus apuros e as súas ansias de dar un bo remate a este intenso ano que nos deixa moitos recordos, algúns deles recollidos neste blog. Desde as diferentes seccións facemos esta publicación conxunta para que enchades o voso verán e non nos esquezades ata que voltemos coas pilas cargadas en setembro. Bo verán! DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA Ledicia Costas, autora coñecida no eido infantil e xuvenil, acaba de publicar unha novela orientada a un público máis adulto. Sorpréndenos con  Infamia , una novela próxima ao xénero negro e cun tratamento de temas que a sitúan lonxe da literatura para todos os públicos.  Infamia  é a historia de Emma Cruz, unha penalista que vai vivir ao espazo rururbano de Merlo, un lugar marcado pola desaparición de dúas nenas, as irmás Giraud, vinte e cinco anos atrás. En realidade, Emma Cruz é só a escusa para contar a historia colectiva de Merlo, volvéndose así forte a ligazón entre o xénero negro e a novela social. É así que  Infam

...PORQUE LAS ESTIRPES CONDENADAS A CIEN AÑOS DE SOLEDAD NO TENDRÍAN UNA SEGUNDA OPORTUNIDAD SOBRE LA TIERRA

Imaxe
Para rematar el curso comenzaremos con el final de la novela que hoy os vamos recomendar, Cien años de soledad  de Gabriel García Márquez., " ...porque las estirpes condenadas a cien años de soledad no tendrían una segunda oportunidad sobre la tierra. " Tras leer el final de la citada novela nos damos cuenta de que hemos concluido una obra de arte. Macondo siempre estará en nuestro universo literario y recordaremos con amor e ilusión al coronel Aureliano Buendía, a Amaranta o a Melquíades.  Y por todo lo anterior os pedimos, rogamos y suplicamos que os sumerjáis en esta lectura maravillosa que a pesar del título nunca os hará sentir solos. Gracias eternas Gabo!!!!

TRINTA ANOS DE HISTORIA... A CINCO COLUMNAS

Imaxe
O alumnado de Historia do mundo contemporáneo do IES Eduardo Pondal de Ponteceso montou unha exposición con primeiras planas orixinais de La Voz de Galicia, para as que elaborou cadanseu texto explicativo.  Titulada Trinta anos de Historia… a cinco columnas , recolle destacados feitos históricos, como guerras, atentados terroristas, a victoria de Zapatero, a morte de Fraga, o naufraxio do Mar Egeo, a voda real, a abdicación do Xoán Carlos I ou éxitos futbolísticos, entre outros fitos da historia recente.  Animádevos a botarlle unha ollada e a ler os textos. Que feito vos parece máis determinante no curso dos acontecementos históricos posteriores?

PLANETA OU PLÁSTICO?

Imaxe
Cada vez somos mais conscientes do cambio climático que se está a producir, que sopra no alento das nosas costas e xa asexamos na nosa contorna. Estamos a coñecer como nos últimos dez anos consumimos máis plástico que no século pasado, a sensibilizarnos coa devastadora presencia de plástico nos océanos, con vertidos anuais de case 9 toneladas de residuos plásticos e como, a través da cadea alimentaria, cinco dos alimentos que consumimos decote como o sal, moluscos, peixe e incluso a auga teñen microplásticos. Á marxe das grandes iniciativas, fáltanos crer como Eduardo Galeano que " Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo ". Así que dende a pequena Ponteceso, comprométete este verán a dar morte ás pallas de plástico mobilízate con iniciativas locais ou globais como estas  https://www.fridaysforfuture.org/

UNHA LECTURA DIFERENTE: MEMORALIA

Imaxe
Despois de todo un curso facendo traballo de campo e preguntando aos máis vellos, xa puidemos recoller, negro sobre o branco, os resultados do traballo de investigación dos alumnos de 4º ESO de Xeografía e Historia. Son varios artigos que xa ven a luz na segunda entrega de Memoralia, os Cadernos de Historia e Patrimonio. Versan sobre Ponteceso, Malpica, Cabana, Carballo (Berdillo) e Muxía. Algúns alumnos incluso aportaron gravación sonora dos contidos da investigación, como as coplas dunha cantareira de Mens ou o diálogo sobre a posguerra entre dúas mulleres de Berdillo.                                                      Uns están mellor ca outros, pero todos teñen o seu mérito. Noraboa a todos os alumnos, que ademais remataron hoxe o curso e marchan o luns a Barcelona (non haberá un destino mellor, por certo?).                                                         Na portada, que mellor que unha foto vinculada a Santo Hadrián (parroquial de Corme Aldea) na súa sem

EL JARDÍN DE JUANITA

Imaxe
"El jardín de Juanita" é o nome dun proxecto que arranca no ano 2016 da man da experta en creatividade Angélica Sátiro. Esta iniciativa xurde dende o movemento Filosofía Lúdica e o Proxecto Noria, que ten como obxectivo a formación de persoas éticamente responsables coa súa contorna, cuestionado desde un punto crítico a situación medioambiental do planeta. Esta semana ven de inaugurarse na Fundación Luís Seoane da Coruña unha exposición sobre o traballo que arredor deste proxecto están levando a cabo dúas escolas da Coruña.  Onte Angélica visitou Dombate, e alí, parte do profesorado das escolas da zona, tivemos a oportunidade de ter un encontro con ela. Ensinounos a ollar o mundo dende outra perspectiva, e afondamos no termo "Creatividade Cívica".  Deixovos aquí o enlace a unha das súas charlas sobre creatividade, se vos gusta podedes seguir investigando, que paga a pena. https://youtu.be/Uhu-EoslGw4

DICIONARIO GALNET: O MAIOR DICIONARIO PLURILINGÜE DO GALEGO.

Imaxe
O Seminario de Lingüística Informática da Universidade de Vigo acaba de publicar en Google Play, a tenda de aplicacións móbiles para os dispositivos con sistema operativo Android, o Dicionario Galnet, o maior dicionario plurilingüe do galego, unha obra con traducións e sinónimos para dez linguas: galego, portugués, catalán, vasco, español, inglés, alemán, latín, italiano e chinés. Segundo explica o profesor da Facultade de Filoloxía e Tradución Xavier Gómez Guinovart, coordinador do equipo que desenvolveu o dicionario GalNet , a aplicación móbil para Android que se acaba de presentar no mercado de Google utiliza o repertorio léxico de WordNet, un proxecto internacional no que participa o SLI desde 2010 co obxectivo de integrar o léxico galego nesta rede semántica interlingüística”, unha obra que reúne 725.000 palabras, das que 70.000 corresponden a verbas en galego. Desde o SLI fan fincapé en que a app para Android do Dicionario Galnet se pode descargar de balde nas tendas de

CLUB DE LECTURA: REMATE E REFLEXIÓN

Imaxe
O pasado venres celebrouse en Santiago, durante todo o día, a xuntanza anual dos Clubs de Lectura, na que expertos, asesores e profesores compartiron experiencias sobre este proxecto que, segundo alí se dixo, funciona bastante ben, e incluso é observado con atención desde fóra de Galicia. Así o confirmou un dos conferenciantes, José Antonio Millán, coordinador dun estudo sobre estas experiencias lectoras. María Reimóndez recibiu o premio dos Clubs de Lectura, xa que foi a autora máis representada neles. Un pracer escoitar a Marilar Aleixandre, académica da RAG e recén xubilada da docencia, faceta que ben se lle nota na súa amenidade comunicativa. Falou do papel da muller nas ciencias e nas letras. Remata o curso e, como coordinador, toca agradecer a profesores e alumnos a súa participación nas distintas seccións do Club do noso instituto: Jorge Cea, Eva Tizón, Eva García, Beatriz Fernández e Isabel Segura. Foron variados os xéneros lidos, desde narrativa e poesía, ata

ARGALLANDO COS ROBOTS

Argallando cos robots A programación é unha disciplina que nos acerca entornos de aprendizaxe para que os alumnos e alumnas adquiran melloras en habilidades como o pensamento lóxico, a resolución de problema e o traballo en equipo. Ao introducir os robots e a súa programación na aula propoñemos distintos retos que o alumnado ten que solventar e aprenden todas esas habilidades dun xeito lúdico e experimental. A continuación, presentámosvos unha pequena mostra do traballo que estamos a realizar na aula de informática na asignatura de Tecnoloxía de 3º ESO. Nestes vídeos os alumnos ensinan unha pequena mostra do traballo que estamos a realizar cos robots do departamento.

TEATRO YESES

Imaxe
Esta compañía da que vos quero falar hoxe, nace na antiga cárcere de mulleres de Madrid, Yeserías, no ano 1985 (de onde lle ven o seu nome), trasladándose posteriormente á prisión de Carabanchel Mulleres, e na actualidade con sede no Centro Penitenciario de Madrid I Mulleres, en Alcalá de Henares. Dende o primeiro momento trataron de facer algo máis aló dun obradoiro carcelario, e hoxe en día levan representado sobre as táboas máis de corenta espectáculos teatrais. Foto da compañía no Fórum de Barcelona Detrás deste proxecto está Elena Cánovas, unha funcionaria de prisións que confiou no teatro como ferramenta de transformación social. Esta semana, o diario EL PAÍS, ven de dedicarlle un monográfico sobre o seu traballo que creo que debería de ser de lectura obrigatoria. Déixovos aquí o enlace: https://elpais.com/sociedad/2019/05/30/pienso_luego_actuo/1559214479_468610.html

JANE EYRE: A NOVEL EVERY TEENAGE GIRL SHOULD READ

Imaxe
Today we would like to recommend you one of the novels by Charlotte Bronte, a well-known English novelist from the 19th century. I didn’t read the book as a teen. I wish I had. If I’d read it then, I might have identified with the restless, Jane – the 18-year-old young adult who is the main character for most of the book. Countless young women have read it and found inspiration in the poor and plain governess who refuses to be overcome by a world that is constantly trying to subjugate and belittle her. Jane Eyre is a book about finding one’s identity in the face of such adversity; it is a book about coming of age; and for this reason I believe it fits perfectly into the category of a young adult novel. It is, after all, about the concerns of a young adult. Young adult writing is often about firsts –first sparks of love, first kisses, first great disappointments. Jane Eyre, who has never seen a city, who has barely spoken to a man, is the typical young adult in this regard;

JANE EYRE (2011) - TRAILER HD

Imaxe

MAITE HONTELÉ

Imaxe
A trompetista holandesa Maite Hontelé está especializada en ritmos latinos. Ten colaboracións con artistas como Rubén Blades, Buena Vista Social Club , Óscar D´León ou El Gran Combo de Puerto rico, entre outros . Actualmente vive en Medellín ,Colombia ,centrada no seu último álbum"Cuba Linda" co que vai percorrrer distintos países.

A REDE MÁXICA INMATERIAL DOS CONTOS: OS SETE FALARES.

Imaxe
Se algo nos emociona é o patrimonio inmaterial dos contadores de historias, esa sabedoría, con máis ou menos dose de ficción, que dun xeito moi funcional chegou ata nós transmitindo sabedoría, valores, historia propia, humor, fantasía e sobre todo a cultura de saber escoitar, de ter tempo para abrir os oídos e os miolos de cara á reflexión e o divertimento. Entre o 6 e o 9 de xuño en Pontevedra podemos asistir á oitava edición de SETE FALARES , encontro internacional organizado por “Pavís, Pavós”, que é a Rede Internacional de Contacontos. Converteremos pois esta capital galega no eixo da arte de contar, todo un privilexio ben merecido para esta terra nosa, berce de innumerables contadores e contadoras anónimos e dun grupo de xente xa con nome gravado no espazo de honor desta arte inmaterial, fío máxico condutor que une culturas moi diversas noutras tantas paisaxes e xeitos de ollar. Conservarán as xeracións vindeiras esta rede? Na foto, Quico Cadaval, un dos grandes, nunha