ARTESANÍA DE GALICIA

Aproxímase un dos momentos do ano no que compartimos agasallos cos nosos seres queridos. Nestes días previos afanámonos por atopar algo especial para cada un deles, e así gozar da súa cara de ledicia no  momento de rachar o envoltorio e descubrir cal foi a nosa escolla. 

Vivimos nun país cheo de artesáns que traballan múltiples disciplinas, e por iso, e aproveitando que é momento de axudar a estes artistas que tantas dificultades están a pasar neste momento; quería propoñervos que este ano merquemos artesanía de Galicia para Nadal... Ou polo menos que nos acheguemos a botar unha ollada ao seu ben facer.

Anímovos a visitar a páxina web de Artesanía de Galicia, onde emprenderemos unha viaxe emocionante  navegando polas súas seccións: A Artesanía, Profesionais, A Fundación, Actualidade, Actuacións...

No seguinte enlace podedes visualizar o catálogo de Nadal que teñen elaborado para estas datas, unha proposta chea de ideas para todas as idades.

Rosa Isabel Rodríguez Vidal, redeira artesá


Comentarios

Publicacións populares deste blog

...PORQUE LAS ESTIRPES CONDENADAS A CIEN AÑOS DE SOLEDAD NO TENDRÍAN UNA SEGUNDA OPORTUNIDAD SOBRE LA TIERRA

EXTRAORDINARY WOMEN

Bo verán!!