Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2021

La Lindona de Galicia

Imaxe
Para conmemorar o Día Mundial do Teatro de 2021, O Consello da Cultura Galega recuperou un texto excepcional. O dramaturgo Andrés de Claramonte escribiu a principios do século XVII a obra  La Lindona de Galicia , unha peza teatral moi poucou coñecida na actualidade pero que conta con tres dimensións singulares para a nosa cultura: está ambientada nas loitas medievais polo trono de Galicia, nela a lingua galega convive en normalidade co castelán e descubrimos a unha gran personaxe literaria: a Lindona, unha poderosa e independente muller, gobernadora de facto do reino de Galicia. No especial preparado polo CCG poderá acceder a diferentes contidos que permiten coñecer esta sobranceira peza teatral, e que se publicarán na súa web e nas redes sociais do Consello da Cultura Galega entre o venres 25 de marzo e o martes 2 de abril de 2021, como a primeira ficción sonora producida pola institución, ou artigos de contexto elaborados por reputados especialistas sobre a obra, a Galicia da época

27 de marzo, Día Mundial do Teatro

Imaxe
Desde 1954 todos os anos, organizado por ITI, o Teatro das Nacións de París comezaba a súa tempada o 27 de marzo. Tratábase dun megaevento que buscaba acadar unha comuñón entre países despois da finalización da Segunda Guerra Mundial. O Instituto Internacional do Teatro, a institución encargada ata hoxe do Día Mundial do Teatro, é a organización artística máis grande do mundo. Creouse en 1948 por artistas, expertos teatrais e a Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (Unesco, pola súa sigla en inglés) e é actualmente unha organización sen fins de lucro. Sete anos despois, en 1961, foi elixido ese día como o día Mundial do Teatro e tivo a súa celebración en 1962. Convidado pola UNESCO, cada apertura tiña (e ten) como convidada ou convidado unha prestixiosa figura de talle mundial que comparte unha mensaxe sobre a arte, o teatro e a cultura, que se le en todas as salas do mundo e se traduce a vinte idiomas. Esa mensaxe foi pronunciado por primeira vez o 27

REAPERTURA DE MUSEOS

Imaxe
Agora que semella que as cousas van mellorando e podemos saír pasear e revisitar a cidade, aproveitando que os museos voltan abrir as súas portas, achégovos o enlace á información dos museos da cidade da Coruña.  Podemos atopar un amplo abano de posibilidades, dende a Torre de Hércules ao MUNCYT, pasando polo Museo Arqueolóxico, Museo da Arte Sacra, Museo de Belas Artes, Museo Militar, Museo dos Reloxos, Arte Contemporánea... Dende a páxina de turismo do concello da Coruña accedemos a toda a información necesaria para planificar unha visita sen sorpresas, xa que debido a situación actual en moitos deles hai que reservar a entrada con antelación.

MÓVETE CO GALEGO!

Imaxe
  Seguimos animándovos a participar en novos concursos nos que se incentive o uso do galego. Desta vez imos cun certame dirixido ao alumando dos institutos de Galicia e das zonas de fala galega fóra de Galicia que estea cursando 3º , 4º da ESO ou Bacharelato.  Trátase do concurso de vídeo Móvete posto en marcha polo Instituto da Lingua Galega da USC (ILG) que conmemora este 2021 o seu 50 aniversario.  O obxectivo deste concurso é, primeiramente, incentivar o uso do galego e, tamén, dar a coñecer o ILG entre a xente nova.  O prazo para participar está aberto ata o 31 de maio deste ano. Podedes participar de xeito individual ou en grupo, os vídeos deberán ser inéditos e non poderán susperar os dous minutos de duración nin os 300MB de tamaó. Os temas que se propoñen para o a creación de pezas audiovisuais son Móvete co galego , Conmóvete co galego e Promove o galego . Os vídeos difundiranse a través das contas de Instagram e Twitter do ILG a través da súa cale de YouTube. Os vídeos prem

SEMENTANDO NOVOS COMEZOS

Imaxe
 Chegamos á fin  da lectura intensa de Remexido de Patacas no club de 3º ESO  e, xusto coincidindo coa semana do 8 de marzo, a nosa compañeira e profesora Paula Cousillas déixanos esta reflexión sobre esta curta pero profunda novela: Despois de tanto tempo, Ana acabou por ser consciente das cadeas invisibles que apreixaban o seu corpo e o seu espírito a unha vida angustiosa e ensanguentada da que semellaba non ter azos para poder fuxir. A cociña, o espazo de reclusión no que a muller estivo secularmente ancorada, será tamén o espazo clave a través do cal a conciencia intentará agromar unha e outra vez, co obxectivo de que a nosa protagonista poida finalmente espertar do pesadelo no que se vira sometida toda unha vida. Remexido de patacas de Eli Ríos pon voz a todas aquelas mulleres que coñecemos e que se ven afogadas nunha relación machista e que, ao mesmo tempo, son incomprendidas por parte dunha sociedade que non acaba de entender ese sometemento no que están instauradas. Eli R

8 DE MARZO NO IES EDUARDO PONDAL DE PONTECESO

Imaxe
Un ano máis a colaboración do equipo de Biblioteca e o Departamento de Dinamización Lingüística tráenos a exposición de fotografía do 8 de marzo. Xa vai mais dunha década dende que comezamos con este proxecto que este ano achega a 16 mulleres relevantes e imprescindibles para a historia do feminismo. O Día da Muller foi instaurado en 1917 por Nacións Unidas e segundo a versión máis estendida, conmemora os sucesos ocorridos en 1908 en Nova Iorque, cando un grupo de costureiras industriais se declararon en folga para protestar polas súas condicións laborais, pedindo un aumento dos salarios e a redución da xornada laboral. Durante esta folga 129 mulleres morreron queimadas nun incendio na fábrica Cotton Textile Factory, provocado polos donos. Na actualidade, o 8 de marzo converteuse nun día de reivindicación por unha igualdade real entre homes e mulleres nos ámbitos laboral, social e político. E desde o noso instituto, un ano máis, lévase a cabo esta actividade en defensa dos dereitos das

ANITA BORG (1949-2003)

Imaxe
Hoxe ímovos presentar a Anita Borg. Unha importante científica estadounidense que sempre loitou por incrementar o número de mulleres no mundo STEM. Anita Borg conseguiu o seu primeiro traballo en programación en 1969 e doutorouse en Ciencias da Computación na Universidade de Nova York en 1981. A súa tese tratou sobre a eficiencia da sincronización nun sistema operativo. Tras doutorarse, Borg pasou catro anos desenvolvendo un sistema operativo baseado en Unix, primeiro para Auragen Systems Corporation de Nova Yersei e despois con Nixdorf Computer en Alemania. En 1986 incorporouse a Digital Equipment Corporation, onde traballou 12 anos e alí desenvoveu e patentou un método para xerar rastros de direccións completas para a análise e desño de sistemas de memoria de alta velocidade. Como enxeñeira consultora no Laboratorio de Sistemas de Rede, xunto a Brian Reid, desenvolveu MECCA, un sistema baseado na Web e correo electrónico para a comunicación nas comunidades virtuais. En 1997, Borg com

TEATRO NUN PODCAST

Imaxe
 A pandemia freou as nosas posibilidades de irmos ao teatro, mais non por iso o teatro parou. As redes sociais son un medio espectacular para nos mantermos informadas do que acontece coas artes escénicas mentres o mundo fica en pausa. Son tempos de repensar con calma a profesión, de artellar proxectos sen présas ou de crear foros de debate como este que vos propoñemos: o teatro como eixe temático dun podcast. As persoas detrás da conta @lapisepapel_gal manteñen viva a súa actividade, difundindo as últimas novas do mundo do teatro a través dun podcast e dunha canle no  youtube Se ben xa nos tarda volvermos aos teatros para ver teatro ao vivo, este é un xeito estupendo de manteren o seu público informado sobre o que está a acontecer agora mesmo.

COMPOSITORAS FABULOSAS (E SILENCIADAS)

Imaxe
  "Houbo un tempo no que eu crin ter talento creativo, pero renunciei a esa idea; unha muller non debe ter o desexo de compoñer: se ningunha puido facelo, por que vou poder eu?" Este texto foi escrito por Clara Wieck pouco antes de casarse con Robert Schumann e convertirse en Clara Schumann, unha das compositoras e intérpretes máis valoradas pola tradición musical, pero de ningunha forma á altura do que lle correspondería, segundo a crítica actual. Desde este 8M o meu recordo a todas esas mulleres que decidiron adicarse ao mundo da composición musical, coñecendo o seu futuro incerto . Houbo un tempo no que as mulleres con talento eran consideradas "anxos dotados"  non profesionalmente, e a súa música era obstinadamente recluída no ámbito privado. De ahí que moitas das súas obras non chegaran ata os nosos días. Mulleres coma Francesca Caccini, Barbara Strozzi, Elisabeth Jacquet de la Guerre, Marianna Martines, Fanny Hensel, Clara Schumann, Lili Boulanger e Elizabeth

MARY WOLLSTONECRAFT, ONE OF THE FIRST FEMINISTS

Imaxe
                                                    Mary Wollstonecraft, one of the first feminists. Since today is International Women's Day, we will like to remember Mary Wollstonecraft (1759-1797) since she is regarded as one of the founding feminists. Wollstonecraft is best kown for her work A Vindication of the Rights of Woman(1792), in which she declares that women are not born inferior to men, but appear to be so because they lack education. She also argues that both men and women should be treated as rational beings and receive the same type of education. She always defended the independence of women and defied all sorts of conventionalisms. She even set up a school for women in which she tried to teach the same subjects men were taught and not only superficial ones. Unfortunately she had to close it down due to financial difficulties and had to work as a governess. From an early age she wrote about the limited career options opened to repectable yet poor women. She also

ARSÈNE LUPIN

Imaxe
  Hoy os traemos una novela clásica que ha vuelto a tener éxito editorial gracias a su adaptación televisiva. Se trata de Arsène Lupin. Caballero ladrón,  del escritor Maurice Leblanc (1864-1941). En esencia, sería el trasunto a la francesa del famoso Sherlock Holmes de Sir Arthur Conan Doyle. Esta nueva edición del libro recoge los nueve primeros relatos del carismático ladrón de guante blanco. Tan popular y emblemático como Sherlock Holmes o acaso más, Arsène Lupin es un personaje inolvidable, convertido ya en leyenda. Experto en derecho y medicina, diestro en artes marciales, además de prestidigitador y auténtico seductor, Lupin es un héroe de los bajos fondos a quien nadie gana en sagacidad. Ánimo con esta lectura detectivesca!!!

TAL DÍA COMO HOXE... fai 200 anos

Imaxe
                      O 2 de marzo de 1821 España se iniciaba na loita pola adquisición dos dereitos dos obreiros.  Os protagonistas: uns mil douscentos campesiños e xornaleiros que, en tempos mortos, intentaban compensar os escasos beneficios que obtiñan da agricultura cardando e fiando lá dende as súas casas .  O lugar: Alcoy, un municipio da provincia de Alicante que por aquel momento contaba con case 11.000 habitantes . A principios do século XIX a dinámica económica de Alcoy era unha excepción dentro de España: si ben a maioría do país continuaba a vivir dos recursos que aportaba o sector primario neste pequeno municipio valenciano aparecían as primeiras fábricas téxtiles e a poboación que se dedicaba a esta actividade (48%) era máis da que se empregaba na agricultura (33%) . Pero... como fora posible que un territorio como Alcoy comezara a seguir o exemplo doutras grandes cidades industriais como Barcelona ou incluso Londres? Unha suma de factores explican o cambio, entre el

Can, lobo ou lobicán?

Imaxe
  O Club de Ciencias está a mover unha enquisa moi interesante que de seguro che vai presentar algún que outro desafío. Que ves na foto: un lobo ou un can? Preme no enlace ou escanea o código qr e comproba os teus coñecementos. Para accederes á enquisa, tes que escribir: CIENCIAS3161

O maletín do tratante de xutes enerxéticos

Imaxe
Un tratante pasou hoxe polo insti e deixounos un maletín xunto cunhas tarxetas. Dixo que tiña unhas mostras que nos podían interesar, pero non nos quedou claro como tiñamos que abrilo. E, cando xa marchara, decatámonos que nas tarxetas non vén ningún número de contacto, só unhas letras que non entendemos. De saberdes quen é e como localizalo, por favor, avísade en conserxaría. Se ao longo da semana non aparece o home, o luns 8M procederemos a abrir o maletín no Salón do Club de Letras (aula 206, edif2), onde o temos custodiado. Intentarémolo durante varios recreos até conseguilo. Pedimos mentes lúcidas para atopar a combinación. Deixou algunhas mostras fóra do maletín e por fóra deste pon que é "TRATANTE  DE XUTES ENERXÉTICOS". Corróenos a curiosidade...