Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2019

XOGANDO CON PLASTILINA

Imaxe
PLASTILINA CONDUCTIVA  O pasado mes de marzo, con motivo da celebración da Semana Cultural no IES Eduardo Pondal, o departamento de Tecnoloxía realizou un taller de plastilina condutiva cos alumnos de 1º da ESO. Cunha fórmula totalmente caseira e algúns elementos tecnolóxicos como pilas ou leds,fixádevos que bo rato pasamos!   RECEITA : Para facer a plastilina condutiva precisamos: 1 ½ tazas de fariña 1 taza de auga ¼ taza de sal 3 cullerada de crema tártaro (ou 9 culleradas sopera de limón) 1 cullerada de aceite de cociña Colorante para alimentos Para facer a plastilina illante precisamos: 1 ½ tazas de fariña ½ taza de azúcar 3 culleradas de aceite de cociña ½ taza de auga destilada Tamén podes usar calquer plastilina comercial,xa que a maioría delas son illantes. Para o montaxe das experiencias: 4 Pilas de 1,5 voltios (ou uhna pila de 9 voltios) Un soporte para pilas con cables Algúns LED Un motor de xoguete Un zumbador Mezcla todos os i

NEORETRANCA E POSMORRIÑA, CENTRO DRAMÁTICO GALEGO

Imaxe
FANTASÍA Nº 5 EN SOL OU NON "Unha varredora baila levando a area que moveu a treboada de novo no seu sitio: recoloca o mundo atacado polo home. Alguén pinta no muro "Viva España". Unha vella agarda pola morte. Mentres tanto, a moza que vai saír de marcha non sabe como combinar a saia de Zara co pano tan bonito da súa bisavoa. No micrófono, alguén berra: XA NON HAI TEMPO PARA APOIARSE NAS PAREDES. E na parede, alguén pinta: MIÑA NAI FALA GALEGO MI PADRE HABLA CASTELLANO 50 AÑOS FELICES. As vellas botan "gasofa" na terra para que medren as cenorias. E nós preguntámonos cando chegará unha xeración verdadeiramente apaixonada, unha desas de LUME (pero outro lume, eh!). En proscenio: a maleta." (Fotografía: A Voz de Galicia) Gena Baamonde dirixe Neorretranca e posmorriña para o CDG cun elenco integramente feminino do que forman parte Ánxela Blanco, Areta Bolado, Olga Cameselle, Mercedes Castro, Raquel Espada, Anabell Gago, Atenea García, Andrea Qu

DORA SALVATORE

Imaxe
Dora Postigo, filla do músico Diego Postigo e da desaparecida Bimba Bosé e sobriña de Miguel Bosé, ten unha longa traxectoria nas redes, nas que publica covers de artistas coma Rihanna,  Bruno Mars ou Nina Simone . Agora,  con catorce anos e co nome artístico de Dora Salvatore, lanza o single "Saving Star" , un tema de pop electrónico que anuncia a chegada do disco "Salvatore" e que está composto por ela mesma.                        

EASTER IN THE USA

Imaxe
Easter is a major religious festival celebrated  in grand manner in many countries. Every country has some peculiar traditons. It is interesting to explore facts about Easter traditions in the USA. EASTER BUNNY AND EASTER EGGS HUNT On Easter Sunday children wake up to find that the Easter Bunny has left them baskets of candy. He has also hidden the eggs that they decorated earlier that week. Children hunt for the eggs all around the house. Neighbourhoods and organisations hold Easter eggs hunts, and the child who finds the most eggs wins a prize. EASTER EGG ROLL Children roll eggs down hills on Easter morning, a game which is connected to the rolling away of the rock from Jesus Christ's tomb when he was resurrected. British settlers brought this custom to the New World.The event has grown, and today Easter Monday is the only day of the year when tourists are allowed to wander over the White House lawn. The wife of the President sponsors it for the children of the ent

PREMIO CERVANTES 2019

Imaxe
El destino o casualidad, depende del punto de vista,  nos ha dado la oportunidad de publicar nuestra sección de literatura en lengua castellana el 23 de abril. Todos y todas conocemos la importancia de esta fecha para la literatura y sobre todo para el libro. Por eso hoy nos haremos eco del flamante Premio Cervantes: la autora Ida Vitale. Con casi un siglo a sus cuestas la autora uruguaya recibe hoy el homenaje del mundo de las letras. Con Vitale se rompe, por sexta vez, la tradición de alternar el galardón a un lado y otro del charco, pues el año pasado el Cervantes recayó en el nicaragüense Sergio Ramírez. Vitale es la quinta mujer en recibir el premio, después de María Zambrano en 1988, Dulce María Loynaz en 1992, Ana María Matute en 2010 y Elena Poniatowska en 2013. Nacida en Montevideo el 2 de noviembre de 1923, Vitale es una de las grandes poetas de la lengua española. A los versos ha dedicado su vida, aunque a lo largo de los años haya ejercido de periodista, tra

MISTERIOSA INSCRICIÓN EN CORME

Imaxe
Que a historia dos grandes acontecementos e dos grandes homes debe ser estudada é algo que ninguén dubida. Pero tamén temos a historia local, inmediata a nós, que permanece descoñecida e ignorada moitas veces. Hai uns días, Suso Lista formulou en facebook as súas dúbidas sobre a inscrición cuxa foto achego (co permiso de Suso, pois a fixo el), reaproveitada para o muro da capela de San Xosé e San Francisco da Escobia, en Corme Aldea. Teño que dicir que a min xa me causou bastantes dúbidas, moitas. A vós que vos parece? Sodes quen de ler algo? O máis doado é a última liña, que son números romanos e alude á data da fundación do edificio ao que pertencía este epígrafe, que seguramente sería (érao, podo confirmalo con documentos) a capela anterior, pois a que vemos hoxe é unha renovación. Acéptanse suxerencias. Por certo, no lintel da porta desta capela hai outra inscrición perfectamente lexible. Isto de ler epígrafes é moito máis divertido do que se pensa. Á fin de contas, é unha tarefa

DANZA EN CARBALLO

Imaxe
Ao fin, xa está aquí, xa chegou ! Temos unha gran oportunidade para ver danza de moita calidade na nosa zona. " Primavera en danza" é un Festival do movemento artístico que teremos a oportunidade de gozar no mes de maio, en Carballo. No cartel adxunto aparecen as datas es os seus protagonistas, bailaríns e bailarinas contemporáneos de moito nivel. Espero vervos alí.

A PREDICCIÓN DE EINSTEIN: BURATOS NEGROS

Imaxe
Lembro con asombro a figura de Albert Einstein cando na universidade estudaba en quinto curso a Teoría da Relatividade Especial, onde a curvatura do espazo-tempo debida a gravidade é despreciable. Apenas eramos seis alumnos nesta materia e moitas veces tiñámonos que reunir para resolver problemas que nos axudasen a comprender os seus estudos. A súa mente sí era especial, única na Historia, como a súa intuición, que albiscou os buratos negros, estrelas colapsadas con tal densidade que nin sequera a luz do sol podía penetrar no seu interior.  "Hoxe tomamos a primeira imaxe dun burato negro", aseguraba hoxe emocionado o director de EHT, Sheperd S. Doeleman, do Centro de Astrofísica de Harvard & Smithsonian (Estados Unidos), nunha rolda de prensa celebrada en Washington, un acontecemento que calificaba como 'un feito histórico' obtido grazas ao esforzo colectivo de máis de 200 investigadores. Ata o de agora, a presenza de buratos negros  fora confirmada

A FUNDACIÓN LUÍS SEOANE

Imaxe
Convidámosvos hoxe a visitar a Fundación Luís Seoane na Coruña. Unha visita indispensable coa que achegarse á obra e vida deste gran pintor; e tamén unha posibilidade de ver as exposicións temporais que o museo oferta. A vida de Luís Seoane (Bos Aires 1910-A Coruña 1979) foi unha longa viaxe á través do século XX. Formado na época da dictadura de Primo de Rivera, loitador nos anos da República, fuxido en 1936, organizador e promotor da vida cultural no exilio, viaxeiro polo mundo e atento aos múltiples discuros que ía xerando a súa época, Seoane foi testemuña de excepción deste século axitado e convulso. A súa obra, vasta e diversificada, o seu pensamento aberto, as súas iniciativas, convérteno nun personaxe destacado no panorama da cultura galega e española do século XX, que axudou a construir co seu esforzo, o seu talento e o seu compromiso. A Fundación garda un valioso patrimonio dun dos grandes intelectuais galegos do século XX, seguramente o máis universal e o máis co

"INSTRUCCIONES PARA EMPEZAR A HABLAR GALLEGO"

Imaxe
Este é o título do filme dirixido polo director burelés Matías Nicieza baseado nunha trama ideada polo escritor e profesor Séchu Sende incluída no seu libro Made in Galiza .. O filme acaba de gañar o II Certame de curtas de Alfoz, enmarcado no VII Festi-Val de Cine.  Dunha forma sarcástica e simpática, coa típica retranca galega, o filme describe o ridículo daqueles que pensan que falar galego é falar dunha forma estraña. A película, protagonizada polo gran actor Antonio Jesús Lorenzo "Cachín", conta no seu reparto con coñecidos actores de teatro da Mariña, de grupos como O Bordelo, Pico do Castro, Raiolas ou O Centiño. Aquí volo deixo para que o disfrutedes!

LECTURA Y VIAJE: UNA COMBINACIÓN MARAVILLOSA

Imaxe
Entre los muchos y gratificantes efectos de la lectura se halla el ser esta un complemento maravilloso para la experiencia del viaje, entiéndase del viaje como vivencia cultural, amplia y exquisitamente formativa. Sabido es que existe la etiqueta de "literatura de viajes", cuya obra inaugural podríamos decir que es la Odisea de Homero. Sin salir del mundo antiguo, traemos hoy aquí una obra de lectura recomendable para un futuro viaje a Roma: Un otoño romano , de Javier Reverte, el autor de viajes más leído en España. Mucho se aprende de Roma, de la antigua y de la barroca, pero también se aportan datos prácticos (costumbres, lugares donde comer, etc.) de la Roma de hoy, de esta Ciudad Eterna, cosmopolita, en la que uno se siente como en casa.   Lo más flojo es la última parte del libro, porque se reduce a los aspectos más específicamente personales del autor en su estancia en Roma, con muchas alusiones a la metereología romana en el tránsito del otoño al invi

MÁIS LITERATURA DA COSTA DA MORTE: O SONO DAS SEREAS

Imaxe
Xornada matutina no Arquivo Diocesano de Santiago, hai xa algúns meses. Un dos máis laureados escritores de Galicia, filólogo e xornalista de formación e docente universitario de profesión, consulta libros parroquiais. Se cadra eran os da freguesía laxense de Santiago de Traba, citados na obra por certo. Si, precisamente aquí está ambientada a breve novela, só 157 páxinas, de Xosé A. Neira Cruz:  O sono das sereas  (Premio Repsol 2017, Galaxia). É obvio que a Costa da Morte está a converterse nun espazo literario de seu. No ronsel de  Costa do Solpor  de Xosé María Lema ou  O anxo negro  de Manuel Gago, o relato é unha homenaxe máis a esta enfeitizante terra na que nos tocou vivir. O plano do presente: unha médica moza, unha restauradora de arte sacra que se aloxa na casa do cura, o garrido párroco de Traba, unha vella desacougante que reside tamén na reitoral… e unha casa habitada por mulleres, unha delas que case xa non é deste mundo. Os feitos do pasado: un náufrago, artista nó

ERASMUS NA LISBOA

Imaxe
O pasado luns chegaban a Lisboa dous alumnos da especialidade de Electromecánica e dúas alumnas do ciclo de Xestión Administrativa, para facer as súas prácticas profesionais. Isto é posible grazas o proxecto Erasmus do noso centro, que coa súa filosofía de romper barreras, conseguiu as becas de movilidade para que estes rapaces, puideran pasar un mes das súas vidas noutro país. Seguro que a experiencia é todo un éxito e que en futuros anos mais estudiantes de Ponteceso seguirán formándose en distintos países de Unión Europea.  Grazas ó noso socio colaborador o INETE (Instituto Técnico de Lisboa) pola fabulosa benvida e a súa axuda en todo momento. Aquí deixo as fotos do seu primeiro día.

"CELEBRACIÓN. A GRAN NOITE"

Imaxe
Este venres, 5 de abril, visitaremos o Salón do Libro en Pontevedra. Á saída acudirán, entre outros, o alumnado da materia de teatro e do grupo de teatro do insti. Alí teremos a oportunidade de asistir á representación teatral de "Celebración. A gran noite", a última comedia da compañía Sarabela Teatro que foi estreada o pasado 20 de setembro no auditorio de Ourense. Unha celebración á que ninguén quere faltar se quere ser alguén na sociedade actual. De modo que convidados e non convidados teñen que estar. Así presenta Sarabela Teatro a súa nova proposta: «É unha comedia delirante ao redor do asalto ao poder (...) Trátase dunha metáfora da exclusión social», explica Fina Calleja, unha das actrices protagonistas do espectáculo xunto a Nate Borrajo, Sabela Gago, Elena Seijo e Fernando Dacosta. Nesta celebración que escenifica Sarabela, os protagonistas, non convidados á cita, van  iniciar unha revolución xunto a outros excluídos para tomar o poder coa intención de mo