Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2020

ASINA POR UNHA PROGRAMACIÓN INFANTIL E XUVENIL EN GALEGO!!

Imaxe
 Sabiades que a galega é a única lingua oficial do Estado español que non conta cunha canle de emisión continuada de programación infantil e xuvenil? Canles como Clan, Super3 ou ETB3 permiten aos rapaces e rapazas do Estado español desfrutaren dos mellores contidos televisivos na súa lingua propia agás as crianzas galegas. Só un 4.6% da programación telivisiva semanal está en galego e na fin de semana cae ata un 2,7%. Da urxenza de mudar este alarmante retroceso da presenza da linga galega na programación televisiva nace unha iniciativa parlamentaria que reclama unha canle Xabarín Club na TVG que emita continuadamente en galego e coa súa App, todos os días do ano, contidos actuais, anteriores de éxito, atractivos e de interese para a infancia e a mocidade galega. A petición, que reuniu a través da web preto de 15000 sinaturas, está agora na fase de recollida física de apoios para o trámite parlamentario. Máis de 250 establecementos de todas as comarcas galega colaboran coa mesa pola No

ATENCIÓN!!! BÚSCASE PÚBLICO LECTOR!!!

Imaxe
Arranca o curso, as actividades da Biblioteca e non podía ser este comezo sen contar co funcionamento dos clubs de lectura . É por isto que buscamos manter esta dinámica neste novo curso tan especial a pesar das múltiples circunstacias adversas que nos estamos atopando xa sexa as orzamentarias (non hai este curso, de momento, unha convocatoria de apoio aos clubs de lectura escolares por parte da Consellería) ou as funcionais que nos impón esta "tormenta" do coronavirus. Tentaremos manter os clubs de lectura presenciais aínda que non deixamos de contemplar a opción da virtualidade como forma de partillar impresións e  interpretacións diferentes das lecturas que se propoñan. Lecturas de xéneros diferentes, en galego, castelán, inglés...pero sempre lecturas que nos permita viaxar a outros lugares, outros tempos, noutras personaxes, onde non atoparemos os límites impostos pola nosa realidade actual. Para iniciar esta nova andaina lectora precisamos de ti, de vós, lectoras e lecto

EMPEZAMOS CURSO!

Imaxe
Benvidas e benvidos a este curso tan atípico e especial que estamos arrancando. Desde o equipo da Biblio levamos días traballando para que todo funcione da mellor das maneiras e podamos seguir empregando a biblio a pleno rendemento. E que mellor xeito de empezar o curso que con propostas de concursos que requiren da vosa participación e enxeño.  Como sabedes o pasado sábado 24 de outubro celebrouse o "Día das Bibliotecas" , e o reclamo era participar en dous divertidos concursos: "Pillados na biblio" e "Booktubers". Ao longo desta semana saberemos quen son as e os gañadores destas dúas propostas.  E sen perder tempo temos outras dúas convocatorias para este venres 30 de outubro. Co gallo da celebración do SAMAÍN , celebración de orixe celta, Vicedirección, o EDLG ( Equipo de Dinamización Lingüística) e a Biblioteca organizan dos concursos nos que non vos dará ningún medo participar: CONCURSO DE MÁSCARAS As bases para participar no concurso son as seguinte