Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xaneiro, 2021

MY FRENCH FILM FESTIVAL: LE CINÉMA FRANÇAIS SÓUVRE AU MONDE ENTIER!

Imaxe
MyFrenchFilmFestival.com  est un concept inédit qui a pour but de permettre aux internautes du monde entier de partager leur amour du cinéma français. Pour sa onzième édition, le festival revient avec de nouveaux films, de nouvelles plateformes partenaires et des lancements en salles dans plusieurs territoires. La sélection 2021 est organisée autour de thématiques représentatives de la diversité et de la vitalité du cinéma francophone.   Forever Young , parcours initiatique de la jeunesse et du passage de l'adolescence à l'âge adulte. Notes d'humour, de tendresse et de situations familiales compliquées dans Crazy Loving Families . À travers des portraits poignants, explosifs et uniques, True Heroines célèbre les figures de femmes et de filles, seules maîtresses de leur destin. French Ghost Stories offre un aperçu de diverses histoires de fantômes « françaises ». On the Road évoque les migrations de femmes et d'hommes au cinéma, fuyant les conflits internationau

PERDIDOS, A SERIE QUE INICIOU A ÉPOCA DOURADA DA TELEVISIÓN

Imaxe
 Alá polo ano 2004 Damon Lindelof e J.J. Abrams iniciaban o proxecto da serie Lost  ( Perdidos ) e iniciaban un camiño de éxito e gloria. A serie narra as vivencias dos pasaxeiros superviventes do voo 815 de Oceanic Airlines Sidnei - Os Ánxeles nunha illa deserta, na que acontecen sucesos moi enigmáticos. A historia avanza con referencias continuas ás historias dos protagonistas antes do accidente.  Ao longo das súas seis temporadas vai gañando moitos seguidores e hoxe en día é recoñecida como unha das mellores series de todos os tempos, debido en boa medida a trama complexa que presenta e a diversidade dos personaxes que están maxistralmente caracterizados. A crítica aclamou esta serie e acadou moitos premios, aínda que para moitos o final... En definitiva, trátase dun clásico que contribuiu a iniciar o camiño das series como obras artísticas ao nivel do cine. Animámosvos a voar na historia e perdervos nesa illa fantástica.

PIET MONDRIAN NO MUSEO REINA SOFÍA

Imaxe
A principios do século XX iniciouse nos Países Baixos un movemento artístico completamente novo, unha arte abstracta baseada nas relacións entre formas rectangulares, planos de cor e líñas rectas. En plena Primeira Guerra Mundial un grupo de artistas holandeses novos promocionaban este movemento na súa revista de nova creación De Stijl . Defendían a versatilidade da pintura, que convertían en arquitectura, e ás artes aplicadas na escultura e ó deseño outorgábanlle categoría de arte. O proxecto foi collendo fama, artistas de todo o mundo sentíronse atraídos polo seu enfoque multidisciplinar e crearon proxectos conxuntos. Piet Mondrian foi o pai fundador desta arte nova. El comezara a súa carreira no ano 1982 como pintor de paisaxes holandesas. Ata que no ano 1905 chegou á idea de que a beleza reside no xeito no que formas e cores producen unha plasticidade pictórica que dispara directamente ao ollo do espectador.  Durante mais de dez anos afondou neste concepto, concluíndo que a beleza

O GALEGO NAS REDES: #DÍGOCHO EU.

Imaxe
 Podemos dicir que dende hai exactamente un ano, o galego está a ter unha presenza máis activa nas diferentes redes sociais e nos medios audiovisuais grazas a un proxecto chamado Dígocho eu,   ao que pon cara e voz a xornalista verinesa Esther Estévez.  Esta xornalista xunto co coordinador Carlos Amado e a linguïsta Rocío Pérez traballan cada día para deixar claro un novo concepto sobre a fala e o resultado estase a converter nunha referencia para aqueles que queren aprender ou mellorar a súa expresión en lingua galega.  A clave do exitoso programa está en crear un formato breve e atractivo, vídeos curtos con explicacións de palabras ou expresións incorrectas e o seu uso correcto. Á brevidade únese a diversión, fórmula máxica na que pode residir a explicación do triunfo do proxecto. O resultado final básase pois en tópico clásicos como prodesse e delectare, esto é, "ensinar deleitando", ensinar e ao mesmo tempo divertirse, botar unhas risas.  "Dígocho eu" cólgase en

COMEZAMOS CUN PLAN DE RESCATE

Imaxe
Plan de rescate é o título do primeiro libro co que dá comezo a andaina lectora do club de lectura de 1ºESO.  Esta novela de Antía Yañez sitúanos ante uns personaxes con capacidades diversas que simplemente son diferentes, nin mellores nin peores, pero capaces de idear un plan de rescate para liberar ao seu colexio duns secuestradores.  A protagonista e narradora da novela é Noela, unha rapaza faladora e desgarbada que anda en cadeira de rodas. No colexio comparte a aula de apoio con outros rapaces e rapazas con diferentes capacidades. Un día, a escola é secuestrada por dúas persoas con rostro oculto. Porén, Noela e os seus compañeiros pasan desapercibidos para os secuestradores, polo que deciden trazar un plan para rescatar o colexio.  Dividíndose e sorprendendo aos secuestradores por diversos flancos e armados con dúas guitarras, o grupo consegue neutralizar e desarmar a parella de asaltantes. Ao tirar a media da cabeza dos secuestradores, o profesorado dáse de conta de que son Beni

NOVA SECCIÓN DE ÁLBUM ILUSTRADO

Imaxe
Co 2021 chega a nosa biblio unha nova sección: "Álbum ilustrado" Non sabes o que é  un álbum ilustrado? Pois é un conxunto de imaxe gráfica e relato literario no que ambas representacións artísticas compleméntanse e interactúan entre elas. O que o distingue dun libro ilustrado é que este contén unha historia contada con palabas, onde as imáxenes so ilustran momentos puntuais de dita historia. Pero nun álbum ilustrado as imaxes contan a historia, e o texto interactúa con elas de diferentes formas. Neles, a calidade artísticas dos debuxos, a súa orixinalidade e o xogo entre o texto e a imaxe farán que nos atrapen as historias que narran. Neste tipo de obras ilustrador e escritor soen ser a mesma persoa. As veces imaxe e texto contradícense, e as veces son complementarios, pero en todos os casos establécese entre eles unha estreita relación que define a calidade do álbum ilustrado.  Fragmento de Emigrantes de Tan Shaun O lector é quen crea a historia que sucede entre unha imaxe

#NOMOREMATILDAS

Imaxe
  #NOMOREMATILDAS Coñecedes o movemento #nomorematildas? Este movemento quere rescatar do esquecemento os logros das grandes científicas da historia, pensando tamén no futuro. Parástesvos a pensar que tería pasado se Einstein fora muller? É posible que o seu nome non o coñeceramos de moito. Por que? Porque os méritos dos seus descubrimentos serían para algún compañeiro ou incluso para o seu marido. Non vos sorprendades, xa ten pasado moitas veces. O "efecto Matilda" é ese fenómeno polo que os achados de mulleres científicas quedaron relegados, de  forma sistemática, ao esquecemento. Algúns exemplos: Hildegarda de Bingen, Nettie Stevens, Lise Meitner, Marietta Blau, Rosalind Franklin, ... Con #nomorematildas preténdese devolverlles o protagonismo a esas científicas que nunca deberon ser invisibles e dálas a coñecer á sociedade en xeral e aos máis novos en particular, coa esperanza de que axude a espertar nas nenas vocacións científicas. Os libros de texto son unha mostra da ur

ARTELLANDO UN TEXTO TEATRAL

Imaxe
  De certo que poucas veces imos ter a oportunidade de colaborarmos na creación unha peza de teatro. É por iso que a proposta que achegou Talía Teatro é tan gorentosa para nós. Están a facer un traballo de recollida de material para a creación dun novo espectáculo arredor da lingua e queren a nosa colaboración. Vai ser un espectáculo de corte cómico-didáctico sobre a nosa lingua. O que precisan de nós é se lles podemos achegar unha ou varias anécdotas, de distinta índole relacionadas co galego: - anécdotas reais que che sucederon a ti ou a coñecidos, - anécdotas de corte histórico - lendas de corte popular O motivo desta recompilación é a busca dunha pluralidade de informadores/as que permitan crear un collage sobre a situación da nosa lingua, actual pero tamén histórica. Podes enviarlles un texto ao correo electrónico: info@taliateatro.gal indicando os seguintes datos: Tipo de anécdota/ Ámbito xeográfico (se o hai)/ cóntanos a anécdota. Que non che vén á cabeza ningunha

VERDI- 120 ANOS DA SÚA MORTE

Imaxe
 Este mes de xaneiro hai 120 anos da súa morte. Un dos compositores máis xeniais de todos os tempos. Na súa terceira ópera, Nabucco , o público italiano asociou a historia do pobo xudeu en Babilonia coa situación de opresión que vivía o país transalpino baixo o dominio austríaco. Rigoletto, Il trovatore, La traviata, Aída... figuran entre os dramas musicais máis apreciados de todo o mundo. Giuseppe Verdi naceu na modesta posada que rexentaba o seu pai en Roncole, na provincia de Parma. O organista da parroquia, pronto advertiu o seu talento musical, polo que aos oito anos de idade o seu pai lle mercou unha "miserable" espineta - coma el mismo definiu posteriormente- que actualmente se pode ver na Casa Verdi , en Milán

TALES OF MYSTERY AND IMAGINATION

Imaxe
Today, we would like to recommend this book of short stories by Edgar Allan Poe. As usual, you can find it in our school library, in the section about books written in English. Poe(1809-1849) was an American poet and short story writer best known for his amazing short stories and poems which captured the interest and imagination of readers all around the world.  His imaginative storytelling and tales of mystery and horror gave birth to the modern detective story. In his stories he shows how the human mind is a dark, mysterious pit, which sometimes works in  strange and frightening ways. That sound in the night... is it a door banging in the wind, or a murdered man knocking inside his coffin? The face in the mirror... is it yours, or the face of someone standing behind you, who is never there when you turn around? In this book, you can read the abridged versions of five famous stories: The Fall of the House of Usher, The Black Cat, The Masque of the red Death, William Wilson and the Tel

TAL DÍA COMO HOXE... Fai 62 anos

Imaxe
O 12 de xaneiro de 1959 dábase a coñecer ao mundo o que, hoxe, se coñece como “a gran catedral da Prehistoria no Mediterráneo”. O lugar: a cidade de Nerja, situada a un kilómetro da localidade malagueña de Macro. Os protagonistas: 5 amigos curiosos e adolescentes de entre 14 e 21 anos (Francisco Navas, José Torres, Jose Luís Barbero e os irmáns Miguel e Manuel Zorrilla).      Os cinco amigos dedicaban cada tarde a subir ao monte para xogar a cazar morcegos. Nunha ocasión avistaron a un grupo numeroso destes mamíferos nocturnos, seguíronos e viron como se escondían nunha cavidade entre estalagmitas. Como non podían acceder ao interior do lugar decidiron regresar ao día seguinte (12 de xaneiro) armados dun martelo e unha lanterna. Ese 12 de xaneiro romperon as estalagmitas e abriron un furado para saltar á escuridade do interior. Manuel, que era o máis corpulento, colleu os pes de Francisco, o máis delgadiño, e deslizouse pola parede. Agarrado polo seu amigo baixou ata que comprob