Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Decembro, 2018

QUE FACER NO NADAL?

Imaxe
É bastante probable que nos próximos días, te fagas con frecuencia esta pregunta: que merco para esta ou aquela persoa? Queremos darche un consello: non gastes moitos cartos e, sobre todo, non entres nese vórtice de consumo, no que nos mergullamos cada ano por estas datas. Mais, se non podes ou non queres evitalo, recomendámosche que fagas agasallos na túa lingua. Como suxestión, podes visitar, por exemplo, a seguinte páxina, aínda que non é a única. agasallo.eu  ou ben podes axudarte da app Abertos ao galego onde atoparás comercios e estabelecementos comprometidos coa nosa lingua. E chegou o descanso merecido tras unha semana chea de actividade, a celebración do día do himno, o encontro poético e o acto contra a violencia de xénero. Deixámosvos os enlaces do eco que estas actividades tiveron na prensa escrita. https://www.lavozdegalicia.es/m/noticia/carballo/ponteceso/2018/12/21/span-langglponteceso-viviu-dia-do-himno-poesia-musica-floresspan/0003_201812C21C8995.h

UNHA DESTAS SERÁ A PALABRA DO ANO 2018

Imaxe
Feminismo , apoderamento , sororidade , fascismo , "deseucaliptización" , fariña .  Cal delas será a Palabra do ano 2018? De novo tócanos decidir. Seis voces son as finalistas tras a recollida de suxestións que rematou o pasado 16 de decembro. A votación que determinará cal é a gañadora permanecerá aberta ata o 25 de decembro ás 23:59 horas nesta ligazón:  https://portaldaspalabras.gal/palabradoano/ . A palabra do ano darase a coñecer o vindeiro 27 de decembro. Calquera das voces finalistas cumpren requisitos claros para se converter na elixida polo público: ser das máis repetidas na recollida de propostas, referirse a realidades ou fenómenos que están a marcar dalgún xeito a actualidade desde 2018, irromper con forza na linguaxe cotiá ou mesmo cobrar visibilidade como marca de iniciativas cívicas. Feminismo figura entre as voces candidatas xusto nun ano en que as mulleres encheron o 8 de marzo as rúas de toda Galicia, España e moitos outros recunchos do

LA LECCIÓN DE AUGUST: UN LIBRO - ANTÍDOTO CONTRA EL ACOSO ESCOLAR

Imaxe
August (Auggie) tiene diez años y es un gran admirador de La guerra de las galaxias y nunca ha ido al colegio; desde muy pequeño su madre ha sido la que se ha encargado de su educación. Sin embargo este curso sus padres han decidido que debería empezar a relacionarse con otros niños. August no es un chico" normal", al menos físicamente, pues debido a un síndrome genético tiene parte de la cara deformada, pero él vive y siente como un niño más. En un primer momento reniega un poco a la hora de ir al colegio, finalmente acepta asistir y hace algunos amigos como Jack y Summer. Pero, como era de esperar, su integración en el colegio no es nada fácil, ya que algunos de sus compañeros se burlan de sus aspecto físico. Eso no hace que August se rinda; él está acostumbrado a las caras de susto de la gente al ver su deforme rostro. Según avanza el curso, August aprende una lección que hará que su forma de ver la vida cambie por completo. Con luces y sombras consigue andar c

DESORGANIZACIÓN DO TERRITORIO

Imaxe
Hoxe toca, estimados Artelladores, reflexión respecto da xeografía urbana, unha materia da que algo estudamos tanto en ESO como no Bacharelato. Aproveitando as xenerosas choivas destes días e a propósito das zonas inundables así catalogadas pola Xunta de Galicia, sería interesante facermos unha reflexión sobre as desfeitas urbanísticas perpetradas nos últimos anos, con desprezo absoluto polo territorio e, máis grave aínda, polo sentido común. A desembocadura do Anllóns é, obviamente, unha zona de risco de inundacións. Non parece que Ponteceso sexa, ademais, un lugar que demandase vivenda, máis ben ao contrario, moitos dos seus edificios están infrahabitados... cando non baleiros! Velaquí unha foto potentísima, dramática... Tres niveis subterráneos de garaxes, a carón mesmo do leito do río Anllóns... Resultado: fendas nos edificios, inundacións, obras sen rematar, embargadas, deshabitadas. Un perfecto desastre. Un fracaso da ordenación do territorio. E para nada...  Que c

DANZA SEN LUZ

Imaxe
Ola, imos ver nestes exemplos como a luz é un elemento compositivo moi interesante non só nas artes plásticas, senón tamén, na danza. Aquí deixamos un vídeo duns bailaríns que se moven na escuridade. Eles son a propia luz e iso fai que estean acó e aló polo escenario. Pura maxia e enerxía en movemento que espero gocedes. Neste segundo vídeo, apreciamos as posibilidades da tecnoloxía aplicadas á escena. Representación chea de suxestión e formas creadas con luz.

SEMANA STEM

Imaxe
Alumnos de 1º ESO do IES Eduardo Pondal, tiveron a oportunidade de preparar unha viaxe espacial a Marte, dentro das actividades deseñadas na Semana Stem. Os alumnos estaban espectantes ante tal apaixoante viaxe, pero a realidade superou as espectativas. A emoción, o descubrimento, os novos lazos con compañeiros de Valdoviño e Salvaterra do Miño, fixeron que este proxecto fose unha experiencia vital inolvidable, ademais de traballar as competencias en ciencia, tecnoloxía, enseñería e matemáticas para as que estaba deseñado. Cada día o seu adestramento espacial: TERRAFORMACIÓN: fabricación dun miscroscopio e recollida de mostras. Construcción dun habitat espacial con material de refugallo. IMPRESIÓN 3D: deseño de foguetes e elaboración de traxes espaciais. ELECTRÓNICA: elaboración de circuitos e soldadura. ROBÓTICA: montaxe e programación dun robot. XINCANA FINAL: Recoñecemento médico, construción dun habitat, lanzamento de foguetes, exploración co rover e simulación de

CAMPER, PREMIO NACIONAL DE MODA

Imaxe
Esta semana concedéronlle á marca de calzado mallorquina o galardón honorífico, concedido polo Ministerio de Industria, que premia o seu labor como empresa. No seguinte extracto da acta do xurado podemos ler un resumo da súa traxectoria, así como as razóns que os moveron a escollela como merecedora deste galardón:  "Hemos visto en Camper una empresa capaz de diseñar constantemente nuevos productos, con una gran capacidad de comunicación visual y una ironía que le permite ser, al mismo tiempo, local y global. El sueño de cualquier empresa es llegar lejos. Para conseguirlo es recomendable caminar despacio. No perder de vista el origen. Respetar el entorno... Camper inició su actividad en 1975 en Mallorca como una empresa familiar que recogía una arraigada tradición artesana e industrial en la fabricación de zapatos. En 1981 la marca comenzó su expansión comercial a través de la apertura de tiendas, primero en España y, a partir 1992, en las principales capitales del mundo.

A PALABRA DO ANO 2018

Cal sería para cada un de vós a palabra que mellor define o que foi o ano 2018? Afouteza (2017), irmandade (2016) refuxiados (2015) e corrupción (2014) foron as palabras que o público escolleu nos anos anteriores. Todas elas, por algún motivo, resumen ou identifican unha realidade destacada do seu ano. Termos que se repetiron día tras día nos medios de comunicación, palabras que cobraron forza e irromperon na fala cotiá da rúa… E neste 2018 a piques de rematar, cal é para vós a Palabra do Ano? Escollela vai ser un proceso colectivo con tres fases. Primeira fase Recepción de propostas. Recolleranse todas as que as persoas que desexen participar envíen desde o  4 de decembro, ata as 23:59 horas do domingo 16 de decembro . Sabemos que non é doado decidirse, así que podes mandar unha ou varias palabras. Segunda fase Ábrese o luns   17 de decembro . De entre todas as propostas rexistradas na fase primeira, elixiranse as palabras máis repetidas ou algunha que represente

FÍSICA CUÁNTICA E GATOS ZOMBIES...

Imaxe
Como explicar física cuántica con un gato zombi ,  suxerente e divertido título do Club de lectura dos alumnos que, á súa vez, participan no Club de ciencia. Ata os gatos están interesados....

CHEGA O NADAL

Imaxe
Co gallo das festas do Nadal , imos propor este ano un concurso para descubrir como de creativos podedes ser. BASES:  1.- Elaborarase un adorno de Nadal , que sexa factible de pendurar na árbore. Pódense utilizar todos os materiais que se consideren oportunos.  2.- Este ano a temática será “ DECORA A TÚA ÁRBORE ”. Valorarase a creatividade, a orixinalidade e o esforzo na realización.  3.- Poderá participar todo o alumnado do instituto.  4.- O prazo de entrega será o 17 de Decembro, na biblioteca, e a entrega de premios o 21 do mesmo mes.  5.- Haberá premios para os gañadores e sorpresas para os participantes!!

O MUSEO DO PRADO A ESCENA! PARABÉNS!!!

Imaxe
O Museo do Prado está a piques de cumprir 200 anos, un número redondo que xa están a festexar. Nada menos que dous séculos coleccionando arte nacional e internacional, unha colección real que comezou con pinturas de Tiziano e que hoxe en día pode presumir de contar coas maiores coleccións de El Bosco, Tiziano, El Greco, Rubens, Velázquez e Goya entre outros.  Ana Belén acompañada ao piano polo seu fillo David San José, coa obra "Los fusilamientos" de Goya ao fondo. Foto de Alberto Nevado Como parte desta celebración, o pasado 3 de decembro, grandes representantes da escena teatral, dirixidos pola Compañía Nacional de Teatro Clásico (CNTC), pisaron as táboas do Teatro da Comedia interpretando pasaxes do teatro universal mesturados con imaxes das obras dos mestres da pintura no espectáculo “Ecos do Prado”. Mario Gas, Josep María Flotats, Blanca Portillo, Nuria Espert, José María Pou, Aitana Sánchez Gijón, Verónica Forqué, Emilio Gutierrez Caba, Gonzalo de Castro,Vick

NOITE DE PAZ

Imaxe
24 de decembro de 1914, fronte occidental, Primeira Guerra Mundial, as tropas do Imperio alemán e o Imperio británico enfróntanse dende hai varios meses. Hai milleiros de baixas . Dende as trincheiras inundadas os soldados intercambian disparos sobre unha franxa de terra na que camaradas feridos ou mortos xacen esparexidos. Os soldados alemáns colocan árbores iluminadas nos parapetos das trincheiras para festexar o nadal. Un mozo empeza a tocar cunha armónica unha melodía : Stille Nacht. Os seus compañeiros recoñecen a peza tantas veces entoada e comezan a cantar... [Noite de paz , orixinalmente Stille Nacht, foi composta en Austria arredor do 1816 polo organista e mestre de escola Franz Xaver Gruber e convertéuse nunha das panxoliñas máis famosas e versionadas do mundo traducida a máis de trescentos idiomas . Destaca pola súa sinxeleza, brevedade e pola pouca dificultade de interpretación con acompañamento ou a capella.] As tropas británicas  respos

UNHA PEQUENA BIBLIOTECA ONLINE DE LITERATURA ESCRITA EN INGLÉS

Imaxe
Se aínda non tiveches a oportunidade de botarlle unha ollada aos libros en lingua inglesa da nosa  biblioteca, non te preocupes porque podes ler e incluso escoitar libros clásicos en lingua inglesa nas direccións que aquí che deixamos.  En  www.pagebypagebooks.com poderás ler online, sen necesidade de descargar os libros, títulos tan variados coma Adventures of Huckleberry Finn, A Christmas Carol, Drácula, Frankenstein, The Legend of Sleepy Hollow,.... Todos os libros dispoñibles nesta biblioteca electrónica están organizados por título ou por autor. En 100 Free Audio Books You Should Have Read By Now www.onlinedegreeprograms.com/blog/2009/ podes escoitar clásicos da literatura do Reino Unido, Estados Unidos, literatura europea, literatura infantil,... Así que anímate, expande os teus horizontes e reláxate mentras les e escoitas literatura en inglés. If you haven't had the chance to have a look at the books written in English that we have in our library, do

CEA DAS LETRAS: XIIIª EDICIÓN DO CERTAME DE POESÍA ERÓTICA "ILLAS SISARGAS"

Este mes, como xa é tradición, presentouse a obra gañadora deste ano do certame "Illas Sisargas", creado pola asociación cultural Caldeirón de Malpica. Nesta ocasión o premiado foi o escritor ferrolán Mario Regueira con Marco Livornio . Na mesma cea de presentación deuse a coñecer a edición da obra gañadora do ano anterior, Diáspora de amor balea , de Andrea Nunes e María Rosendo, un orixinal texto a dúas voces. Outros artistas completaron, como podedes ver na noticia que acompaña, o acto no que tamén, coma sempre, houbo unha lembranza para un dos artífices do Certame desde as súas orixes, o poeta Paco Souto, falecido en 2017. Desde a biblioteca consideramos moi importante o labor das pequenas asociacións deste recuncho do mundo, a crearen espazos para a cultura nas pequenas localidades, pero con afán universal. https://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/malpica-de-bergantinos/2018/11/05/marioregueira-iniciase-na-poesia-erotica-co-premio-illas-sisargas/0003_