READING IN THE TIME OF THE QUARANTINE
This blog's a bit deserted, innit? Supostamente, a pincelada anglosaxona do blog debería demorarse aínda uns días, pero penso que as circunstancias requiren un sopro de azos, por pequeno que sexa. É por isto que hoxe voume limitar a algunhas curiosidades que evoca a situación actual. Para alivio dalgún lector desprevido, hoxe aparcaremos a cerna en inglés da publicación en favor de algo máis cercano na nosa lingua. O primeiro que espero é que vós e os vosos seres queridos esteades todos ben. Son tempos difíciles, é certo, mais unha simple ollada á nosa historia levaranos a concluír que a resistencia forma parte do ADN galego, co que o noso esforzo común faranos prevalecer, sen dúbida. Dicía que son tempos difíciles, de confinamento. Parece nestes intres unha broma de mal gusto a típica pregunta de que libro levarías a unha illa deserta. Quen nos ía dicir que esa illa sería o noso fogar e teríamos que apañarnos co posto. De certa forma, Internet facilita o noso contacto co exte...