XOGANDO NO MUSEO DO PRADO

É curioso ver como neste tempo de confinamento o ser humano recorre para evadirse e reconfortar o seu corpo e a súa alma a tres disciplinas que a miúdo son as menos valoradas polos "organizadores" do noso sistema educativo. Artes plásticas, música e o coidado do corpo chegaron como unha revolución ás redes e as nosas vidas neste tempo de encerro que estamos a vivir. 
Cos museos e as salas de exposicións coas portas pechadas toca reinventarse e achegar ao público, aínda que sexa de xeito virtual, o mellor de cada unha das súas obras.
Hoxe quérovos falar dunha proposta que a modo de xogo ven de publicar na súa web o Museo do Prado. Chámase "Juego para familias. Tenemos una misión".
Trátase dun plano, ilustrado pola artista Teresa Bellón, que ten como finalidade que coñezamos o museo, e parte das súas principais obras e personaxes, xogando.
Cada día engaden a este xogo unha nova sala do museo, onde temos que atopar obxectos, animais, persoas...que están agochados, e ao día seguinte publican a solución.
Un pasatempo moi artístico para estes días no que a imaxinación toma as nosas mentes. 
Anímaste ti a debuxar o plano dalgunha das habitacións da túa casa?

Aquí tendes o enlace a este xogo para curiosos da arte:
https://www.museodelprado.es/recurso/juego-para-familias/1f46b69b-b8f1-5611-e6d4-acf52dca5a33

Comentarios

Publicacións populares

...PORQUE LAS ESTIRPES CONDENADAS A CIEN AÑOS DE SOLEDAD NO TENDRÍAN UNA SEGUNDA OPORTUNIDAD SOBRE LA TIERRA

EXTRAORDINARY WOMEN

MAUS, A HISTORIA DISFRAZADA DE FÁBULA.

CÓMIC INSPIRADO EN LA LEYENDA EL MONTE DE LAS ÁNIMAS DE GUSTAVO ADOLFO BÉCQUER

EUPHORIA, UNHA SERIE QUE MOSTRA O SUFRIMENTO DOS ADOLESCENTES

8 DE MARZO NO IES EDUARDO PONDAL DE PONTECESO

ESOPÍAS?

27 de marzo, Día Mundial do Teatro

O CASAMENTO DOS PAXARIÑOS: O DÍA DA MARMOTA GALEGO OU O DÍA DE SAN VALENTÍN?

"INSTRUCCIONES PARA EMPEZAR A HABLAR GALLEGO"