CROMÁTICA

Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea na Fundación Abanca, na Coruña.

O efecto que as cores teñen sobre as persoas, as emocións e sensacións que provocan en nós, xogan un papel moi importante na nosa psicoloxía e no noso estado de ánimo. Esta exposición apórtanos optimismo, vitalidade, creatividade e a ilusión tan necesaria sempre e en especial nestes tempos.

A mostra recolle algúns dos ilustradores máis destacados da creación contemporánea, tanto a nivel galego coma nacional e internacional, tendo especial presenza as mulleres ilustradores.

Matilde Rodríguez exerce como comisaria da exposición, e a súa selección de obras de Agathe Sorlet, Coco Dávez,  Abi Castillo, Conrad Roset ou David Méndez Alonso conviven nesta mostra que pasa do abstracto ao figurativo con soltura e empregando sempre a cor como principal medio de expresión. 

A ilustración abórdase na mostra en diferentes formatos e técnicas: videoxogo, témpera, colaxe, cerámica, animación...ofrecendo un percorrido dinámico pola ilustración de primeira liña.

Como novidade poderemos gozar os martes de maio (4, 11, 18 e 25) en Instagram Live, de encontros de CROMOTERAPIA con artistas da exposición. Serán charlas duns 30 minutos de duración que servirán de punto de encontro entre os artistas e a sociedade.

Non deixedes de visitar esta exposición que estará dispoñible de xeito gratuíto ata o vindeiro 11 de xuño. E polo momento, se non podedes achegarvos á Coruña, déixovos o enlace da visita virtual.

Tamén deixo os enlaces á APP creada pola empresa galega Kappowsky S.L. dende a que podemos descargarnos unha guía interactiva para visitar a exposición. (Unha vez descargada non precisa datos)

IOS, Android.




Comentarios

Publicacións populares

...PORQUE LAS ESTIRPES CONDENADAS A CIEN AÑOS DE SOLEDAD NO TENDRÍAN UNA SEGUNDA OPORTUNIDAD SOBRE LA TIERRA

EXTRAORDINARY WOMEN

MAUS, A HISTORIA DISFRAZADA DE FÁBULA.

CÓMIC INSPIRADO EN LA LEYENDA EL MONTE DE LAS ÁNIMAS DE GUSTAVO ADOLFO BÉCQUER

EUPHORIA, UNHA SERIE QUE MOSTRA O SUFRIMENTO DOS ADOLESCENTES

8 DE MARZO NO IES EDUARDO PONDAL DE PONTECESO

ESOPÍAS?

27 de marzo, Día Mundial do Teatro

O CASAMENTO DOS PAXARIÑOS: O DÍA DA MARMOTA GALEGO OU O DÍA DE SAN VALENTÍN?

"INSTRUCCIONES PARA EMPEZAR A HABLAR GALLEGO"