Publicacións

Día de castañas e de sustos!!!

Imaxe
Un ano máis, o Samaín volveu petar ás portas da biblioteca para enchela de historias de medo, tradición e ese toque de misterio tan noso. Coa chegada do outono e os días máis curtos, celebramos a nosa tradicional data entregando os premios do concurso de microrrelatos, banda deseñada e decoración de cabazas con eslogan . Cómpre dicir que nesta edición a participación foi un pouco máis escasa do habitual, mais, como ben sabemos aquí, a cantidade nunca vai en detrimento da calidade. Quen decidiu aceptar o reto demostrou un talento e unha imaxinación marabillosas: as propostas recibidas destacan pola súa orixinalidade e creatividade,  e o xurado non o tivo doado para decantarse polos gañadores. Así, o relato gañador foi para Marián Chouciño Sánchez quen nos deleitou coa súa lectura: Pola súa banda, Noa Méndez Pose acadou o premio á mellor cabaza coa súa orixinal obra "Casada coa morte" : E finalmente, premiáronse cinco tiras cómicas na categoría de banda deseñada, cuxo des...

Benvido Samagosto!!!

Imaxe
 Coa chegada do Samaín , a nosa biblioteca escolar volve converterse nun dos puntos máis dinámicos e terroríficamente divertidos do centro, grazas ao traballo e implicación do alumnado voluntario . Durante estes días, o noso voluntariado está a traballar con moito entusiasmo nas tarefas de decoración do espazo, na selección de lecturas de medo para a exposición de fondos terroríficos e na organización e difusión dos variados concursos nos que se pode participar: Concurso de cabazas con eslogan. Concurso de microrrelatos. Concurso de banda deseñada. Deixamos aquí os cartaces informativos.   Queremos agradecer e poñer en valor o traballo do voluntariado, que co seu esforzo fai da biblioteca un espazo vivo, acolledor e cheo de actividades para todos e todas. Preparados para pasar un Samaín de medo na biblioteca????  Pasade a visitala e participade nos concursos!

Alumnado formado

Imaxe
 Durante as sesións de titoría do mes de outubro, o alumnado novo do centro participou nas xornadas de formación de usuarios da biblioteca escolar .   O obxectivo desta actividade foi achegar á comunidade educativa os recursos e servizos que ofrece a biblioteca, así como fomentar o seu uso autónomo e responsable. Durante estas sesións, os estudantes puideron coñecer a organización do espazo, aprender o funcionamento do préstamo, descubrir o catálogo en liña e como consultalo, comprender as normas de convivencia, informarse sobre as actividades periódicas e os recreos creativos, etc. Grazas á colaboración do equipo de biblioteca e dos titores, o noso alumnado xa conta con todas as ferramentas necesarias para aproveitaren ao máximo este espazo de aprendizaxe, descubrimento e lecer. Animamos a todo o alumnado a pasar pola biblioteca e seguir desfrutando da lectura!

Benvidas familias

Imaxe
 No día de onte tivo lugar unha charla informativa a todas as familias do centro que se animaron a pasar pola nosa biblioteca para coñecer os seus espazos e as actividades que poderán compartir coa rapazada en determinadas ocasións. Ademais salientamos as canles de información das que dispoñen e o uso do diferentes fondos e recursos que ofrece Biblio A Ponte. Grazas aos asistentes polo interese e a atención prestada!! Esperamos vervos pola biblio!!

Preparados, listos... a ler!!

Imaxe
O pasado vernes enchemos a biblioteca de novas propostas para as lecturas deste ano acompañadas dun bo chocolate e biscoito!! O alumnado manifestou os seus intereses e conformamos xa o novos clubs de lectura deste curso. Así haberá un total de seis clubs de lectura que traballarán con diferentes xéneros e temáticas. Teremos as reunións nos seguintes recreos: Luns: club de adultos e bachiller Mércores: club filosófico Xoves: club de 1º ESO Venres: clubs de 2º, 3º e 4º ESO

Comezamos cos Clubs de Lectura!!

Imaxe
Iniciado o curso... imos dar comezo aos Clubs de Lectura!! Para iso, convocamos a todos os interesados a unha reunión, o próximo 18 de setembro durante o recreo , na biblioteca. Poñerémonos ao día dos intereses, as temáticas sobre as que nos gustaría ler e propostas de novos clubs. VÉMOMOS!!!

Precisamos de ti!!

Imaxe
  Biblio A Ponte é un espazo vivo, en movemento constante, sobre todo nos recreos xa que se converte nun pequeno laboratorio onde a lectura, a creatividade e a convivencia fanse realidade. Pero para que todo isto funcione, precisamos das vosas mans, das vosas ideas e da vosa enerxía . Por iso lanzamos unha chamada clara ao alumnado: Anímate a formar parte do voluntariado da biblioteca!!! Durante os recreos, o voluntariado colabora en tarefas tan importantes como o préstamo de libros , a colocación e organización dos fondos , a preparación de actividades e exposicións ou a creación de materiais que dan vida ao espazo. Cada tarefa suma, cada idea conta, e cada voluntario fai que a biblioteca sexa un lugar mellor para todas e todos. Ser voluntario non é só colaborar: é aprender, compartir, participar e sentir que formas parte dun proxecto común. É descubrir como funciona unha biblioteca desde dentro, desenvolver habilidades de organización, comunicación e creatividade, e contribuír ...