Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Ciencias

MARIE CURIE

Imaxe
 Marie Curie (1867-1934) Unha pioneira. Unha revolucionaria. Unha inconformista. Unha traballadora incansable. Unha científica con maiúsculas. Para min, unha figura fascinante. Por iso, permitídeme que vos suxira acercarvos a ela a través do cine. Neste mes de decembro estreouse unha nova película sobre madame Curie, dirixida por Marjane Satrape - autora tamén de Persépolis -. Dirección: Marjane Satrapi  Reparto: Rosamund Pike, Sam Riley, Anya Taylor-Joy, Aneurin Barnard, Simon Russell Beale  Título orixinal: Radioactive  País: Reino Unido  Ano: 2019  Data de estrea: 04-12- 2020  Xénero: Biográfico  Guion: Jack Thorne  Fotografía: Anthony Dod Mantle Sinopse: París, 1893. Marie, unha brillante e rebelde científica disposta a cambiar a forma de entender a ciencia, deberá enfrontarse contra a élite académica para levar a cabo as súas investigacións. Despois de unir forzas con Pierre Curie para potenciar os seus estudios, descubre a radia...

A COSMIC SYMPHONY

Imaxe
Welcome to another science pill in English! If you remember from my last post, I recently embarked on a rediscovery of my past as a science student. My last entry covered several interconnected topics, among them my reading of a great popular maths book. Today I would like to tell you about the one I just finished, entitled The Elegant Universe , by physicist Brian Greene .  Let me just give you a brief overview of the book’s gist. Most of you will recognize this picture of an old fella with his tongue out. As it turns out, this gentleman revolutionized our understanding of mainly gravity, but also space, time, all in all, the universe. Around the same time Einstein was publishing his theories, specially focused on enormous things (planets, stars, etc.), particle physics was making groundbreaking discoveries on a much more minute realm. Looking at things on a tinier and tinier scale led to the realization that, apart from gravity, we also find three ot...

CIENCIAS NAS LETRAS

Imaxe
Estaba a pensar agora no último momento antes de que cambiara a nosa vida. A punto de sair do instituto, un impulso levoume á nosa Biblioteca. Nesta nova vida, pensaba errada que tería algo máis de tempo e quería enchelo de novas historias para min, usadas xa por outros, nas que atopar outros camiños e pasear por eles. E paseei, procurando libros de astronomía e ciencia, por estes marabillosos camiños: Como aspirante a astrónoma, nunca reflexionara sobre a altura a que está o ceo, e sorprendinme ao atopar neste libro unha resposta tan sinxela observándoo cando é día e cando é noite. Unha resposta tras outra vas a ler en "A que altura está o ceo" , que resulta unha viaxe no tempo. Comeza na época da Grecia Clásica e chega ata os descubrimentos máis recentes sobre o universo. Unha longa tarde de sofá compartín con "O contador de estrelas" , un ser que finxía ser doutro planeta para abrir o mundo de Antía, unha rapaza que dou o salto sen rede á madure...

UN DÍA COMO INVESTIGADORES

Imaxe
Hoxe os alumnos de bacharelato do noso centro realizaron unha visita a tres centros de investigación científica en Santiago de Compostela. No Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas, observaron como verdadeiros científicos o traballo cooperativo e multidisciplinar dos investigadores nas enfermidades como o cancro, a obesidade, enfermidades cardiovasculares e neurodexenerativas. No Insitituto Galego de Estatística, realizaron unha análisise de datos sobre os parámetros económicos do Concello de Ponteceso e da Comarca de Bergantiños. Tamén participaron nunha enquisa aprendendo a discriminar e interpretar os resultados, comprendendo a necesidade e utilidade da estatística, tanto en estudios sociais como económicos e na hora da toma de decisións. Por último e breve foi a abraiante visita ao Centro de Supercomputación de Galicia, onde fixemos unha importante reflexión sobre o almacenamento de datos, o proceso de simulación nos modelos de predición climatolóx...

III Concurso de Fotografía Matemática: A Simetría

Imaxe
Arrincamos este novo ano propoñéndovos participar no III Concurso de Fotografía Matemática, que ten como protagonista a "Simetría". Para inspirar este tema presentámovos no cartel do concurso a obra "Bond of union" realizada en 1956 por M.C. Escher. Este artista neerlandés transforma, de forma plástica, principios, singularidades e movementos da xeometría e topoloxía matemática, creando un mundo imaxinario fascinante na procura do infinito ou de simetrías con cores nalgunhas das súas famosas teselacións. Inspirádevos e participade! As bases do concurso son: Cada concursante poderá presentar un máximo de tres fotografías, orixinais , en branco e negro ou en cor, e cun peso máximo de 1,5Mb. Remitiranse a: concursoponteceso@gmail.com Cada fotografía deberá ir acompañada do autor da mesma, curso e título (que faga alusión á temática deste ano). O prazo de entrega estará comprendido entre o 15 de xaneiro e o 1 de marzo de 2020. O xurado estará composto por pr...

COP25:#tiempodeactuar

Imaxe
Ao fin está en todas partes a tan nomeada Emerxencia Climática e a visibilidade dos xóvenes que están a liderar a mobilización, esixindo as empresas e aos gobernos accións inmediatas fronte ao cambio climático. Emociona esta xeración que toma o relevo na inacción e que impulsa, divulga, participa e comprométese nesta causa. Nesta COP25 hai moitas intervencións, algunhas de descoñecidos para o gran público e outras de persoeiros recoñecidos.  Neste enlace podedes acceder á conferencia de Greta Thunberg, Luida Neubauer e Fridays for Future. Greta Thunberg . Que podo facer eu? Climate Neutral Now é unha iniciativa espallada pola ONU en 2015 que ten como obxectivo animar a que todo o mundo tome medidas sobre o clima, coa finalidade de lograr un mundo con clima neutro a mediados de siglo, tal e como recolle o acordo de París adoptado ese mesmo ano. Tí tamén podes traballar pola neutralidade climática, reducindo a túa pegada climática e seguindo estes pasos: Medir as em...

MULLERES CON CIENCIA: MARGARITA SALAS

Imaxe
Margarita Salas foi unha das mellores científicas do s.XX. Discípula do Premio Nobel de bioquímica Severo Ochoa na Universidade de Nova York, traballou tres anos fuxindo do que chamaba "páramo científico". Máis tarde, en España, fundou o primeiro grupo de investigación en xenética molecular no Consello Superior de Investicacións Científicas (CSIC). O seu estudo sobre o virus phi29 polimerasa, permitiu revolucionar a técnica sobre os estudos de ADN, que permite amplificar o ADN de forma sinxela, rápida e fiable. A súa patente foi a de maior rentabilidade para o CSIC con aplicacións na medicina forense, oncoloxía e arqueoloxía entre outros ámbitos. Margarita Salas faleceu este mes de novembro, deixando unha vida que non entendía sen investigación e a que nos podemos achegar con algunhas das súas entrevistas: CON CIENCIA: MARGARITA SALAS

REMATAMOS O CURSO!! SUXESTIÓNS VERANIEGAS!!

Imaxe
E chegou o fin de curso cos seus apuros e as súas ansias de dar un bo remate a este intenso ano que nos deixa moitos recordos, algúns deles recollidos neste blog. Desde as diferentes seccións facemos esta publicación conxunta para que enchades o voso verán e non nos esquezades ata que voltemos coas pilas cargadas en setembro. Bo verán! DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA Ledicia Costas, autora coñecida no eido infantil e xuvenil, acaba de publicar unha novela orientada a un público máis adulto. Sorpréndenos con  Infamia , una novela próxima ao xénero negro e cun tratamento de temas que a sitúan lonxe da literatura para todos os públicos.  Infamia  é a historia de Emma Cruz, unha penalista que vai vivir ao espazo rururbano de Merlo, un lugar marcado pola desaparición de dúas nenas, as irmás Giraud, vinte e cinco anos atrás. En realidade, Emma Cruz é só a escusa para contar a historia colectiva de Merlo, volvéndose así forte a ligazón entre o xénero negro e a novela social. É ...

PLANETA OU PLÁSTICO?

Imaxe
Cada vez somos mais conscientes do cambio climático que se está a producir, que sopra no alento das nosas costas e xa asexamos na nosa contorna. Estamos a coñecer como nos últimos dez anos consumimos máis plástico que no século pasado, a sensibilizarnos coa devastadora presencia de plástico nos océanos, con vertidos anuais de case 9 toneladas de residuos plásticos e como, a través da cadea alimentaria, cinco dos alimentos que consumimos decote como o sal, moluscos, peixe e incluso a auga teñen microplásticos. Á marxe das grandes iniciativas, fáltanos crer como Eduardo Galeano que " Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo ". Así que dende a pequena Ponteceso, comprométete este verán a dar morte ás pallas de plástico mobilízate con iniciativas locais ou globais como estas  https://www.fridaysforfuture.org/

II CONCURSO DE FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA

Imaxe
Comprácenos nomear os premiados no II Concurso de Fotografía Matemática do IES Eduardo Pondal, que esta edición ten como tema "A Esfera". 1º PREMIO: UXÍA SANTOS (2º BACHARELATO) "A ruptura das bóvedas estelares de Giordano Bruno"  2º PREMIO: NEREA GARRIDO PARGA (1º BACHARELATO) "Tres en raia" 3º PREMIO: INÉS CARRIL (2º ESO) "Esfera ao cubo" Agradecemos a participación dos alumnos que presentaron 40 traballos ao concurso, así como do equipo de profesores dos Departamentos de Artes Plásticas e Matemáticas e da alumna Ana Sánchez de 2º Bacharelato que realizaron a difícil escolla. Unha selección dos traballos serán expostos no centro proximamente. Parabéns a todos os participantes! Grazas pola vosa creatividade, a vosa visión esférica da realidade e por facer que este concurso siga adiante!

A PREDICCIÓN DE EINSTEIN: BURATOS NEGROS

Imaxe
Lembro con asombro a figura de Albert Einstein cando na universidade estudaba en quinto curso a Teoría da Relatividade Especial, onde a curvatura do espazo-tempo debida a gravidade é despreciable. Apenas eramos seis alumnos nesta materia e moitas veces tiñámonos que reunir para resolver problemas que nos axudasen a comprender os seus estudos. A súa mente sí era especial, única na Historia, como a súa intuición, que albiscou os buratos negros, estrelas colapsadas con tal densidade que nin sequera a luz do sol podía penetrar no seu interior.  "Hoxe tomamos a primeira imaxe dun burato negro", aseguraba hoxe emocionado o director de EHT, Sheperd S. Doeleman, do Centro de Astrofísica de Harvard & Smithsonian (Estados Unidos), nunha rolda de prensa celebrada en Washington, un acontecemento que calificaba como 'un feito histórico' obtido grazas ao esforzo colectivo de máis de 200 investigadores. Ata o de agora, a presenza de buratos negros  fora confirmada ...

A ESFERA

Imaxe
Este é o tema do II Concurso de Fotografía Matemática. Achéganos o teu traballo a concursoponteceso@gmail.com, co teu nome, curso e título da fotografía. Consulta as bases que están expostas no centro. Participa!

ESOPÍAS?

Imaxe
A Esopía é un relato, comentario ou poema, cun máximo de 140 carácteres (chío), onde cada palabra leva un número de letras igual ás sucesivas cifras do número π. Rió y dijo:"Y nadie escribirá un relato mejor con estos malditos decimales, números infinitos que no nos incumben nada" Queremos saber ata onde podedes chegar co voso inxenio e creatividade elaborando unha Esopía. Para isto achegámosvos unha plantilla:   https://mateblog.agapema.org/images/docs/esopia_plantilla.pdf Terédela que presentar antes do 15 de marzo nesta ligazón: https://mateblog.agapema.org/participa A entrega de premios será na Feira Matemática 2019. Botádelle un ollo a  https://mateblog.agapema.org/esopias se tedes dúbidas. Quen dixo que non podiamos facer poesía coas matemáticas?

SOÑACHES COA LÚA?

Imaxe
Un fío de misterio científico invadiu hoxe os nosos soños. A Lúa de sangue tinguiunos de beleza,  nun ciclo que comeza e non se pechará ata o próximo eclipse destas características o 26 de maio do 2021. A Lúa de sangue é un eclipse lunar total, que se produce cando o Sol, a Terra e a Lúa alinéanse, e a Terra, como mediadora dos astros que nos alumean, ensombrece totalmente a Lúa chea, reflectíndoa de un ton vermello pola refracción da luz solar nas partículas de pó presentes na atmosfera. O extraordinario deste acontecemento é ademais que, o noso satélite, no seu percorrer pola órbita na que aperta á Terra, achégase ao noso carón todo o que pode, e sitúase a 360.000 km de distancia, fenómeno que se coñece como superlúa.

SEMANA STEM

Imaxe
Alumnos de 1º ESO do IES Eduardo Pondal, tiveron a oportunidade de preparar unha viaxe espacial a Marte, dentro das actividades deseñadas na Semana Stem. Os alumnos estaban espectantes ante tal apaixoante viaxe, pero a realidade superou as espectativas. A emoción, o descubrimento, os novos lazos con compañeiros de Valdoviño e Salvaterra do Miño, fixeron que este proxecto fose unha experiencia vital inolvidable, ademais de traballar as competencias en ciencia, tecnoloxía, enseñería e matemáticas para as que estaba deseñado. Cada día o seu adestramento espacial: TERRAFORMACIÓN: fabricación dun miscroscopio e recollida de mostras. Construcción dun habitat espacial con material de refugallo. IMPRESIÓN 3D: deseño de foguetes e elaboración de traxes espaciais. ELECTRÓNICA: elaboración de circuitos e soldadura. ROBÓTICA: montaxe e programación dun robot. XINCANA FINAL: Recoñecemento médico, construción dun habitat, lanzamento de foguetes, exploración co rover e simulación de...

MERGULLANDO A CIENCIA NO MAR

Imaxe
Con motivo da conmemoración do 50 aniversario do Centro Oceanográfico de A Coruña, os alumnos de 1º ESO e 2º PMAR do IES Eduardo Pondal de Ponteceso, tiveron a oportunidade de visitar o buque oceanográfico Ramón Margaleff recalado en Corme o pasado 22 de novembro. Durante a visita guiada, os alumnos marabilláronse dos aparellos, recursos e dotacións da embarcación que ten o propósito de estudar o mar, o seu aproveitamento e a súa conservación. Descubriron o laboratorio frío, onde se recollen as mostras que unha vez tratadas analízanse no laboratorio seco, a sala de informática onde se realizan tomografías do fondo oceánico e o posto de mando do buque.

MATEMÁTICAS E ARTE

Imaxe
Matemáticas e Arte Moitos sinten a beleza que as matemáticas teñen en si mesmas, a sinxeleza coa que modelos matemáticos representan a natureza e a nosa humanización do mundo. Outros nin o sospeitan, e coa finalidade de sorprendernos da relación entre Matemáticas e Arte, asistimos o 18/10/2018 a unha conferencia de Luis Rández na Facultade de Matemáticas da USC e aproveitamos para tamén visitar Santiago de Compostela e outras facultades do Campus Sur da Universidade. Velaquí tendes o enlace a Ars Qubica , unha curtametraxe de animación en 3D impulsado dende o "Instituto Universitario de Investigación en Matemáticas y Aplicaciones" da Universidade de Zaragoza. Ars qubica Para afondar nestas curiosidades podedes mergullarvos na nosa Biblioteca coa lectura de "La proporción áurea" de Mario Livio .

Ciencias