Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xaneiro, 2020

A RAG E PUNTO.GAL BUSCAN OS MELLORES RELATOS

Imaxe
A Real Academia Galega e a Asociación PungoGal acaban de convocar a terceira edición de microrrelatos que xurdiu co obxectivo de reforzar a presenza da lingua e identidades propias no mundo dixital.  Duascentas palabras deben abondar a quen queira obter o premio, ese é o límite de extensión dos textos que participen nesta nova edición. "As novas xeracións propoñen novas formas de crear e as novas tecnoloxías instauran novos modelos de expresión, novas linguaxes. O microrrelato é un xénero especialmente representativo desta nova realidade" expuxo o presidente da Academia, o escritor Víctor Freixanes, "esixe dominio dos recursos expresivos, control da lingua na procura da máxima eficacia posibel, imaxinación, selección argumental..." A estas técnicas deberán responder os relatos que opten aos nove premios de concurso: tres por categoría, que son a infantil (até os 11 anos), a xuvenil (de 12 a 17 anos) e a de persoas adultas.  O prazo de presentac

A ODISEA: A LITERATURA OCCIDENTAL COMEZA A RESPIRAR

Imaxe
Moitos escritores, como Pérez Reverte ou Manolo Rivas, teñen confesado que A   Odisea de Homero é unha das obras que máis pegada deixou neles. Xunto coa outra epopea do autor grego, A Ilíada , constitúe a acta de bautismo da literatura occidental. Nunha visita á biblioteca, na sección de latín e grego, as alumnas do club de lectura de Grego de 1º de Bacharelato (Nerea, Nuria e Carla) escolleron, guiadas polo profesor, unha edición axeitada de entre as varias dispoñibles. Cando lemos unha obra, temos que fixarnos sempre que edición usamos, ou que tradución se é o caso. Non sempre reparamos neste feito, pero ás veces é fundamental para que a lectura sexa unha experiencia gratificante. Impón un pouco a lectura desta magna obra, si, porque a nómina de personaxes é abrumadora, por citar un detalle que sempre se alega, e ademais o lector actual non está moi afeito a esta forma de narrar épica, solemne, artificiosa. Pero se temos claro o fío condutor desta marabillosa historia, ese

RENOVACIÓN DE FONDOS

Imaxe
  Vai días que non te achegas á biblioteca? Pois cando o fagas vas poder comprobar que algunhas seccións están a mudar de ubicación. O equipo de biblioteca está traballando a reo para que todo estea máis accesible, e se pode ser, un pouquiño mellor rotulado.    Aínda queda traballo por diante, pero xa van chegando novos títulos que están agardando por vós, lector@s incansables!   Temos moitas novidades en varias seccións: cómic, divulgación científica, ciencias, igualdade...Así que xa sabedes, a ler!!!

SIMULANDO UN SATÉLITE

Imaxe
Un grupo de alumn@s e un profesor do noso instituto, acompañados de leais colaboradores, están a participar nun concurso promovido pola Axencia Espacial Europea que se denomina Concurso Nacional CanSat. O proxecto CanSat está dirixido a estudantes de secundaria e bacharelato e abarca temas curriculares de tecnoloxía, física e programación. Este concurso está deseñado para simular tódolos aspectos dunha misión real de lanzamento dun satélite, incluído o seu deseño, desenvolvemento, posta a proba, lanzamento, funcionamento e análise de datos dun traballo en equipo. Que é un CanSat? É unha simulación dun satélite real integrado dentro do volume e forma dunha lata de refrescos. O CanSat lánzase cun cohete a unha altitude aproximada dun kilómetro e despois déixase caer mediante un paracaídas. E a partires dese intre comeza a súa misión, a cal consistirá na execución dun experimento científico, unha aterraxe sen danos e a análise dos datos recopilados durante o descenso.

O EXILIO SEGÚN MILO RAU

Imaxe
Imaxe de "Empire", de Milo Rau. Marc Stephan O director suizo Milo Rau presentou a pasada semana en Madrid unha obra onde os catro actores que hai en escea relatan as súas odiseas a través do continente europeo. "Empire" que así se chama a obra, discorre na cociña dun edificio en ruinas. Por quendas, os catro actores, que viviron nas súas propias carnes o exilio, narran as súas vidas mirando á cámara. Na parte alta do edificio proxéctanse as súas caras e os subtítulos coa traducción dos textos. Cada un deles fala na súa língua nai: árabe, kurdo, rumano e grego. Unha obra de aspecto documental cuns actores profesionais que narran en primeira persoa. Unha obra para relexionar sobre as fronteiras , os territorios e as persoas.

SING, O GODDESS, THE ANGER OF ACHILLES...

Imaxe
I was recently reminded of my beloved students of 1.º BAC, especially those enrolled in world literature. During the first term, it came to my attention the subject had them reading a translation of Black Ships Before Troy: The story of the Iliad by Rosemary Sutcliff, perhaps the most compelling adaptation of the Trojan War for young readers, volume originally accompanied by the astonishing illustrations of Alan Lee (see below), famous also for his designs based on Tolkien’s work. But let’s start from the beginning... The reason why this came to mind is because the British Museum is currently holding an exhibition until 8 March 2020 entitled Troy: myth and reality , covering from Helen of Troy's abduction to the deception of the Trojan Horse and the fall of the city. The British Museum needs no introduction: its permanent collection of around eight million works place it among the largest museums in the whole world. Some of its most iconic pieces are the Rosetta Stone,

BOOKTRAILER DE REBELDES

Para empezar este año 2020 os proponemos una lectura dirigida especialmente para nuestro alumnado. Se trata de la exitosa novela Rebeldes de Susan E. Hinton; con casi sesenta años de vida, esta historia de enfrentamientos juveniles entre los "socs" y los "greasers" (ricos y pobres) ha marcado varias generaciones de adolescentes. Al éxito editorial debemos añadir el posterior estreno de la película homónima dirigida por Francis Ford Coppola, la cual obtuvo una acogida increíble y supuso el trampolín para muchos actores y actrices que acabaron triunfando en Hollywood (Ralph Macchio, Matt Dillon, Tom Cruise, Diane Lane...). Sin embargo, hoy nuestra recomendación será guiada a través de un booktrailer  realizado por las alumnas Carmen Giadás y Elena Blanco de 4º ESO A. Muchas gracias por esta maravillosa aportación chicas!!! Y recordad, seguid siempre siendo dorados y doradas!!!

PHÍXATE NAS MATES...

Imaxe
   Non, non é un número calqueira ... moitas plantas crecen seguindo unha fórmula matemática, dispoñéndose as ramas das árbores ou as follas dos talos en espiral ; nos botóns das margaridas ou dos xirasois fórmanse espirais en ámbolos dous sentidos e ,dese xeito, aproveitan ao máximo a luz e o espazo dispoñibles ... Esa espiral atópase incluso nas bacterias, galaxias, cunchas, cristais, fósiles, furacáns, cornos e cairos dalgúns animais ...     Polo tanto, este número é máxico, áureo (Phi) e, se queres saber máis sobre números máxicos, corre ata a Biblio e pide “Fibonacci y los números mágicos” de Esteban Rodríguez Serrano. Disfrutarás coa apaixonante vida aventureira de Leonardo de Pisa, como resolvía problemas enxeñosos e como importara as cifras dende o mundo árabe ... Aínda que, pensándoo mellor, houbera sido preferible que só trouxera do 5 para arriba ... de cara ás calificacións do curso, digo eu ....

III Concurso de Fotografía Matemática: A Simetría

Imaxe
Arrincamos este novo ano propoñéndovos participar no III Concurso de Fotografía Matemática, que ten como protagonista a "Simetría". Para inspirar este tema presentámovos no cartel do concurso a obra "Bond of union" realizada en 1956 por M.C. Escher. Este artista neerlandés transforma, de forma plástica, principios, singularidades e movementos da xeometría e topoloxía matemática, creando un mundo imaxinario fascinante na procura do infinito ou de simetrías con cores nalgunhas das súas famosas teselacións. Inspirádevos e participade! As bases do concurso son: Cada concursante poderá presentar un máximo de tres fotografías, orixinais , en branco e negro ou en cor, e cun peso máximo de 1,5Mb. Remitiranse a: concursoponteceso@gmail.com Cada fotografía deberá ir acompañada do autor da mesma, curso e título (que faga alusión á temática deste ano). O prazo de entrega estará comprendido entre o 15 de xaneiro e o 1 de marzo de 2020. O xurado estará composto por pr

GALICIA, UN RELATO NO MUNDO

Imaxe
     Hoxe quérovos convidar a visitar a Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, para que podades percorrer a exposición "Galicia, un relato no mundo". O comisario da exposición Manuel Gago, logra reunir máis de 300 pezas de alto valor simbólico para a historia e a cultura do noso país. Estas pezas atópanse espalladas por museos e coleccións privadas en distintos recantos do mundo, e a maior parte delas visitan Galicia por primeira vez.      "Galicia, un relato no mundo" explora a interacción entre o territorio histórico galego e o resto do mundo nun percorrido que nos leva desde a prehistoria ata a actualidade. Concibida como a primeira de tres grandes exposicións da Xunta con motivo do Xacobeo 2021, céntrase nas relacións internacionais de Galicia e a súa presenza no mundo.    Na imaxe podemos ver unhas das pezas da exposición, "A Santa" de Franciso Asorey, obra que levaba máis de 70 anos en Uruguay. Asorey, nado en Cambados no século XIX,

"AS NOSAS", O XORNAL DO DEPORTE FEMININO EN GALEGO.

Imaxe
Coa chegada do 2020, ano olímpico, acaba de nacer o xornal deportivo "As nosas", un xornal pensado para dar o protagonismo que a muller merece no deporte de Galiza. Este xornal nace en soporte dixital no enderezo www.asnosas.gal e con presenza activa en diferentes redes socias como @asnosasdeportes, así como espazo en Twitter, Facebook, Instagram e Youtube. Liderado pola xornalista galega, Silvia Carregal, este medio aspira a ser un referente no deporte feminino en Galiza, obxectivo que resumen en tres ideas:  - Informar en galego. - Visibilizar. - Empoderar Visibilización da muller e da lingua galega nun mesmo contido dixital, un proxecto moi interesante e necesario.

O CLUB DE FANS DE MORGANA

Imaxe
Cinco alumnas de 1º ESO participan no Club de Lectura, acompañadas por Marta Gándara, a profesora de lingua galega. Son cinco valentes dispostas a mergullarse nos moitos mundos aos que nos dá entrada a lectura.  Para este primeiro trimestre eliximos a obra  Morgana a dos ollos verdes , de Pasqual Alapont, a amena e divertida historia dunha rapaza inqueda e deportista, amante do baloncesto e que ten un curioso e divertido admirador.  Ela mesma defínese así: "Xa non sei como explicarllo á xente: non son a famosa Morgana, a fada de Merlín, senón Morgana, a dos ollos verdes. Acabo de comezar o terceiro trimestre do último curso de Primaria e xa vai sendo hora de decidir o que quero ser de maior. A avoa di que vou ser ministra, porque son moi espelida, pero iso é o que din todas as avoas. A min gustaríame ser xornalista deportiva, para poder entrar en todos os partidos de baloncesto. Aínda non teño mozo mozo, pero Berenguel escribiume unha cuarteta de amor. Non sei que pas

ASÍ FOI A CELEBRACIÓN DO NADAL NA BIBLIOTECA

Imaxe
     O pasado 20 de decembro festexamos na biblio a fin dun longo primeiro trimestre e a chegada do Nadal. Non atopamos mellor xeito de facelo que coa entrega de premios do concurso "Decora a túa árbore" e a marabillosa actuación musical de dous dos nosos alumnos, Anabel Martínez de 2ºcurso de ciclo medio de Xestión Administrativa e Alexander Capone, de 3º da ESO. Ambos deleitáronnos cunhas panxoliñas, interpretadas por Alexander ao piano e Anabel á voz, e posteriormente Alexander agasallounos cunhas pezas ao acordeón. Un público entregado agasallounos a eles cunha multitude de aplausos, e a petición dalgún bis. Todo un éxito que esperamos que se repita na nosa biblioteca.   A continuación demos paso á entrega de premios do concurso. Nesta ocasión os adornos premiados foron elaborados por tres rapazas, correspondendo o primeiro premio a Elena Torrado de 2º da ESO, o segundo premio a Antía Souto de 3º da ESO e o terceiro premio a Gabriela Blanco, tamén de 3º da

ANINOVO NO TEATRO

Imaxe
Neste mes de xaneiro que acaba de comezar estase a cociñar toda a programación teatral que nos acompañará no 2020. En xaneiro os programadores e as compañías teatrais traballan a reo e énchense de asinar contratos para que o resto do ano non quede ningún teatro coas portas pechadas, e podamos así deixar voar o noso imaxinario gozando das novas propostas que as compañías xa teñen no forno. Mentres que ese momento chega propóñovos que vos deades unha volta pola canle de youtube do "Centro de Documentación Artes Escénicas y Música", onde poderedes visualizar desde obras completras ata entrevistas a persoerios relevantes no mundo desta arte. https://www.youtube.com/channel/UC0fUK7G74RygYm_GiRvHkPA