Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Danza

ORIXES DO HIP HOP

Imaxe
o Hip Hop é un acontecemento histórico relativamente recente, e non pasou o suficiente tempo como para velo todo coa debida perspectiva. Nace nun contexto rueiro e transmítese de forma espontánea en diferentes lugares á vez, así que os que estiveron nos inicios non coinciden na mesma versión dos feitos. A gran maioría coincide en que o Hip Hop como movemento cultural xurdiu a finais dos 60, pero foi a principios dos 70 cando a palabra Hip Hop empezou a utilizarse para nomear a devandita cultura. Para comprender o nacemento desta cultura hai que remontarse ao Barrio do Bronx en Nova York en 1953, barrio onde convivían familias afroamericanas, afrocaribeñas e xudeas. Imaxes da estética do Hip Hop:

ELAHOOD DANZA

Imaxe
https://youtu.be/GibfBEQdPjE Elahood é unha compañía de danza contemporánea que naceu no ano 2017 e as súas protagonistas chámanse Sabela Domínguez e Julia Laport. A súa finalidade e a difusión da danza urbana onde as coreógrafas fan uso de diversos estilos como o Hip Hop, o Vogue, o Waacking ou o House. Un xeito de danzar que reflicte emocións facendo partícipe ao espectador mediante unha linguaxe próxima e accesible. Enlace do vídeo : https://youtu.be/GibfBEQdPjE

BAUHAUS E DANZA

Imaxe
Fundada no século XX por Water Gropius, en Alemaña surxe unha escola que crea un nexo entre artesáns e artistas, a Bauhaus. A súa filosofía atística era moi innovadora xa que creaban obxectos de deseño que rompían cos esquemas vistos ata o momento. Dentro de esta práctica tamén tocaban todas as manifestacións artísticas entre as que se atopaban o teatro e dentro deste, a danza. As danzas mostraban coreografías con xestos simples e traxes moi orixinais. Facían movementos simples, como camiñar ou saltar e os bailaríns semellaban bonecos con accesorios xeométricos. En definitiva, un modo de facer único que marcou un antes e un despois no mundo das artes plásticas e da danza. O equipo do taller de baile era levado un dos profesores da Bauhaus chamado Oskar Schlemmer. Un enlace das danzas : El ballet lisérgico de Oskar Schlemmer https://youtu.be/dvFI_5E6Oqw

DEBUXANDO DANZA

Imaxe
Ola de novo, Esta vez e como novidade para os meus seguidores, presento unha peza de animación, mistura entre a beleza da danza e a destreza da técnica dos debuxos en movemento. O autor, Ryan Woodward é un debuxante de cómics que o que fixo foi dar movemento e poñer música a unha coreografía de dous persoas bailando. É unha proposta suxestiva, atractiva que flúe e interactúa coa música de Piazzolla.  Animación de Ryan Woodward Engado o link coa intención de que o apreciedes xa que, quen sabe! Igual nun futuro facedes algo parecido. https://youtu.be/nW8iN1_BZ88

DANZA NA CASA

Imaxe
Ola, Hoxe toca falar de danza nestes momentos de confinamento. Moverse é posible aínda que esteamos na casa encerrados. Temos que mover o corpo todos os días, bailar, saltar, en definitiva manternos en forma para sentirnos ben. Por iso, a modo de exemplo, engado esta preciosa peza que pixeron os alumnos do Conservatorio de danza da Coruña. Rapaces das vosas idades que decidiron bailar todos xuntos pero dun xeito novo.   O vídeo :   https://youtu.be/CLpnAAvHmkg Espero que vos inspire e vos anime a experimentar co movemento xa que, como todo, é cuestión de creatividade. Moito ánimo !!!

VOANDO CON MARTA

Imaxe
Danza e coreografía. Marta Cuba é unha artista gráfica e bailarina. As súas coreografías son creacións persoais moi creativas e de gran experimentación corporal. Traballa coas posibilidades do corpo, a performance e a improvisación. Xoga co espazo e as súas postas en escea están cheas de dinamismo e forza expresiva.  Un verdadeiro pracer visual! Festival danza Quince Gotas, A Coruña. http://quincegotas.com/galleries/marta-cuba-acumulacions-rebeldes/ Páxina web persoal : http://www.martacuba.com/ https://www.mover.martacuba.com/proxectos

REMATAMOS O CURSO!! SUXESTIÓNS VERANIEGAS!!

Imaxe
E chegou o fin de curso cos seus apuros e as súas ansias de dar un bo remate a este intenso ano que nos deixa moitos recordos, algúns deles recollidos neste blog. Desde as diferentes seccións facemos esta publicación conxunta para que enchades o voso verán e non nos esquezades ata que voltemos coas pilas cargadas en setembro. Bo verán! DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA Ledicia Costas, autora coñecida no eido infantil e xuvenil, acaba de publicar unha novela orientada a un público máis adulto. Sorpréndenos con  Infamia , una novela próxima ao xénero negro e cun tratamento de temas que a sitúan lonxe da literatura para todos os públicos.  Infamia  é a historia de Emma Cruz, unha penalista que vai vivir ao espazo rururbano de Merlo, un lugar marcado pola desaparición de dúas nenas, as irmás Giraud, vinte e cinco anos atrás. En realidade, Emma Cruz é só a escusa para contar a historia colectiva de Merlo, volvéndose así forte a ligazón entre o xénero negro e a novela social. É ...

DANZA.ES

Imaxe
Ola, Preséntovos unha páxina web dedicada só a danza. É unha das páxinas máis recoñecidas e prestixiosas do país. Atoparedes concursos, convocatorias, actualidade e todo sobre danza clásica e contemporánea. Este é o link,  http://www.danza.es/actualidad

DANZA EN CARBALLO

Imaxe
Ao fin, xa está aquí, xa chegou ! Temos unha gran oportunidade para ver danza de moita calidade na nosa zona. " Primavera en danza" é un Festival do movemento artístico que teremos a oportunidade de gozar no mes de maio, en Carballo. No cartel adxunto aparecen as datas es os seus protagonistas, bailaríns e bailarinas contemporáneos de moito nivel. Espero vervos alí.

PINK UNICORNS

Imaxe
Nesta ocasión preséntovos unha actuación chamada " Pink Unicorns" da compañía de danza " La Macana ". É unha actuación moi especial xa que en escena atopámonos cunha historia entre pai e fillo que é ficción e realidade ao mismo tempo. Historia entrañable expresada co movemento, unha oportunidade de ver a estes dous artistas xuntos, con momentos de risas, críticas e pura diversión. O día 27 de abril podedes atopalos no Pazo da Cultura de Carballo. Non volo perdades.

ARMANDO MARTÉN

Imaxe
Maca e Armando  enlace ao vídeo. Ola, preséntovos ao mellor profesor de danza de Galicia. É cubano e chámase Armando, ten unha compañía e é profesor do Conservatorio da Coruña. Engádovos un vídeo onde baila co seu compañeiro, Maca. Espero que vos guste e gocedes da impecable técnica que ten, chea de acrobacias e elegancia no movemento.

DANZA SEN LUZ

Imaxe
Ola, imos ver nestes exemplos como a luz é un elemento compositivo moi interesante non só nas artes plásticas, senón tamén, na danza. Aquí deixamos un vídeo duns bailaríns que se moven na escuridade. Eles son a propia luz e iso fai que estean acó e aló polo escenario. Pura maxia e enerxía en movemento que espero gocedes. Neste segundo vídeo, apreciamos as posibilidades da tecnoloxía aplicadas á escena. Representación chea de suxestión e formas creadas con luz.

HIP HOP BAILE NA RÚA

Imaxe
O hip hop é un movemento artístico e cultural que xurdiu nos Estados Unidos a finais dos anos setenta nas comunidades afroamericanas e latinoamericanas dos barrios da cidade de Nova York (Bronx, Queens e Brooklyn). En realidade, Hip Hop é a cultura que engloba diferentes correntes de rúa e vai moito máis alá do canto. É un medio de expresión que naceu nas rúas como resposta á situación represiva en que vivían os cidadáns confinados nunha especie de gueto moderno. De aí que as súas letras e bailes sexan provocativos e críticos coa sociedade. Neste vídeo podemos ver, como característica principal, a expresividade dos micromovementos. Toda a coreografía medida ao milímetro. É precisa, exacta, simultánea e o seu encanto é ese control absoluto dos pequenos movementos. Os protagonistas do vídeo son Les Twins, os idénticos irmáns xemelgos Laurent Nicolas e Larry Nicolas Bourgeois. Ambos son bailaríns, coreógrafos, produtores , modelos e deseñadores. Podemos apreciar no seu baile unha inc...

BAILAMOS?

Imaxe
Ola, para este ano temos como novidade este apartado de danza. Vai ser un espazo onde falaremos do movemento dun xeito creativo. Nesta ocasión e para que vexades o que se pode facer cunha cámara e un ordenador presentamos as pezas de Patricia Iglesias. Son coreografías cheas de cor, peluches e música alternativa. Se algún se anima podemos facer un vídeo clip...mirade o link e xa faleremos. https://vimeo.com/patriciaiglesiaspereira Performance Patricia Iglesias

Danza