MARC CHAGALL NA FUNDACIÓN BARRIÉ

A Fundación Barrié presenta a maior exposición de obra gráfica de Marc Chagall (Vítebsk, Imperio ruso, 7 de xullo de 1887 - Saint-Paul de Vence, Francia, 28 de marzo de 1985), un dos pintores e artistas gráficos máis importantes do século XX e un dos artistas máis inclasificables. O seu estilo pictórico tan persoal, cun profundo coñecemento expresivo da cor, está vinculado ás lembranzas da súa infancia, da natureza, da poesía, da fantasía e mais do folclore xudeu e da vida na súa vila natal.

A inauguración, que tivo lugar onte, contou cunha visita guiada a cargo da comisaria de exposicións e crítica de arte Dolores Durán Úcar, Doutora en Historia da Arte e Cultura Visual pola Universidade Autónoma de Madrid (2015) e Licenciada en Filosofía e Letras pola Universidade de Zaragoza (1989). Dolores Durán Úcar é experta na obra de Marc Chagall e comisaria colaboradora da Colección The Art Company. 

Fundación Barrié. Cantón Grande, 9 - 15003 A Coruña
Datas: 12 de marzo – 28 de xuño de 2020

Comentarios

Publicacións populares

...PORQUE LAS ESTIRPES CONDENADAS A CIEN AÑOS DE SOLEDAD NO TENDRÍAN UNA SEGUNDA OPORTUNIDAD SOBRE LA TIERRA

EXTRAORDINARY WOMEN

MAUS, A HISTORIA DISFRAZADA DE FÁBULA.

CÓMIC INSPIRADO EN LA LEYENDA EL MONTE DE LAS ÁNIMAS DE GUSTAVO ADOLFO BÉCQUER

EUPHORIA, UNHA SERIE QUE MOSTRA O SUFRIMENTO DOS ADOLESCENTES

8 DE MARZO NO IES EDUARDO PONDAL DE PONTECESO

ESOPÍAS?

27 de marzo, Día Mundial do Teatro

O CASAMENTO DOS PAXARIÑOS: O DÍA DA MARMOTA GALEGO OU O DÍA DE SAN VALENTÍN?

"INSTRUCCIONES PARA EMPEZAR A HABLAR GALLEGO"