Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2025

Día da Candeloria

 Chegados ao 2 de febreiro imos festexar esta semana o retorno das aves migratorias e os cortexos dos paxariños como preludio á primavera!!! Este ano a Biblioteca creativa súmase ao traballo dos Polos creativos e o alumnado de 1º ESO elaborou unhas fantásticas casiñas-niños para que os paxaros atopen un bo acubillo. Aquí vedes o ben que lles quedaron e ao mesmo tempo repasamos os nomes do nosos paxaros galegos: o pardal, a bubela, a anduriña, a lavandeira, o merlo, etc.

VENRES MUSICAIS

Imaxe
 Como vén sendo a tradición, ao inicarse o ano novo, tamén iniciamos a actividade dos... VENRES MUSICAIS Todos os últimos venres de cada mes, poderemos gozar na nosa biblioteca das dotes artísticas do noso alumnado que se anima a compartilas cos demais. Nesta ocasión Alexandre González Pombo e Álex Costa Costa interpretarán varias pezas coas súas guitarras eléctricas. Animádevos a aplaudirlles moito!!!

ORIGAMI para o DÍA DA PAZ

Imaxe
 Este ano imos celebrar o Día da non violencia e da Paz coa elaboración dunha "cortina de grúas" que todo o alumnado de ESO vai aprender a facer coa técnica do origami. O noso compañeiro, Salvador Andrade de 1º BAC, ensínanos como facer estes paxaros de papel que imos colgar na entrada do instituto para lembrar a todos os que entren, que se atopan nun espazo "pacífico", libre de violencias!!!!  Clica no enlace: Titorial origami grúas