200 ANOS DO MUSEO DO PRADO

O pasado martes 19 de novembro o Museo do Prado cumpriu 200 anos, unha longa vida para un museo que posúe máis de 33.ooo obras de arte, das cales poucas máis de 1.700 están expostas.

Doodle que lle adicou esta semana a páxina de Google ao 200 aniversario do museo
O Museo Nacional do Prado, desde que foi inaugurado en 1819 e ao longo da súa historia bicentenaria, cumpriu coa misión de conservar, expoñer e enriquecer o conxunto das coleccións e obras de arte que, vencelladas á historia de España, constitúen unha das máis importantes manifestacións de expresión artística de recoñecido valor universal.

A pesares da súa lonxevidade non deixan de modernizarse, e o museo ven de estrear na súa páxina web unha ferramenta interactiva que consiste nunha liña do tempo que permite comparar os autores e as obras do Museo do Prado con ata catro capas de coñecemento ao mesmo tempo.

Os datos da capa Museo do Prado proveñen da base de datos da colección do Museo do Prado e inclúen toda a pintura, escultura e obras de arte da colección, producida entre os séculos XII e XIX. Os datos do resto de capas recóllense da Wikipedia e Wikidata.

Na capa Museo do Prado, as obras e os artistas aparecen ao inicio do ano de produción da obra ou do nacemento do artista.

Captura de pantalla dunha parte da comparativa Obras-Contexto Histórico
Anímovos a coñecer de cerca o museo, aínda que sexa virtualmente!

https://www.museodelprado.es/coleccion/linea-del-tiempo?pInit=1100-1-1&pEnd=1990-1-1



Comentarios

Publicacións populares

...PORQUE LAS ESTIRPES CONDENADAS A CIEN AÑOS DE SOLEDAD NO TENDRÍAN UNA SEGUNDA OPORTUNIDAD SOBRE LA TIERRA

EXTRAORDINARY WOMEN

MAUS, A HISTORIA DISFRAZADA DE FÁBULA.

CÓMIC INSPIRADO EN LA LEYENDA EL MONTE DE LAS ÁNIMAS DE GUSTAVO ADOLFO BÉCQUER

EUPHORIA, UNHA SERIE QUE MOSTRA O SUFRIMENTO DOS ADOLESCENTES

8 DE MARZO NO IES EDUARDO PONDAL DE PONTECESO

ESOPÍAS?

27 de marzo, Día Mundial do Teatro

O CASAMENTO DOS PAXARIÑOS: O DÍA DA MARMOTA GALEGO OU O DÍA DE SAN VALENTÍN?

"INSTRUCCIONES PARA EMPEZAR A HABLAR GALLEGO"