ALBERTO CORAZÓN NA NOSA RETINA

A pasada semana faleceu en Madrid Alberto Corazón. Fotógrafo, escultor e pintor, deseñou coñecidos logotipos de institucións e empresas que todos e todas nós temos gravados na nosa mente. O Ministerio de Sanidade, a ONCE, a Biblioteca Nacional, Correos, Renfe, Paradores, O Círculo de Belas Artes, a Compañía Nacional de Teatro, o teléfono DOMO...son un exemplo do sinfín de imaxenes que nos acompañan e que foron creadas por el.


A súa carreira como deseñador foi moi inflínte dende os inicios. Acadou un forte protagonismo na industria cultural española como deseñador editorial e, co paso dos anos, especializouse no deseño gráfico e industrial.

Académico de número da Real Academia de Belas Artes de San Fernando, foi premio Nacional de Deseño 1989 e no campo internacional obtivo múltiples galardóns, acadando os premios máis relevantes da Comunicación Visual: Arts Director Club de Nueva York, o British Design e o Design Council International, ademáis de ser o único deseñador europeo que ten recibido a medalla de ouro do American Institute of Graphic Arts.



A súa personalidade polifacética tamén abarcou outras áreas, como a escrita, e publicou diversos libros relacionados co deseño gráfico, a creación plástica e ensaios.


Premendo no título podedes visualizar o documental "Imprescindibles: Siete días con Alberto Corazón" dirixido por Pablo Iraburu e coproducido por RTVE que repasa la obra del diseñador gráfico.

Comentarios

Publicacións populares

...PORQUE LAS ESTIRPES CONDENADAS A CIEN AÑOS DE SOLEDAD NO TENDRÍAN UNA SEGUNDA OPORTUNIDAD SOBRE LA TIERRA

EXTRAORDINARY WOMEN

MAUS, A HISTORIA DISFRAZADA DE FÁBULA.

CÓMIC INSPIRADO EN LA LEYENDA EL MONTE DE LAS ÁNIMAS DE GUSTAVO ADOLFO BÉCQUER

EUPHORIA, UNHA SERIE QUE MOSTRA O SUFRIMENTO DOS ADOLESCENTES

8 DE MARZO NO IES EDUARDO PONDAL DE PONTECESO

ESOPÍAS?

27 de marzo, Día Mundial do Teatro

O CASAMENTO DOS PAXARIÑOS: O DÍA DA MARMOTA GALEGO OU O DÍA DE SAN VALENTÍN?

"INSTRUCCIONES PARA EMPEZAR A HABLAR GALLEGO"