GALICIA, UN RELATO NO MUNDO

 
   Hoxe quérovos convidar a visitar a Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, para que podades percorrer a exposición "Galicia, un relato no mundo". O comisario da exposición Manuel Gago, logra reunir máis de 300 pezas de alto valor simbólico para a historia e a cultura do noso país. Estas pezas atópanse espalladas por museos e coleccións privadas en distintos recantos do mundo, e a maior parte delas visitan Galicia por primeira vez.

     "Galicia, un relato no mundo" explora a interacción entre o territorio histórico galego e o resto do mundo nun percorrido que nos leva desde a prehistoria ata a actualidade. Concibida como a primeira de tres grandes exposicións da Xunta con motivo do Xacobeo 2021, céntrase nas relacións internacionais de Galicia e a súa presenza no mundo.

   Na imaxe podemos ver unhas das pezas da exposición, "A Santa" de Franciso Asorey, obra que levaba máis de 70 anos en Uruguay. Asorey, nado en Cambados no século XIX, dicía que esta é a peza da que se atopaba máis satisfeito. Esta escultura foi presentada por primeira vez na Exposición Nacional de Belas Artes en Madrid no ano 1926, rachando coas convencións estéticas e coa corrección política do momento.



Comentarios

Publicacións populares

...PORQUE LAS ESTIRPES CONDENADAS A CIEN AÑOS DE SOLEDAD NO TENDRÍAN UNA SEGUNDA OPORTUNIDAD SOBRE LA TIERRA

EXTRAORDINARY WOMEN

MAUS, A HISTORIA DISFRAZADA DE FÁBULA.

CÓMIC INSPIRADO EN LA LEYENDA EL MONTE DE LAS ÁNIMAS DE GUSTAVO ADOLFO BÉCQUER

EUPHORIA, UNHA SERIE QUE MOSTRA O SUFRIMENTO DOS ADOLESCENTES

8 DE MARZO NO IES EDUARDO PONDAL DE PONTECESO

ESOPÍAS?

27 de marzo, Día Mundial do Teatro

O CASAMENTO DOS PAXARIÑOS: O DÍA DA MARMOTA GALEGO OU O DÍA DE SAN VALENTÍN?

"INSTRUCCIONES PARA EMPEZAR A HABLAR GALLEGO"