Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta actividades

VIVA a regueifa e máis a muiñeira!!!

Imaxe
 Hoxe a Praza do Recheo converteuse no corazón da improvisación e da cultura galega! ✨🎤 O noso IES tivo a honra de ser o centro anfitrión do II Encontro Bergantiñán e da II Liga Escolar da Regueifa, nunha xornada que reuniu arredor de 360 mozos e mozas de diferentes centros educativos da comarca. Ao longo do día, o alumnado participou en desafíos de regueifa, actividades de tradición oral, música e baile, compartindo talento, creatividade e convivencia arredor da lingua galega e das nosas raíces. 💙🤍 O encontro segue medrando ano tras ano, demostrando que a cultura galega tamén é presente e futuro para a mocidade. Ponteceso encheuse hoxe de versos improvisados, retranca, compañeirismo e moitas ganas de manter viva unha das tradicións máis nosas. 🌿🗣️ Parabéns a todo o alumnado participante, ao profesorado e ás persoas organizadoras por facer posible unha experiencia tan especial! 👏✨

Nas entrañas dun xornal

Imaxe
 O alumnado de 3º da ESO tivo a oportunidade de realizar unha saída moi especial ás instalacións de La Voz de Galicia , onde puideron coñecer de primeira man como se crea un xornal: desde a primeira idea que xorde na redacción ata o momento no que as rotativas comezan a imprimir os milleiros de exemplares que chegan cada día aos quioscos. A visita comezou na sala de redacción , un espazo cheo de pantallas, movemento e voces que traballan ao ritmo da actualidade. Alí explicáronlles como se organiza o equipo xornalístico, como se seleccionan as noticias e cal é o proceso de verificación da información antes de que chegue ao público. O alumnado puido observar como se distribúen as seccións, como se redactan as pezas informativas e como se decide a estrutura da portada dun diario. A continuación, pasaron á área de maquetación e edición , onde descubriron o labor imprescindible dos equipos que dan forma visual ao xornal. Aprenderon como se combinan textos, fotografías e gráficos así co...

23 de abril: Día do Libro

Imaxe
  O pasado 23 de abril, coincidindo coa celebración do Día do Libro , Biblio A Ponte organizou unha actividade especial baixo o lema “Agasalla un préstamo!” , coa que se buscaba promover a lectura e dinamizar a participación da comunidade educativa. O alumnado foi convidado a realizar un préstamo na biblioteca e, como parte da proposta, recibir outro libro a modo de “agasallo lector”, favorecendo así a descuberta de novos títulos e xéneros. Ademais, animouse ao estudantado a crear un vídeo en formato mp4 no que compartisen unha recomendación lectora persoal, explicando por que ese libro merece ser lido e que lles aportou como lectores. Todos os vídeos enviados levaron premio!!! Participar nun roteiro literario por Camariñas , previsto para o 18 de maio, unha actividade cultural que reforza a conexión entre lectura, territorio e patrimonio. Con esta iniciativa, a biblioteca consolidou o seu papel como espazo dinamizador, creativo e aberto, fomentando o gusto pola lectura e a expres...

Practicando a REGUEIFA!!

Imaxe
 Hoxe, 15 de abril, gozamos en Biblio A Ponte dun obradoiro de regueifa impartido pola regueifeira Lupe Blanco. A actividade d esenvolveuse na biblioteca escolar como unha experiencia creativa e participativa para o alumnado de 1º de ESO, enmarcada no programa Modelo Ponte… nas ondas! do que o noso centro forma parte. Durante a sesión, Lupe introduciu ao alumnado na tradición oral improvisada, explicando as súas claves expresivas, rítmicas e culturais, e guiounos na creación das súas propias estrofas, favorecendo a espontaneidade, o humor e o respecto pola palabra compartida. A biblioteca converteuse así nun espazo vivo de aprendizaxe, onde a oralidade, a música e a identidade cultural se entrelazaron, permitindo que o alumnado experimentase a regueifa non só como patrimonio, senón como ferramenta de comunicación e expresión persoal. A actividade reforzou o carácter inclusivo e dinamizador da biblioteca e contribuíu ao desenvolvemento das competencias comunicativas e culturais d...

Últimos folgos do trimestre para a Semana Cultural

Imaxe
  A semana anterior ás vacacións, o instituto celebrou a súa XXIV Semana Cultural , unha edición chea de actividades formativas e creativas nas que a Biblioteca tivo un papel fundamental, coordinando charlas, obradoiros e propostas participativas que contaron cunha excelente acollida por parte do alumnado. Entre as actividades máis destacadas estivo a charla da UDC “As redes sociais e os dereitos á intimidade” , impartida por María Esther Rovira para o alumnado de 2º de ESO . A sesión permitiu reflexionar sobre o uso responsable das redes, os riscos asociados á exposición dixital e a importancia de coñecer os dereitos de protección da intimidade nun mundo hiperconectado. Tamén da man da UDC, o alumnado de 3º de ESO asistiu á charla “Educar para a creatividade” , impartida por Vicente Castro Alonso , que tivo unha acollida especialmente boa. A actividade animou a pensar doutro modo, a experimentar e a entender a creatividade como unha ferramenta esencial para aprender, resolver p...

I Liga de Debate

Imaxe
  O noso centro participou o día 25 de marzo, na I Liga Escolar de Debate , unha iniciativa organizada pola Consellería que busca fomentar o pensamento crítico, a expresión oral e o traballo en equipo entre o alumnado de secundaria. Para a primeira fase desta primeira edición, o tema proposto foi: “É conveniente limitar o uso das redes sociais aos menores de 16 anos?” , unha cuestión de plena actualidade que espertou interese e reflexión entre os participantes. O equipo de debate estivo formado por Luana Sueiro, Eva Rodríguez, Sofía de la Cruz, Uxía Antón, Sara Castro, Alba Torrado e Valeria Soage , alumnas de 3º e 4º da ESO , que prepararon argumentos, analizaron información e practicaron técnicas de oratoria ao longo das últimas semanas. A súa implicación, responsabilidade e capacidade para traballar de forma coordinada foron exemplares. Para participar na fase correspondente, desprazámonos ata o IES Eusebio da Guarda da Coruña , onde o noso equipo puido poñer en práctica todo o ...

Un novo 8M

Imaxe
  Co gallo da celebración do Día da Muller , o equipo de Biblioteca e o Departamento de Dinamización Lingüística puxo en marcha unha nova edición da nosa xa tradicional exposición fotográfica. Unha actividade que busca visibilizar e homenaxear figuras femininas relevantes da historia, da ciencia, das artes, do deporte ou de calquera outro ámbito significativo. A proposta consiste en que as mulleres do centro —docentes, persoal non docente e tamén as alumnas,— escollen a fotografía dunha muller que consideran inspiradora. Pode ser unha figura relacionada coa materia que imparten ou estudan, ou simplemente alguén cuxa traxectoria lles resulta significativa. A partir desa imaxe, cada participante realizou unha fotografía propia caracterizándose como a muller elixida , imitando na medida do posible a pose, a expresión e o estilo da foto orixinal. As imaxes están expostas no corredor de entrada do centro, acompañadas da fotografía orixinal e dunha breve biografía en galego da muller...

VENRES MUSICAL: 27 de febreiro

Imaxe
  Hoxe durante o recreo, volvemos realizar a actividade dos "Venres musicais" en Biblio A Ponte , na que participou o alumnado de 1º ESO deleitándonos con actuacións musicais variadas. Comezou Alejandro Varela Iglesias tocando dúas pezas de acordeón, seguido de Martina Novoa Varela e Lucía Rodríguez Castro cos ukeleles e máis as súas voces, acompañadas tamén pola voz de Naia Ferreiro Amado. Por último, Lucía Rodríguez tocou tamén o seu acordeón, poñéndolle fin a esta variada actuación. O público asistente aplaudiu con estusiasmo a música dos seus compañeiros e, sobre todo, a valentía de amosar os seus talentos a toda a comunidade educativa que se achegou ata Biblio A Ponte neste  no seu tempo de lecer. Parabéns aos artistas e grazas a todos os asistentes!!!

Festa de entroido!!!

Imaxe
 Este ano, ademais dos disfraces, para celebrar o Entroido Biblio A Ponte xuntou as súas enerxías con Polos creativos e o alumnado confeccionou unha máscara para lucir no Entroido!!! A actividade desenvolveuse como un obradoiro práctico no que a rapazada de 1º de ESO combinou creatividade artística e iniciación á electrónica téxtil para elaborar máscaras de Entroido iluminadas con pequenos LEDs cosidos. A sesión comezou cunha breve explicación sobre o funcionamento básico dun circuito e sobre a importancia da polaridade nos LEDs, algo que lles permitiu entender por que era necesario seguir un percorrido concreto ao coser os fíos condutores. A partir de aí, cada estudante deseñou a súa propia máscara, escollendo formas, cores e a localización dos puntos de luz. Este momento inicial serviu para que planificasen tanto a parte estética como o trazado do circuito, evitando cruces ou erros posteriores. Unha vez definido o deseño, pasaron á fase de costura: empregaron fío condutor para u...

Torneo de debate: TDAG

Imaxe
  O alumnado de Oratoria de 3º de ESO, no día de onte, volveu demostrar o seu talento e compromiso coa comunicación oral no VIII Torneo de Debate Académico de Galicia , organizado pola Fundación Barrié na Coruña. Nesta cita, que reúne centros de toda Galicia e promove o pensamento crítico entre a mocidade, as nosas alumnas, Sara Rojo Gerpe, Alba Torrado Duarte, Uxía Antón Bellón, Sofía de la Cruz Oblanca, Gabriela Mata Vásquez e Valeria Soage Castro, defenderon con solvencia e madurez as súas posturas arredor dunha cuestión tan actual como complexa: S on necesarios os deberes escolares para aprender mellor? Ao longo dos dous debates realizados, amosaron unha preparación rigorosa, capacidade para argumentar con claridade e unha admirable habilidade para escoitar, responder e adaptar o discurso en tempo real. O debate converteuse así nun espazo de aprendizaxe viva, onde a palabra se transforma en ferramenta para analizar a realidade, contrastar ideas e construír coñecemento de maneir...

Liga da Regueifa

Imaxe
  O pasado 28 de xaneiro, a participación do alumnado de 1º de ESO na II Liga da Regueifa , celebrada en Ponte do Porto (Camariñas), converteuse nunha experiencia inesquecible e profundamente formativa. Xunto a outros institutos da contorna, o noso alumnado tivo a oportunidade de mergullarse nunha tradición viva, chea de ritmo, retranca e creatividade, guiados pola mestra da improvisación Lupe Blanco , que soubo espertar en cada participante o gusto pola palabra dita. A regueifa non é só un xogo verbal: é unha escola de pensamento rápido, de escoita activa e de comunicación eficaz. A través da improvisación, o alumnado aprende a organizar ideas ao instante, a expresarse con claridade e a manter un diálogo respectuoso e áxil. Estes encontros fortalecen a confianza, fomentan a creatividade e axudan a valorar a riqueza da nosa lingua e da nosa tradición oral. A súa participación nesta liga demostra que a oralidade segue a ser un espazo privilexiado para aprender, convivir e medrar. E ...

Queres vir xogar?

Imaxe
 Imos dar comezo á liga de xadrez deste curso, así que se che gusta xogar ou queres aprender, este venres 26 de setembro, pásate pola biblioteca na hora do recreo e sairás ben informado!!

1º Encontro bergantiñán

Imaxe
  Continuando coa homenaxe ás nosas pandereteiras, o alumnado do IES Eduardo Pondal non se quixo perder o 1º Encontro bergantiñán, organizado entre os tres institutos de Carballo e máis o de Ponteceso. O pasado venres 30 de maio, desprazámonos ata a praza do concello de Carballo para participar nesta foliada, nun encontro no que a rapazada bailou a Muiñeira de Sofán todos xuntos, e no que estiveron acompañados novamente por Teresa dos Cucos. Foi unha mañá alegre e crea de aprendizaxe!!!

AGORA CANTAMOS NÓS!!

Imaxe
  O pasado 23 de maio en Santiago, o alumnado de 3º ESO participou na Foliada das letras galego-portuguesas, organizada pola asociación Ponte... nas ondas! Alí estiveron os rapaces bailando e cantando letras e músicas tradicionais, acompañados por Teresa dos Cucos, como exemplo de "tesouro vivo", quen posúe un coñecemento profundo e significativo da nosa cultura e tradición, e que a transmite a estas xeracións máis novas para que así perdure no tempo. Grazas Teresa!!! Foi unha xornada festiva e de convivencia con alumnado doutros centros de Galicia e do norte de Portugal e agradecemos a Ponte... nas ondas! o seu convite. Parabéns pola iniciativa!!!

LETRAS GALEGAS 2025

Imaxe
Hoxe foi un día de celebración e foliada no noso instituto, xa que estivemos a festexar o Día das Letras Galegas con varios actos. Empezamos cun faladoiro con Marta Villar na que participou o alumnado do Club de Lectura que charlou coa escritora sobre as súas dúas novelas: Non temerás os coches amarelos e Detective Ferruchi.  O faladoiro foi moi ameno e distendido, xa que os lectores preguntaron e interesáronse pola configuración das pesonaxes, o tempo de creación das novelas, o oficio de Marta Villar...  A continuación pasamos a realizar a tradicional homenaxe "Unha escritora, unha árbore", na que todos os anos escollemos unha árbore do noso patio á que lle poñemos o nome dun escritor ou escritora da contorna e, este ano, Marta Villar escolleu un bidueiro!! Finalmente, rematamos a festa cunha foliada no patio, na que gaiteiros, pandereteiras e mooooitos bailaríns celebramos este día das Letras Galegas 2025. Así, entre bailes e música tradicional homenaxeamos a figura das ca...

Faladoiro con ANTÍA YÁÑEZ

Imaxe
 No día de onte estivo no noso instituto a escritora Antía Yáñez con quen puidemos conversar sobre as súas novelas que estivemos a ler no club de lectura, tanto este ano como o ano pasado: O clan das Barbies e Non penses nun elefante rosa . O alumnado de 1º BAC e mais os participantes do club de lectura de adultos, interesáronse polo proceso de creación, o tempo dedicado á escrita, a invención dos personaxes... e outras moitas cuestións en torno á literatura. Ademais tamén lle realizaron unha entrevista que podedes escoitar na blog de Ponte na onda. Radio .