Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Música

VENRES MUSICAL: 27 de febreiro

Imaxe
  Hoxe durante o recreo, volvemos realizar a actividade dos "Venres musicais" en Biblio A Ponte , na que participou o alumnado de 1º ESO deleitándonos con actuacións musicais variadas. Comezou Alejandro Varela Iglesias tocando dúas pezas de acordeón, seguido de Martina Novoa Varela e Lucía Rodríguez Castro cos ukeleles e máis as súas voces, acompañadas tamén pola voz de Naia Ferreiro Amado. Por último, Lucía Rodríguez tocou tamén o seu acordeón, poñéndolle fin a esta variada actuación. O público asistente aplaudiu con estusiasmo a música dos seus compañeiros e, sobre todo, a valentía de amosar os seus talentos a toda a comunidade educativa que se achegou ata Biblio A Ponte neste  no seu tempo de lecer. Parabéns aos artistas e grazas a todos os asistentes!!!

AGORA CANTAMOS NÓS!!

Imaxe
  O pasado 23 de maio en Santiago, o alumnado de 3º ESO participou na Foliada das letras galego-portuguesas, organizada pola asociación Ponte... nas ondas! Alí estiveron os rapaces bailando e cantando letras e músicas tradicionais, acompañados por Teresa dos Cucos, como exemplo de "tesouro vivo", quen posúe un coñecemento profundo e significativo da nosa cultura e tradición, e que a transmite a estas xeracións máis novas para que así perdure no tempo. Grazas Teresa!!! Foi unha xornada festiva e de convivencia con alumnado doutros centros de Galicia e do norte de Portugal e agradecemos a Ponte... nas ondas! o seu convite. Parabéns pola iniciativa!!!

CHICK COREA (1941-2021)

Imaxe
A morte  do pianista e compositor estadounidense Chick Corea aos 79 anos, deixa un vacío inmenso no mundo do jazz. Na súa traxectoria artística elevou o jazz a cotas nunca alcanzadas, traspasando os límites do xénero, probando con distintas correntes musicais e case sempre acertando. A súa osadía estaba estreitamente ligada a súa inmensa creatividade. Na súa páxina de Facebook, Chick deixou unha mensaxe agradecendo a quen lle axudara a "manter ardendo o lume da música. Teño a esperanza de que aqueles que se sintan inclinados a tocar, a escribir, a actuar, ou algo similar, o fagan. ...non é por eles mesmos, que sexa polos demáis...

COMPOSITORAS FABULOSAS (E SILENCIADAS)

Imaxe
  "Houbo un tempo no que eu crin ter talento creativo, pero renunciei a esa idea; unha muller non debe ter o desexo de compoñer: se ningunha puido facelo, por que vou poder eu?" Este texto foi escrito por Clara Wieck pouco antes de casarse con Robert Schumann e convertirse en Clara Schumann, unha das compositoras e intérpretes máis valoradas pola tradición musical, pero de ningunha forma á altura do que lle correspondería, segundo a crítica actual. Desde este 8M o meu recordo a todas esas mulleres que decidiron adicarse ao mundo da composición musical, coñecendo o seu futuro incerto . Houbo un tempo no que as mulleres con talento eran consideradas "anxos dotados"  non profesionalmente, e a súa música era obstinadamente recluída no ámbito privado. De ahí que moitas das súas obras non chegaran ata os nosos días. Mulleres coma Francesca Caccini, Barbara Strozzi, Elisabeth Jacquet de la Guerre, Marianna Martines, Fanny Hensel, Clara Schumann, Lili Boulanger e Elizabeth ...

SYMPHONY UNHA VIAXE VIRTUAL AO CORAZÓN DA MÚSICA

Imaxe
  Symphony é unha experiencia inmersiva audiovisual que ofrece a través das emocións e a música co obxectivo de acercar a música clásica a todos os públicos. O espectador poderá vivir e entender a música clásica sentíndose coma un músico máis dentro dunha orquestra.     A través desta experiencia única, disfrutará das composicións de Beethoven, Mahler e Bernstein, da man do gran director Gustavo Dudamel e da prestixiosa Mahler Chamber Orchestra .

VERDI- 120 ANOS DA SÚA MORTE

Imaxe
 Este mes de xaneiro hai 120 anos da súa morte. Un dos compositores máis xeniais de todos os tempos. Na súa terceira ópera, Nabucco , o público italiano asociou a historia do pobo xudeu en Babilonia coa situación de opresión que vivía o país transalpino baixo o dominio austríaco. Rigoletto, Il trovatore, La traviata, Aída... figuran entre os dramas musicais máis apreciados de todo o mundo. Giuseppe Verdi naceu na modesta posada que rexentaba o seu pai en Roncole, na provincia de Parma. O organista da parroquia, pronto advertiu o seu talento musical, polo que aos oito anos de idade o seu pai lle mercou unha "miserable" espineta - coma el mismo definiu posteriormente- que actualmente se pode ver na Casa Verdi , en Milán

40 ANOS SIN JOHN LENNON

Imaxe
 O luns 8 de decembro de 1980 John Lennon foi asasinado de cinco disparos efectuados por parte de Mark David Chapman na entrada do edificio onde vivía, o edificio Dakota. John Lennon foi un influínte músico británico de rock que adquiriu fama mundial por ser un  dos membros fundadores da banda The Beatles, pola súa carreira como solista,e polo seu labor como activista político en contra das guerras.

MÚSICA PARA DESPERTAR

Imaxe
 O Alzheimer volve a memoria un espazo vacío donde a beleza dos recordos se perde. A mente humana é, sin embargo, tan sorprendente, que ás veces garda recovecos intactos esperando ao estímulo adecuado para devolver as emocións ao espazo que lles corresponde. Un deses pequenos miragres é protagonista dun maravilloso video publicado pola Asociación Música para Despertar. É a historia de Marta, unha brillante bailarina que chegou a ocupar en 1967 o posto de primeira figura do ballet en Nova York. Enferma de Alzheimer e vacía de memoria, Marta é unha anciana ingresada nunha Residencia de Valencia, que vibra cando comeza a escoitar a música de Tchaikovsky. É o Lago dos Cisnes.

BLACKOUT TUESDAY

Imaxe
En memoria a George Floyd, o home afroamericano de 46 anos que faleceu en mans dun policía de Minneapolis, O "Blackout Tuesday" comezou coma unha idea da industria musical para facer un "apagón" durante todo o día , o martes 2 de xuño. Isto para crear conciencia e unirse ás manifestacións desatadas tras a morte de Floyd. Desde que se coñeceu a iniciativa, varios selos discográficos, artistas e incluso actores e cidadáns uníronse a este movemento.

LITTLE RICHARD

Imaxe
Little Richard, falecido o pasado sábado aos 87 anos, foi un dos grandes pioneiros do rock'n'roll', un dos pais fundadores sobre os que logo se levantou a cultura xuvenil. Tivo unha carreira fulgurante nos cincuenta para logo desaparecer e, xa de forma intermitente e abandoando o rock'n'roll  da primeira escola, regresar con distintas incursións a outros estilos. Aquí vos deixo un dos seus himnos musicais.

A MÚSICA NA CUARENTENA

Imaxe
Nestes días que estamos todos confinados na casa, vemos que a música serve coma unha fiestra ao mundo. Diversas orquestas e coros reúnense , cada un desde a súa casa para facer soar as súas voces ou instrumentos, coma si dun canto á esperanza se tratase. Aquí a continuación escoitaredes esta versión da canción da banda sonora de Vaiana , feita polo  coro Gaos , que leva o nome do músico coruñés Andrés Gaos.

QUE A MÚSICA SEXA O ALIMENTO DO AMOR

Imaxe
Nestes momentos tan duros que nos atopamos, vos deixo un regalo. Podedes escoitar uns podcast moi chulos narrados coma contos, sobre distintas figuras da música pop, rock, jazz...coma Nina Simone, Freddie Mercury, David Bowie....e saber algo máis das súas vidas e as súas aportacións á música. Espero que vos guste. Quero citar unha bonita frase de Kurt Cobain: "A música é sinónimo de liberdade, de tocar o que queiras e como queiras, sempre que sexa bo e tenga paixón, que a música sexa o alimento do amor" https://www.podiumpodcast.com/idolos/temporada-1/

JAMES RHODES

Imaxe
James Rhodes publica " Playlist. Rebeldes e Revolucionarios da Música ". Unha espectacular obra ilustrada sobre os mestres da música clásica. James Rhodes é unha das grandes estrelas do momento. A súa formación académica musical empezou aos catorce anos e rematou catro anos despois, cando deixou de tocar o piano durante unha década. Desde que regresou á música, ten lanzado sete álbumes, actuado nalgúns dos escenarios máis prestixiosos do mundo e publicado tres libros superventas.

VENRES MUSICAIS NA BIBLIOTECA

Imaxe
Desde o pasado 7 de febreiro estades convidados aos venres musicais. Como inicio desta nova sección tivemos a Dani Villar, de 3º B, coa súa fantástica exposición sobre Fito Cabrales.  Dado que os nosos gustos musicais abranguen un espectro moi amplo e que é moi enrequecedor o contacto con outras persoas que nos descubran novos artistas, nesta nova sección da nosa biblioteca gustariamos de que vos sentirades libres de poñer a música que vos guste. Queremos que compartades co resto do mundo os vosos gustos musicais, as vosas músicas favoritas.    

ASÍ FOI A CELEBRACIÓN DO NADAL NA BIBLIOTECA

Imaxe
     O pasado 20 de decembro festexamos na biblio a fin dun longo primeiro trimestre e a chegada do Nadal. Non atopamos mellor xeito de facelo que coa entrega de premios do concurso "Decora a túa árbore" e a marabillosa actuación musical de dous dos nosos alumnos, Anabel Martínez de 2ºcurso de ciclo medio de Xestión Administrativa e Alexander Capone, de 3º da ESO. Ambos deleitáronnos cunhas panxoliñas, interpretadas por Alexander ao piano e Anabel á voz, e posteriormente Alexander agasallounos cunhas pezas ao acordeón. Un público entregado agasallounos a eles cunha multitude de aplausos, e a petición dalgún bis. Todo un éxito que esperamos que se repita na nosa biblioteca.   A continuación demos paso á entrega de premios do concurso. Nesta ocasión os adornos premiados foron elaborados por tres rapazas, correspondendo o primeiro premio a Elena Torrado de 2º da ESO, o segundo premio a Antía Souto de 3º da ESO e o terceiro premio a Gabriela Blanco, tamén ...

A VIDA ARTISTICA DE MARIE FREDRIKSSON

Imaxe
Marie e Per, Roxette, representaron, durante os seus primeiros anos de éxito, esa mezcla de pop e rock que, por un tempo, dotou de certo sentido a esa etiqueta chamada pop-rock. Parecían unha banda de roqueros, sonaban coma uns alegres e sensibles poperos. Él despeinado, ela co pelo cortísimo. Él coa guitarra á altura dos xeonllos, ela golpeando sen piedade unha pandeireta. Incluso na era da autenticidade, lograron arrancarlle un baile o unha bágoa á xeración X.

MADRID RENDE HOMENAXE A ENRIQUE URQUIJO NO 20 ANIVERSARIO DA SÚA MORTE

Imaxe
O domingo 17 de novembro cumplíronse 20 anos da morte de Enrique Urquijo , e unha veintena de artistas déronse cita no Wizink Center de Madrid para rememorar as composicións máis famosas deste cantante madrileño, que fundou "Los Secretos" , un dos míticos conxuntos do pop español dos 80.

REMATAMOS O CURSO!! SUXESTIÓNS VERANIEGAS!!

Imaxe
E chegou o fin de curso cos seus apuros e as súas ansias de dar un bo remate a este intenso ano que nos deixa moitos recordos, algúns deles recollidos neste blog. Desde as diferentes seccións facemos esta publicación conxunta para que enchades o voso verán e non nos esquezades ata que voltemos coas pilas cargadas en setembro. Bo verán! DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA Ledicia Costas, autora coñecida no eido infantil e xuvenil, acaba de publicar unha novela orientada a un público máis adulto. Sorpréndenos con  Infamia , una novela próxima ao xénero negro e cun tratamento de temas que a sitúan lonxe da literatura para todos os públicos.  Infamia  é a historia de Emma Cruz, unha penalista que vai vivir ao espazo rururbano de Merlo, un lugar marcado pola desaparición de dúas nenas, as irmás Giraud, vinte e cinco anos atrás. En realidade, Emma Cruz é só a escusa para contar a historia colectiva de Merlo, volvéndose así forte a ligazón entre o xénero negro e a novela social. É ...

MAITE HONTELÉ

Imaxe
A trompetista holandesa Maite Hontelé está especializada en ritmos latinos. Ten colaboracións con artistas como Rubén Blades, Buena Vista Social Club , Óscar D´León ou El Gran Combo de Puerto rico, entre outros . Actualmente vive en Medellín ,Colombia ,centrada no seu último álbum"Cuba Linda" co que vai percorrrer distintos países.

ANNE-SOPHIE MUTTER

Imaxe
A violinista alemá, catro veces gañadora dos Grammy , ten no seu repertorio multitude de pezas do período clásico e romántico e tamén ten estreado máis de vinte obras dos compositores contemporáneos máis relevantes. Asemade conta cunha extensa discografía, na que ás veces emprega un dos dous violíns Stradivari dos que é posuidora . Actúa este mes de maio no Auditorio Nacional de Música en Madrid interpretando varios concertos de Mozart .