Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2024

25N

Imaxe
" Hoxe é o Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller. Conmemoramos este día porque debemos ser conscientes deste suceso tan grave que sofren moitísimas mulleres no seu ámbito cotiá. Debemos destacar este día nos institutos para fomentar a convivencia, o respecto e a igualdade, xa que vivimos nunha realidade onde a violencia de xénero é moi frecuente e debido a isto é necesario que a xuventude comprendamos a gravidade deste feito. Así, poderemos previr condutas violentas e fomentar relacións sans. A través de charlas, debates e actividades sobre o 25N, os estudantes temos a oportunidade de entender como se manifestan as diferentes formas de violencia. A estas idades é mais importante aínda, xa que estamos a tempo de cambialo. De cambiar a mentalidade, de cambiar certas formas de ser, de cambiar a nosa actitude. De cambiar! Cada vez que a violencia se manifesta, cométese unha violación dos dereitos humanos da muller, polo cal este día non debemos quedar cal...

E os gañadores son...

Imaxe
Os gañadores do concurso de podcast "Historias de terror" en cada categoría foron: Categoría A: Uxía Antón Bellón Categoría B: Estela Villar, Ángel Villanueva, Luís Rodríguez e Ainoa Suárez Categoría C: Pablo Pose Os gañadores do concurso de cabazas foron: Categoría A: Marian Chouciño e Grecia Neira Categoría B: Luz Fernández MOITOS PARABÉNS A TODOS E TODAS!!!

Que medo!!! medo me da!!!

Imaxe
  Por fin chegou o Samaín ao noso centro!! e despois do traballo de varias semanas, puidemos gozar da festa!!!! Tivemos a biblioteca mooooi decorada grazas a todo o traballo desenvolvido polas voluntarias!!! Que rapazas tan traballadoras!!! Aquí tedes o resultado: O alumnado de 1º ESO visualizou o filme Frankenweenie e o de 2º ESO participou nun obradoiro de creación de adornos co voluntariado da biblioteca. Ben feito!! Tamén contamos cunha exposición de libros terroríficos seleccionada e preparada polo equipo de dinamización lingüística que tivo moi boa acollida:

DÍA DAS BIBLIOTECAS (24 de outubro)

  Desde BiblioAPonte queremos festexar este día das bibliotecas convidándovos a viaxar por "impresionantes" bibliotecas do mundo e descubrir onde se atopan, atréveste a conseguir o reto?

Charla informativa sobre o programa Erasmus

Imaxe
  Durante o recreo de hoxe, houbo unha xornada informativa sobre o programa Erasmus que se vai desenvolver este curso. Foi moi ben acollida por boa parte do profesorado que está animado a participar nas actividades e viaxes do Erasmus.

Entramos no mes do SAMAIN!!

Imaxe
  Un ano máis imos celebrar o Samaín como se merece esta data, na que ademais de pasar moito medo tamén enchemos as barrigas con ricas castañas!!! A finais do mes celebraremos o "Samagosto" e para pasar un día terrorífico aquí vos propoñemos un concurso novidoso!!!                                                      Ademais, como ben sendo habitual nestas datas, adornaremos a biblioteca coas vosas cabazas!!!

Usuarios e usuarias... xa formados!!

Imaxe
 Esta semana estivemos a impartir a formación de usuarios da biblioteca, na que participou o alumnado de 1º e 2º ESO e tamén o alumnado de 1º BAC. Foron sesións para darnos a coñecer e tamén para presentar as actividades a desenvolver este trimestre. A continuación realizaron xogos de busca, de colocación de fondos nos andeis e de clasificación de temáticas. Agora... a darlle moito "uso" á biblioteca!!