Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xaneiro, 2023

VENRES MUSICAIS-XANEIRO

Imaxe
  Este ano 2023 damos inicio a unha nova actividade, en colaboración coa nosa radio, que consiste en escoitar música en directo os últimos venres de cada mes!!! Pezas interpretadas polo alumnado do instituto que conta cun espazo para compartir as súas dotes musicais. O venres 27 de xaneiro comezamos coa interpretación ao piano de Alexander Capone! Todo un concertazo que puidemos desfrutar no recreo!

POR FIN UN CLUB DE MANGA NO IES EDUARDO PONDAL!!!

Imaxe
  A idea estaba na nosa mente dende un tempo atrás, pero é este curso cando por fin podemos dicir que temos un club de lectura de manga! Entre os diferentes títulos que lemos ( Death note, Ao no flag ...) imos destacar hoxe da man dun dos coordinadores do club, Salvador Andrade, a obra titulada Tokyo Revengers . Esta é a súa reseña:  "Esta obra,publicada en novembro de 2021, marabillou e encantou a moitos lectores e lectoras, e dende o noso club de manga quermos dicirvos que nos pareceu a nós este libro. A presentación foi unha das mellores partes a disfrutar, con grandes volúmenes que duran suficientemente e sobrecubertas moi decoradas, incluíndo pósters dentro do propio volumen.  Agora sí, falemos do realmente importante: sen meternos en grandes polémicas, podemos dicir que Tokyo Revengers chega a un xénero bastante sobrexplotado, mais cunha premisa interesante que a hora da verdade non se chega a implementar suficientemente.  A pesares de querer crear unha historia de bandas c