Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2020

COMO SE FAI ...?

Imaxe
Hai ocasións nas que nos quedamos mirando para un obxeto ou aparello e nos preguntamos, como se fabricará isto? Pois, agora que estamos na casa por mor do coronavirus, pode ser un bo momento para ver uns vídeos que mostran como se fan algúns obxetos de uso cotidiano. A continuación deixámosvos unhas ligazóns, a ver se vos gustan: COMO SE FAN OS LÁPICES? COMO SE FAN AS BOTELLAS DE VIDRO? COMO SE FAI UN BALÓN DE FÚTBOL? COMO SE FAN OS PARAFUSOS E AS PORCAS? Hai moitos máis vídeos para ver como se fan as cousas pero, tamén hai moitos máis días para facervos recomendacións...😉

TEATRO CONFINADO

Imaxe
Ao Teatro tamén lle toca reinventarse neste tempo de confinamento. Prácticamente todas as compañías e os teatros teñen pechadas as súas portas, pero algúns estanse aventurando a probar o teleteatro. É o caso da compañía Kamikace que ofrece un espectáculo no que tanto público como actor (só representan monólogos) destas íntimas representacións identifican esta experiencia como algo diferente ao teatro de sala que coñecíamos ata o de agora.  E mentres esta situación non cambie, e non saibamos que futuro lles espera a teatros e actores, teremos que conformarnos con ver teatro dende o sofá das nosas casas. Son múltiples as plataformas, compañías, canais de youtube...que nestes días ofrecennos a posibilidade de ver teatro de xeito gratuíto ou pagando unha pequena cantidade de cartos. Achégovos o enlace da páxina "Teatro a teatro" onde atopamos unha magnífica recopilación de enlaces para non parar de ver teatro https://www.teatroateatro.com/teatro-en-casa-servicios-gr

A MÚSICA NA CUARENTENA

Imaxe
Nestes días que estamos todos confinados na casa, vemos que a música serve coma unha fiestra ao mundo. Diversas orquestas e coros reúnense , cada un desde a súa casa para facer soar as súas voces ou instrumentos, coma si dun canto á esperanza se tratase. Aquí a continuación escoitaredes esta versión da canción da banda sonora de Vaiana , feita polo  coro Gaos , que leva o nome do músico coruñés Andrés Gaos.

HOW DO YOU LIKE THEM APPLES??!!

Imaxe
As you know, I love to tell you stories, so I decided to fill this post with a few of my latest interests. I have been reading a lot about popular science lately, especially popular math and physics and I stumbled upon many curiosities. One of them involves a popular incident related to our current situation. I’m sure you’ve all heard about Newton’s apple . For those who haven’t, this is how the story goes: due to the plague outbreak in London (this is the bit that resembles our lockdown further described in  previous posts), Isaac Newton retired to his family home in Woolsthorpe Manor. While sitting in the garden, Newton was pondering on the secrets of the universe when, all of a sudden, an apple fell on his head and had an Archimedes-like eureka moment. Newton related the falling of the apple to the moon and other celestial bodies, finally reaching his famous gravitational laws. As we can suspect, the whole incident may very well be apocryphal or, at least, an embelli

UN HIJO, UNA FLECHA AL CORAZÓN DE ALEJANDRO PALOMAS

Imaxe
Todos los días del año son buenos para recomendar la lectura de un libro pero el 23 de abril es evidentemente el día perfecto (por lo menos a nivel comercial). Huyendo de las invenciones capitalistas y momentáneas, hoy os proponemos una lectura emotiva, directa a los sentimientos del lector, y más si en este caso eres profesor y padre. Un hijo  es el título de la novela de Alejandro Palomas, con la cual ganó el Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil en el año 2017. Tenía este libro (recomendado y regalado por una profesora amiga) en la mesilla de noche, esperando su turno, y este confinamiento le ha dado su oportunidad. Es una novela corta y, aunque sencilla, profunda en las emociones. Guille es el hijo protagonista en esta historia y tras unos meses en su nuevo colegio, su profesora y orientadora detectan algo extraño en su conducta de felicidad intachable. A partir de ahí, la orientadora sustituta intentará indagar en esos miedos que Guille no se atreve a confe

DANZA NA CASA

Imaxe
Ola, Hoxe toca falar de danza nestes momentos de confinamento. Moverse é posible aínda que esteamos na casa encerrados. Temos que mover o corpo todos os días, bailar, saltar, en definitiva manternos en forma para sentirnos ben. Por iso, a modo de exemplo, engado esta preciosa peza que pixeron os alumnos do Conservatorio de danza da Coruña. Rapaces das vosas idades que decidiron bailar todos xuntos pero dun xeito novo.   O vídeo :   https://youtu.be/CLpnAAvHmkg Espero que vos inspire e vos anime a experimentar co movemento xa que, como todo, é cuestión de creatividade. Moito ánimo !!!

XOGANDO NO MUSEO DO PRADO

Imaxe
É curioso ver como neste tempo de confinamento o ser humano recorre para evadirse e reconfortar o seu corpo e a súa alma a tres disciplinas que a miúdo son as menos valoradas polos "organizadores" do noso sistema educativo. Artes plásticas, música e o coidado do corpo chegaron como unha revolución ás redes e as nosas vidas neste tempo de encerro que estamos a vivir.  Cos museos e as salas de exposicións coas portas pechadas toca reinventarse e achegar ao público, aínda que sexa de xeito virtual, o mellor de cada unha das súas obras. Hoxe quérovos falar dunha proposta que a modo de xogo ven de publicar na súa web o Museo do Prado. Chámase "Juego para familias. Tenemos una misión". Trátase dun plano, ilustrado pola artista Teresa Bellón, que ten como finalidade que coñezamos o museo, e parte das súas principais obras e personaxes, xogando. Cada día engaden a este xogo unha nova sala do museo, onde temos que atopar obxectos, animais, persoas...que están agocha

CREACIÓN LITERARIA EN TEMPOS DE CONFINAMENTO

Imaxe
Corren tempos de confinamento, de corentena. de permanencia nas nosas casas para enfrontarnos ao COVID-19. Con probabilidade todas e todos temos máis tempo para pensar e reflexionar sobre o que está a pasar ao noso arredor. Ese rebulir das nosas cabezas pode reflectirse na escrita e, quen sabe?, pode ser unha boa oportunidade para demostrar a nosa creatividade no eido literario.  É por iso que vos quero falar do I Concurso de microrrelatos #carballomola# en Instagram. Tedes a oportunidade de plasmar nunha breve creación literaria os vosos pensamentos, ideas ou reflexións relacionadas coa experiencia do confinamento orixinado pola pandemia do coronavirus.                                           Aquí vos deixo as bases do concurso e animádevos a participar!!! 1. A participación no I Concurso de Microrrelatos #carballomola está aberta a calquera persoa usuaria de Instagram, sen límite de idade. 2. A temática do microrrelato será o confinamento. Deberase menc

CRÓNICAS DUN LECTOR APESTADO 4

Imaxe
En Galicia non faltan topónimos como San Lázaro ou A Lazarada. O primeiro, por exemplo, en Santiago, onde se atopa o célebre barrio do mesmo nome; do segundo, en Cee, pois preto do colexio hai un lugar chamado Fonte da Lazarada, a onde irían os enfermos a sandar as feridas coa presuntamente salutífera auga desa fonte. E hai moitos máis topónimos. San Lázaro era o santo ao que se encomendaban os que tiñan enfermidades infecciosas, como a tuberculose ou a lepra, que eran confinados e illados, sen maiores atencións hixiénico-sanitarias, nos lazaretos. Na illa de San Simón, na ría de Vigo, houbo un lazareto, e tamén en Oza, na Coruña. Desde a Idade Media, tamén en Betanzos foi destinado aos lazarados unha barriada, a da Magdalena, algunhas de cuxas vivendas aínda se conservan. Da capela da Magdalena alí ubicada procede a talla dun santo apestado única en Galicia, amosando as chagas e bubóns. A toponimia deixou a pegada dos lázaros, lazaretos, lazarados e lazaradas na no

CRÓNICAS DUN LECTOR APESTADO 3

Imaxe
Acaba de morrer Uderzo. Que quen é Uderzo? O debuxante de Astérix, parella artística de Goscinny -xa falecido en 1977- e guionista do cómic. A morte de Uderzo é noticia, desde logo. Pero é dobre noticia, porque na entrega  Astérix en Italia , do 2017, os dous galos enfróntanse nunha carreira de cuadrigas a un tal... Coronavirus! É unha personaxe enmascarada que case gaña a carreira (case: Astérix e Obélix gañan sempre, non vos esquezades). Casualidades da vida: inmersos nesta pandemia por culpa do coronavirus, morre Uderzo, que uns tres anos xa nos falara dun Coronavirus... Por certo, non hai excusa para non ler algún cómic de Astérix e Obélix. E para recordar que na biblioteca do centro temos bastantes... Como escribiu Cervantes: "paciencia y barajar"... Ata outra...

CRÓNICAS DUN LECTOR APESTADO 2

Imaxe
Víase vir: a cousa comezou como quincena pero acabará en corentena . Agora xa sabemos que, amais do cordón sanitario político, imos padecer un máis prolongado cordón sanitario sanitario. Niso consiste unha corentena, desde que a finais do século XIV, co gallo da Peste Negra , o porto de Marsella estipulase que a duración do illamento da poboación tería que ser de 40 días. Viva a marsellesa! Crían entón que eran os días necesarios para que pasase a fase crítica da enfermidade. Con todo, parece que había algo de simbolismo relixioso no número: tamén foran 40 os días do Diluvio Universal, ou os días que pasou Xesucristo no deserto, ou os días que dura a Coresma… Xa vedes, feitos moi acaídos para esta Semana Santa digna de esquecer… Ánimo, xa van alá quince días.  Quedan outros quince (máis ou menos).  Dan para ler un libro un pouco groso, ou para escribir un relato (micro ou macro) sobre o que nos está a pasar.  Se vos animades, podedes mandalo ao correo do instituto