Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Historia Contemporánea

REAPERTURA DE MUSEOS

Imaxe
Agora que semella que as cousas van mellorando e podemos saír pasear e revisitar a cidade, aproveitando que os museos voltan abrir as súas portas, achégovos o enlace á información dos museos da cidade da Coruña.  Podemos atopar un amplo abano de posibilidades, dende a Torre de Hércules ao MUNCYT, pasando polo Museo Arqueolóxico, Museo da Arte Sacra, Museo de Belas Artes, Museo Militar, Museo dos Reloxos, Arte Contemporánea... Dende a páxina de turismo do concello da Coruña accedemos a toda a información necesaria para planificar unha visita sen sorpresas, xa que debido a situación actual en moitos deles hai que reservar a entrada con antelación.

TAL DÍA COMO HOXE... fai 65 anos

Imaxe
             O 1 de decembro de 1955 dábase o primeiro paso en favor da igualdade racial. O lugar: a cidade de Montgomery, capital do estado de Alabama, ao sur dos Estados Unidos. A protagonista; Rosa Park, muller de raza negra que traballaba como costureira duns grandes almacéns. Ela foi a encargada de plantar a “semente do  cambio” cando, ao saír do traballo, se negou a renunciar ao seu asento dun autobús para deixarlle o sitio a un pasaxeiro branco.       Era o momento no que estaban vixentes as chamadas “Leis de Jim Crown” que respaldaban duras medidas de segregación racial. Entre elas regulábase como as persoas debían colocarse nos autobuses: mentres os brancos comezarían a ocupar as filas dianteiras os negros sentarían nas últimas filas. En caso de completarse as prazas entraría en xogo a cor da pel: si eras negro irías de pe, si eras branco unha persoa da fila dos negros deberían levantarse para que ti sentaras.   ...

TAL DÍA COMO HOXE...FAI 30 ANOS

Imaxe
O 9 de novembro de 1898 caía a cicatriz visible da II Guerra Mundial. Tras o conflito Alemaña foi repartida e dividida en dous bloques: por unha banda, na zona occidental as potencias vencedoras (Estados Unidos, Reino Unido e Francia) crearon a República Federal Alemá (RFA), por outra banda, na zona oriental a Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas (URSS) fundou a República Democrática de Alemaña (RDA).  A mesma división reproducíase na capital do país: Berlín. Nesta cidade os soviéticos decidiron construír un muro que simbolizaba a división infranqueable entre dous mundos enfrontados. Tratábase dun paredón de case catro metros de altura que atravesaba máis de corenta e cinco km da cidade e protexido por perigosas medias de seguridade. Estivo en funcionamento 31 anos dende a súa inauguración o 31 de agosto de 1961. Durante este tempo foron moitas as persoas que intentaron cruzar o muro: máis de 100.000 intentaron fuxir, foron detidas máis de 3.000 e morreron unhas 125 segundo a...

NOVA ORDE MUNDIAL

Entre o 4 e o 7 de xuño de 1942 , a Armada nipona derrota á frota estadounidense no atol de Midway, esnaquizándolle tódolos seus portaavións e invadindo California, polo que agora Xapón controla os estudos de Hollywood e emite películas, nas que actores e actrices moi coñecidos polo público. Como por exemplo Humphrey Bogart e Ingrid Bergman, aplauden entusiasmados á civilización que traen de Extremo Oriente, namentres que os ingleses, franceses e rusos son presentados como gángsteres, coa cara de Edward G. Robinson. Agora as películas de acción non son do Oeste senón de samurais. Con esta propaganda, o resto dos norteamericanos convéncese de que o seu presidentes Roosevelt está equivocado ao apoiar aos Aliados é que, pola contra, deben solidarizarse co Eixo. Central Park, o parque de Coney Island e Liberty Island convértense en campos de concentración para os xudeus da Prensa, da Banca e do Cine de Estados Unidos de América. O idioma xaponés está considerado como primeira lingua nas ...